A Milla
Maio 2024
ODS 14,15 e 17
Biodiversidade
O Carballo en Galicia.
Durante o mes de Maio de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario. Neste caso recibiron as últimas medallas do noso proxecto correspondentes ao ODS 14,15 e 17. Unha vez completadas todas as medallas, tocou sortealas e cada quen levou a súa de agasallo como recordo por esta gran viaxe polos ODS Diver-xentes.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.
Este mes tocou coñecer a influencia do Carballo no Baixo Miño. Unha madeira con moito respeto e agarimo nesta zona.
Despedimos un proxecto fantástico que deixa unha pegada importante no noso alumnado. A por esa axenda 2030 cumplindo os Obxetivos de desenvolvemento sostible.