Club "Amigas e amigos de Daniel"
Aula de música e visita á Biblioteca
(Luns 19de xaneiro de 2.009)
Hoxe tal e como estaba previsto, nenos e nenas do C.R.A., asistiron na sede do C.R.A. en Atalaia - Asados as actividades da Aula de Música e da Biblioteca "Os amigos e amigas de Daniel".
Ao longo de toda a semana e como estaba previsto continuarán as visitas dos alumnos e alumnas do C.R.A. de Rianxo.
Momento da aula de música (190109)
Momento de lectura na Biblioteca (190109)
CONVIDACIÓN DE ANO NOVO
VISITA Á BIBLIOTECA
NO MES DE NOVEMBRO TÓDALAS AULAS DO C.R.A. DE RIANXO FOMOS ESTREAR A NOVA BIBLIOTECA DO CENTRO.
UNS DÍAS ANTES RECIBÍRAMOS A TRAVÉS DO NOSO PORTAL A CONVIDACIÓN DE DANIEL, O NOSO ANFITRIÓN, PARA QUE O ACOMPAÑARAMOS NESTE NOVO ESPAZO QUE É DEL E MÁIS DE TODOS NÓS, DE TÓDOLOS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL.
EN ASADOS ESPERÁBANOS TAMÉN TOBÍAS. E ALÍ TODOS XUNTOS SOUBEMOS DA VIDA DE DANIEL, DESCUBRIMOS COMO ESTÁ ORGANIZADA A BIBLIOTECA DA SEDE, ESCOITAMOS A HISTORIA DE " CORRE, CORRE, CABACIÑA " E CANTÁMOLA TAMÉN, MIRAMOS UNHA CHEA DE LIBROS, RECIBIMOS DE AGASALLO UN MARCAPÁXINAS E FÚMONOS QUERENDO FACERNOS SOCIOS DO " CLUB DE AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL ", CO NOSO CARNET DE LECTORES E O NOSO CADERNO DE TRABALLO.
ESPERAMOS RECIBIR PRONTO UNHA NOVA CONVIDACIÓN DE DANIEL PARA VISITAR A BIBLIOTECA DE ASADOS. MENTRAS TANTO NON DEIXEDES DE ACOMPAÑALO E ACOMPAÑARNOS NESTE NOSO PORTAL.
UNHA APERTA.
Equipo de Biblioteca.
- APIs de Blogue
CONTACONTOS
OLA AMIGOS E AMIGAS:
VIÑERONNOS AVISAR DO CONCELLO QUE ESTE SÁBADO DÍA 13 DE DECEMBRO HABERÁ DÚAS SESIÓNS DE CONTACONTOS, ÁS DEZ E MEDIA E AS DOCE E MEDIA DA MAÑÁN, A CARGO DE CARME DOMECH ( POR CERTO, A CREADORA DA EXPOSICIÓN " BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS ").
OS QUE XA TIVEMOS O PRACER DE VER E ESCOITAR A CARMEN SABEMOS QUE MAÑÁ OFRECERANOS UNHA NOVA OPORTUNIDADE PARA DISFUTAR DOS CONTOS.
NON DEIXEDES DE IR!!
DANIEL.
- APIs de Blogue
" BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS"
ACABO DE RECIBIR A NOVA DE QUE NO RECÉN ESTREADO AUDITORIO DE RIANXO VAISE REALIZAR A EXPOSICIÓN
" BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS "
PROMOVIDA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CREACIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE.
A EXPOSICIÓN PODERÉMOLA VISITAR DENDE O 1 Ó 29 DE DECEMBRO, DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 10 A 14 H E DE 17 A 20 HORAS.
ISTO SÍ QUE É FANTÁSTICO!!
UNHA APERTA, DANIEL.
- APIs de Blogue
BABAR, O ELEFANTIÑO
O XOVES DÍA 4 DE DECEMBRO OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DE TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. IREDES AO AUDITORIO DE SANTIAGO A VER E ESCOITAR "BABAR".
CANTO ME ALEGRA!
ESPERO VER NESTAS PÁXINAS UN BÓ FEIXE DE NOTICIAS E DEBUXOS SOBRE ESTE ELEGANTE ELEFANTIÑO!
E SE QUEREDES SEGUIR GOZANDO DE BABAR TODO O ANO PEDÍDELLE AS VOSAS PROFES QUE VOS LEVEN EN PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA DE ASADOS O FERMOSO CONTO
" HISTORIA DE BABAR EL ELEFANTITO "
DO AUTOR FRANCÉS JEAN DE BRUNHOFF, PUBLICADO POLA EDITORIAL ALFAGUARA. PARA OS VOSOS COMPAÑEIROS MÁIS PEQUERRECHOS PODÉDESLLES PEDIR TAMÉN ALGÚN DOS TÍTULOS DA COLECCIÓN BABAR PUBLICADOS EN GALEGO POLA EDITORIAL BEASCOA.
ESPERO RECIBIR PRONTO NOVAS VOSAS.
UNHA APERTA.
DANIEL.
( CASE ME ESQUEZO! TENDES XA NAS ESCOLAS OS CARNÉS DO NOSO CLUB DE LECTORES? E OS CADERNOS DE TRABALLO ? CONTÁDEME, CONTÁDEME!)
DANIEL
LIBROS E MAIS LIBROS PARA O VRAN
Chegan as vacacións; moreas de historias que viven nos libros forman xa parte de nós : nin bruxas, nin ogros, nin lobos nin raposas nos arredan, ata seriamos quen de transformar feroces bandidos en seres bondadosos.
Somos pequenos e pequenas sí, pero a grandeza non está no tamaño e mesmo saberiamos atopar e axudar a unha estrela caída, a unha bolboreta a piques de afogar, a pequenos peixes mortos de medo por mor do gran peixe...
PARA ACCEDER AO BOLETÍN DA BIBLIOTECA CLICA AQUÍ
- APIs de Blogue
O LUME NOVO
Hoxe é o lume novo,
noite de San Xoán.
¡ As ledas fogueiras
acesas están...!
¡ Que gusto, rapaces,
salta-las fogueiras,
dar brincos, rebrincos
e pinchacarneiras !
¡ Que gusto, rapaces,
correr e saltar,
dar brincos e pulos
volver a brincar !
¡ Que gusto, que ben
salta-las fogueiras
coas chamas subindo,
medrando lixeiras !
Á mañá, o borrallo
terase apagado...
¡ E sobre el despacio
pasará o gando...!
¡ Pasará o gando
tripando o borrallo
pra que non o pille
o mal do meigallo !
" Os soños na gaiola ". Manuel María. Ed. Xerais.
ESTUDANTES DE ZOOLOXÍA
Unha boa biblioteca a disposición dos estudantes sempre facilita o traballo.
Por eso, na escola do Cruceiro, nestes días nos que estamos a estudar os animais, procuramos que a nosa biblioteca nos proporcione os libros adecuados para complementar o noso traballo:
o que aprendemos observando, analizando e escoitando, comprobámolo e ampliámolo despois nalgún dos nosos libros.
Mirade, como exemplo, o que fixemos coa egagrópila que trouxo Lía da casa da madriña:
escoitamos o que Lía nos contou, abrimos a egagrópila e clasificamos o seu contido e consultamos a información que viña nos libros.
Que non sabedes o que é unha egagrópila ?
Pois, observade as fotos e lede a información...
( " Las lechuzas tragan enteras pequeñas aves y otros animales, vomitando después el pelo, plumas y huesos en una especie de pelotita llamada egagrópila" La senda de la naturaleza. Pájaros. SM Ediciones.)
Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- seguinte ›
- última »