Blog Deporte Escolar

Por beatrizgonzalez
11/11/24
Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
04/11/24

Juegos de niños. La billarda. La... - Bornichos Por El Mundo | FacebookXornada de Xogos Populares

Educación Primaria.Juegos Infantiles de Honduras: ¡Vamos A Jugar!

Luns 4 de outubro 2024.

O alumnado de primaria vivíu hoxe, unha estupenda xornada de xogos de antes, ensinados polos profes-alumnos de sexto, que con ilusión e agarimo fixeron posible que os mais cativos gozaran dunha xornada de xogos de antes para nenos e nenas de agora: O risco, a carreira de sacos, a billarda, a goma, foron moitos dos xogos que poideron practicar.

 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
30/10/24

Gifs divertidos Halloween. - Gifs AnimadosCuchipandas Terroríficas de Samaín.

O pasado mércores día 30 de outubro de 2024, celebramos na escola a festa do Samaín, onde non faltou pócema máxica e excelentes alimentos terroríficos, que degustamos nunha cuchipanda terrorífica especial. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
29/10/24

Atención, atención últimos días para solicitar plaza en los módulos de  grado superior tanto de WEB como de MULTIPLAFORMA en oferta parcial - IES  Trassierra | Web Oficial - CórdobaCampo a Través Escolar Zonal 24-25.

Campo a Través escolar. CPI Suárez Marquier do Rosal.

O pasado martes 29 de outubro e mércores 30 de outubro de 2024, tivo lugar a proba de Campo a Través no Rosal, para o alumnado de 2° a 6°. Compartimos proba con moitos colexios de Tui, Tomiño, O Rosal e Gondomar. Unha estupenda xornada deportiva na que o Sevizo de Deportes de Pontevedra, O Concello do Rosal e Agrudebam colaboraron para facer que o pasáramos xenial.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
28/10/24

 

Horario de Campo a Través Escolar Zonal 24-25.

CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal

Martes 29 de Outubro de 2024.

A proba de Campo a Través, en horario escolar de mañá, terá lugar o vindeiro martes día 29 de outubro de 2024. Levarase a cabo no patio do CPI Manuel Suárez Maquier do do Rosal. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º, 3º,4º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Tamén teñen que levar roupa, calcetíns e tenis de reposto. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

O alumnado de 2ºsairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h o equipo feminino e ás 10:45h o equipo masculino.

O alumnado de 3º sairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:30 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:00h o equipo feminino e ás 11:15h o equipo masculino.

O alumnado de 4º sairá do colexio ás 10:20h e volta ao mesmo arredor das 12:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:30h o equipo feminino e ás 11:50h o equipo masculino.

O alumnado de 5º sairá do colexio ás 10:20h e volta ao mesmo arredor das 13:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 12:10h o equipo feminino e ás 12:30h o equipo masculino.

Mércores 30 de Outubro de 2024.


O alumnado de 6ºsairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h o equipo feminino e ás 10:45h o equipo masculino.

Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

Etiquetas: