Club "Amigas e amigos de Daniel"
AUGAS FALADAS E ESCRITAS
MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS
SEI QUE A AUGA LEVA FORMANDO PARTE DA VIDA DO NOSO CRA DENDE HAI XA MOITOS MESES.
OS TRABALLOS EXPOSTOS NO LIBRO DA AUGA, OS DISFRACES DE ENTROIDO, OS LIBROS SOLICITADOS EN PRÉSTAMO NA NOSA BIBLIOTECA, A VISITA DE JOSÉ MARÍA AS NOSAS ESCOLAS...TODO VAI FLUÍNDO POLO REGUEIRO DESTA AUGA QUE NOS ENCHOUPA NESTE CURSO...
E ESTE REGUEIRO, MANSO E CONSTANTE, ARRÁSTRANOS NOVAMENTE DURANTE ESTA SEMANA Á NOSA BIBLIOTECA DE ASADOS PARA DESCUBRIR NOVAS AUGAS ESCRITAS E FALADAS.
ALÍ NOS VEMOS...
O VOSO AMIGO,
DANIEL
Consulta as novas da escola de Rañó
O DÍA MUNDIAL DA POESÍA
GOZANDO COA MÚSICA E COS CONTOS
a nova de Cruceiro
REINA BATATA
e a nova de Capela
AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA
LIBRO DA AUGA
Este é o Libro da auga
e, como ela,
adquire distintas formas e apariencias...
- APIs de Blogue
O CADERNO DE DANIEL CHEGA AOS NOSOS FOGARES
O CADERNO DE DANIEL CHEGA AOS NOSOS FOGARES
Dende esta fin de semana o CADERNO DE DANIEL ponse en funcionamento no voso FOGAR. A vosa participación é indispensable para que levemos a cabo unha aprendizaxe conxunta: nen@s, familias e mestras.
- Debuxos
- Poesías
- Refráns
- Artigos do xornal
- Composicións plásticas
- E todo aquilo que se vos ocorra!
- Lendo con eles/elas
- Motivándoos
- Dándolle ideas nas súas propias creacións
- Axudándolles a investigar sobre algún tema en cuestión, a través da reprodución de vivencias dos avós/avoas, do emprego de libros, Internet, xornais..
Moitas grazas pola vosa colaboración e que GOCEDES XUNT@S LENDO.
(*) PRIMARIA: Levades unha folliña que deberedes entregar o último día de cada mes.
A aula de música e a biblioteca
Aínda que xa pasou tempo desta saída, os nen@s de Rañó e as mestras non a esquecen. Que ben o pasamos co mestre Rubén, cantando, tocando diversos instrumentos, danzando... E coa mestra María gozando coa lectura do conto de Pétala e descubrindo un recuncho tan marabilloso como é a biblioteca.
GRAZAS POR FACERNOS DISFRUTAR TANTO! Esperamos con impaciencia a próxima saída.
- APIs de Blogue
O POLIÑO FEO
SEMANA DE MÚSICA E BIBLIOTECA
OS DÍAS 15, 16 E 17 DE NOVEMBRO TODALAS ESCOLAS DO CENTRO PARTICIPARON NAS SESIÓNS DE MÚSICA E BIBLIOTECA ORGANIZADAS NA SEDE DO CRA EN ATALAIA, ASADOS.
SE QUEREDES VISIONAR AS DISTINTAS NOVAS ELABORADAS POLAS ESCOLAS SOBRE ESTAS ACTIVIDADES PREMEDE NOS SEGUINTES ENLACES:
Música e Biblioteca. Escola de Capela
Aula de música. Escola de Cruceiro
Onde estás? Escola de Cruceiro
Biblioteca e Aula de música. Escola de Pazo
Sesión de biblioteca e música. Escola de Outeiro
Aula de música e biblioteca. Escola de Rañó
- APIs de Blogue
ONDE ESTÁS?
SE TE DESCOBRES ENCHOUPADO DE PALABRAS...
SE ATOPAS NOVOS OU VELLOS AMIGOS...
SE APARECE UN MALVADO DRAGÓN QUE ROUBA A CHUVIA...
( OU ERA UNHA MALVADÍSIMA DRAGONA?...)
SE DESPOIS DE TODO, CONSEGUES COS TEUS COMPAÑEIROS QUE SAIA O ARCO DA VELLA...
NON HAI DÚBIDA. ESTÁS NA BIBLIOTECA!!!
BIBLIOTECA E AULA DE MÚSICA
SAIDA A BIBLIOTECA E AULA DE MÚSICA
UNHA VEZ MÁIS O NOSO AMIGO DANIEL CONVIDOUNOS
A PASAR UNHA XORNADA NA BIBLIOTECA,
DONDE A PROFE MARÍA SE ENCARGOU
DE FACER VOAR A NOSA IMAXINACIÓN.
TAMÉN ESTIVEMOS NA AULA DE MÚSICA
PRACTICANDO CON ALGÚNS INSTRUMENTOS
E CANTANDO
AS CANCIÓNS DO MAGOSTO
COS AMIGOS DE ABUÍN E RAÑÓ.
MARES DE LIBROS
MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS, AQUÍ ESTOU DE NOVO.
SON DANIEL.
DESPOIS DUNS MESES SEN SABER DE NÓS, NESTE MES DE NOVEMBRO DO NOVO CURSO, A BIBLIOTECA DE ASADOS AGÁRDANOS ATEIGADA DE AUGA.
PERO NON TEMADES...
A AUGA DA NOSA BIBLIOTECA ESTÁ EMBALSADA NOS LIBROS E, SÓ Ó ABRILOS DESCUBRIREMOS A SÚA PRESENZA.
AGÁRDANNOS LIBROS DE NUBE, LIBROS DE NEVE, LIBROS DE MARES, MARES DE LIBROS...
VINDE MERGULLARVOS NA BIBLIOTECA! EMPAPÁDEVOS DOS SEUS LIBROS! VINDE NAVEGAR COMIGO NESTE NOSO CLUB DE LECTORES E LECTORAS...
E QUE TEÑAMOS BOA TRAVESÍA!!!
AMIGOS DE DANIEL
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »