Blog Deporte Escolar

Por beatrizgonzalez
20/11/24

Gifs Animados de Badminton1° Xornada de Bádminton Benxamín.

1° Xornada de Bádminton Benxamín. Onte martes 19 de novembro tivo lugar a 1° xornada de bádminton para o alumnado de 3° 4º e repetidores de 6° no pavillón do CEIP Randufe. Unha fantástica xornada organizada por Agrudebam en colaboración co Servizo de Deportes de Pontevedra e coa colaboración do Concello de Tui, onde o noso alumnado practicou este gran deporte de raqueta, compartindo grandes momentos cos alumnos e alumnas de CEIP de Pazos, CEIP Randufe, IES San Paio e Club Bádminton Tui.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
19/11/24

 DEPORTE ESCOLAR.

Gifs de Badminton

Competición de Bádminton Categoría Benxamín ( 3º e 4º)

Curso 24-25

 O vindeiro martes,  día 19 de  novembro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Benxamín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º e 4º. O horarios partidos será de 16:30h a 18:45h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  15 de novembro. Para a xornada disporemos de autobús que sairá do colexio ás 16:00h e volverá as 19:15h . A próxima xornada, en caso de clasificarse será o mércores 27 de novembro.  

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
17/11/24

Obtén Niños Cocinando Animated Icon de por descarga gratuita en Gente  Animated Icons | IconScoutGalletas de Avea. 

Hoxe  venres 15 de novembro de 2024, a rapazada da clase de 5º de Educación Infantil, elaborou unhas ricas galletas de fariña de avea e plátnao. Despois na hora da merenda deron boa conta delas, cunha degustación moi sabrosa.

Aquí vos deixamos os ingredientes para que vos animedes a facelas na casa, para o desaiuno, merenda ou momento especial.

Tamén vos deixamos mostra destes grandes cociñeiros mostrando especial interese pola alimentación saudable.

 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
15/11/24

Obtén Planta Madura Animation de por descarga gratuita en Agricultura  Animations | IconScoutPlantamos na horta.Planta - GIF animado grátis - PicMix

O alumnado de 6º estivemos hoxe venres 15 de novembro de 2024, transplantando na horta as plantas que tiñamos nos sementeiros, no interior da escola. Plantamos azafrán, garavanzos, leitugas, fabas, xudías, acelgas... Agora imos esperar a que medren para poder levalos a cociñar ao restaurante da escola.

 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
14/11/24

Premium Vector | Vector map of Africa with flags2º Viaxa a África.

Cociñamos Cuscús.

 

As nenas e nenos de segundo seguen percorrendo África e esta vez grazas a Naoual, a nai de Rim viaxamos a través da comida. Xuntos preparamos un rico Cuscús cheo de vexetais saudables como a cabaza, calabacín, ou nabo.. e especias como a cúrcuma, o xenxibre. Unha mañá a de hoxe mércores 13 de novembro, deliciosa chea de aromas, sabores e texturas novas. Grazas Naoual!

Aquí vos deixamos a receita elaborada polo alumnado de 2º, animádevos a realizala nas vosas casas e degustar esta comida exquisita.

 

Tamén vos deixamos algunhas imaxes destes excelentes cociñeiros coas mans na masa.

 

E como non podía ser de outra maneira tamén temos un vídeo para que vexades os pasos. Premede na imaxe.


Etiquetas: