Club "Amigas e amigos de Daniel"

LETRAS GALEGAS 2009

As primeiras mostras literarias en galego datan do século XII

Entre este século e o s. XIV o galego convértese na lingua por excelencia de toda a lírica da península ibérica. Deste período datan as cantigas de amigo, de amor e de escarnio.

Neste ano de 2009, xa no século XXI, seguimos facendo posible (na escola, na casa, na rúa,...) que o galego sexa a nosa lingua.

E para seguir celebrando as Letras Galegas 09, nada mellor que facerse acompañar da lectura dalgún libro.

Deixovos aquí recomendados algúns para os máis pequechos da casa...

     

e outros para os maiores...

     

O voso amigo

Daniel.

 

HANSEL E GRETHEL

´

" ... De súpeto abriuse a porta e saiu coxeando unha vella revella que se apoiaba nunha muleta. Hansel e Grethel asustáronse tanto que deixaron caer o que tiñan nas mans.

Pero a  vella só meneou a cabeza e lles dixo:

-  Ai, queridos nenos , quen vos trouxo ata aquí ?. Entrade e quedade comigo; non vos farei ningún dano .

Tomounos da man e levounos dentro. Preparoulles unha cea deliciosa, con tortas e azucre, leite, mazás e noces... "

Parecía unha velliña cariñosa, pero vos sabedes que en realidade era unha vella bruxa malvada, non si?

Acompañade unha vez máis a Hansel e á súa irmá Grethel, non os deixedes sós no bosque. Vixiade cos ollos moi atentos para que a bruxa non sexa quen de comelos. Axudádeos a atopar de novo a casa do seu pai e disfrutade con eles o fin da súa pobreza. 

Acompañádeos. Como fixeron antes os nosos pais. E aínda antes, os nosos avós. E moito antes, os novos bisavós, os nosos tataravós, os tatatataravós,... E así dende que os irmáns GRIMM, Jacob e Wilhelm, se esforzaron por conservar a tradición dos contos populares alemáns.

E moito antes diso, xa dende os tempos en que a bruxa levantou a súa casa de pastel e azucre para enganar ós nenos perdidos.

Xa dende aqueles tempos lonxanos, nenos e nenas, nais e pais, avós e avoas acompañamos ós dous pequenos irmáns.

Daniel.

PARA MARISA E MARTA

OS NENOS DE PAZO QUEREMOSLLES DICIR A MARISA E A MARTA QUE NOS GUSTOU MOITO A SESIÓN DE BIBLIOTECA E A DE MÚSICA.

 GRAZAS POR FACELO TAN DIVERTIDO.

NOVAS AVENTURAS

 

AMIGAS E AMIGOS:

ANTES DE QUE CHEGUE O FINAL DO CURSO QUIXERA QUE VIÑÉSEDES NOVAMENTE Á BIBLIOTECA QUE COMPARTIMOS TODOS EN ASADOS.

QUIZAIS POIDADES VIR NA VINDEIRA SEMANA E APROVEITADES PARA BOTAR UNHAS PEZAS COA PROFESORA DE MÚSICA!

PODERÍADES TRAER DESTA VEZ, ADEMAIS DOS CARNÉS DO NOSO CLUB, OS CADERNOS DE TRABALLO DA BIBLIOTECA? SEGURO QUE DISFRUTAREMOS MIRANDO E ESCOITANDO O QUE TAL FIXESTES!!

TRAEDE TAMÉN ALGO DE MERENDA PARA REPOÑER FORZAS. LEMBRADE QUE NOS LIBROS NOS ESPERAN NOVAS AVENTURAS!!!

DANIEL

LUNS 4 DE MAIO 09: FOTOS DA VISITA DOS NENOS E NENAS DE VACARIZA, RAÑÓ E QUINTÁNS 

MARTES 5 DE MAIO 09: VIÑERON OS NENOS E NENAS DE CRUCEIRO E CUVIDE, NO ENLACE TEDES ALGUNHAS FOTOS

MÉRCORES 6 DE MAIO: ESTIVERON AQUÍ OS NENOS E NENAS DE CAPELA E DE OUTEIRO

XOVES 7 DE MAIO: HOXE QUE É XA O ÚLTIMO DÍA ESTÁN AQUÍ OS NENOS E NENAS DE ABUIN E PAZO


 

Banda deseñada na Biblioteca Municipal

O sábado 25 de Abril ás 11:00 da mañán terá lugar un Obradoiro de iniciación á Banda Deseñada.

Mais información na Web do Concello de Rianxo

ENCONTRO CON CONCHA BLANCO, BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO

Sábado día 4 de Abril

Na Biblioteca Municipal de Rianxo, no Pazo de Martelo

Ás 12 da mañán

 

Dentro das actividades programadas para a Campaña Abril mes dos libros, a Biblioteca Municipal de Rianxo organiza este encontro coa escritora Concha Blanco.  O enconto vai dirixido sobre todo ao público infantil mais é aberto a que desexe participar nesta actividade de animación á lectura.

Concha Blanco é profesora no Instituto Agra de Raices de Cee e é escritora de literatura infantil e xuvenil. É autora de entre outros títulos:

  •  Contos para a escola, 1981
  • Cousiñas para a escola, 1984
  • A vaca titiriteira, 1991
  • A bruxiña da sorte, 2.005
  • Poemas para pintar, 2.006

ABRIL, MES DOS LIBROS

 

Mes de abril.

Cando comeza: " Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil " ( 2 de abril ), cando está xa para rematar: " Día Internacional do Libro " (23 de abril ).

Polo medio: días de conversas, días de contos, días de historias, días de cantigas, días de música, días de poesía, días de natureza, días de vida ...días de libros.

Abril, outro mes de libros.

       

 

             

( Pousa o cursor enriba das imaxes se queres saber o título e a editorial)

Queredes compartir neste mes comigo a lectura destes libros?

Queredes recomendarme a lectura doutros libros?

Non deixedes de escribir.

O voso amigo:

Daniel

UN ENTROIDO DE MEDO: A SANTA COMPAÑA

QUE É A SANTA COMPAÑA? (preguntounos Andrea-Cruceiro)

SABEMOS QUE A SANTA COMPAÑA É UNHA LENDA POPULAR GALEGA.

PARA ENTENDER O QUE É, OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL, CONTÁREMOSVOS UNHA HISTORIA:

FAI MOITOS ANOS, NOS TEMPOS DOS AVÓS DOS NOSOS AVÓS, NON HABÍA CARRETERAS NIN CAMIÑOS

 ASFALTADOS NIN TAMPOUCO HABÍA FAROLAS QUE ALUMEARAN ESES CAMIÑOS COMA AGORA.

CANDO SE FACÍA DE NOITE, TODO QUEDABA ÁS ESCURAS (como cando faltou a luz no último temporal)

A XENTE QUE VIVÍA DAQUELA TIÑA QUE IR DUN LADO PARA OUTRO DE NOITE

(a levar un recado, ó muiño a moer, de volta para a casa logo de traballar todo o día,....)

PARA VER POR ONDE ÍAN LEVABAN FACHOS (manoxos de palla que ían encendendo). 

 O IR ANDANDO O FACHO MOVÍASE CANDA A PERSOA QUE O LEVABA.

OS QUE ESTABAN NAS ALDEAS VÍAN MOVERSE LUCES SOAS E COLLÍAN MOITO, MOITO MEDO.

TANTO QUE DERON EN CHAMARLLE A SANTA COMPAÑA.

DIN QUE ONDE SE VÍA MOITO A SANTA COMPAÑA ERA ENTRE O MONTE DA LEOIRA E O DA PENA

(debían ser as persoas que ían de Asados a Leiro, ou de Leiro a Asados polo monte, pois chegaban antes)

QUE TEN DE CERTO OU INVENCIÓN?

CADA QUEN QUE A CREA OU NON

HAI OUTRAS LENDAS OU INTERPRETACIÓNS, PERO A NÓS GÚSTANOS ESTA

 

 

ESTA É A NOSA CANCIÓN (A ORIXINAL É DE MAMÁ CABRA)

 

AQUÍ ESTAMOS OS DE PAZO

CO FOUCIÑO E A GADAÑA

DISPOSTOS A METER MEDO,

SOMOS A SANTA COMPAÑA

 

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletes,

sapos, mostros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.

(MAMÁ CABRA)

     PARA DAR MOITO MEDO FIXEMOS UNHAS CARAUTAS TERRIBLES. E TAMÉN TEMOS UN FOUCIÑO E UNHA GADAÑA QUE LEVAREMOS A QUINTÁNS.

   

 

GuiñoLOGO SABEREDES COMO NOS QUEDARON Riendo

 

 

UN ENTROIDO DE MEDO: FAUNOS

CANTIGA PARA CORRER O ENTROIDO DISFRAZADOS DE FAUNOS:

TIRULÍ. TIRULÁ,

TOCA, TOCA NO SEU OSO.

TIRULÍ, TIRULÁ.

AI, QUE MEDO DA!

SE VEDES UN FAUNO

CON PATAS DE CABRA

IDE PARA CASA.

QUE NINGUÉN LLE ABRA!

TIRULÍ. TIRULÁ,

TOCA, TOCA NO SEU OSO.

TIRULÍ, TIRULÁ.

AI, QUE MEDO DA!

SE VEDES UN FAUNO

CON FLAUTAS DE OSOS

IDE PARA CASA,

NON VOS DEIXE COXOS!

TIRULÍ. TIRULÁ,

TOCA, TOCA NO SEU OSO.

TIRULÍ, TIRULÁ.

AI, QUE MEDO DA!

SE VEDES UN FAUNO

FEITO DE PAPEL

NON LLE TEÑADES MEDO,

É O DE DANIEL!

TIRULÍ, TIRULÁ,

TIRULIRO, TIRULIRO,

TIRULÍ, TIRULÁ,

TIRULIROLIROLÁ.

( ESCOLA DO CRUCEIRO. ENTROIDO 2009)

Boletín Biblioteca Nadal 08-09

 

Postal de Nadal

 

 

A seguir insértase un enlace para acceder ou descargar ao Boletín de Biblioteca editado no Nadal do 2.008-09

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ

 

Distribuir contido