UN ENTROIDO DE MEDO: A SANTA COMPAÑA

QUE É A SANTA COMPAÑA? (preguntounos Andrea-Cruceiro)

SABEMOS QUE A SANTA COMPAÑA É UNHA LENDA POPULAR GALEGA.

PARA ENTENDER O QUE É, OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL, CONTÁREMOSVOS UNHA HISTORIA:

FAI MOITOS ANOS, NOS TEMPOS DOS AVÓS DOS NOSOS AVÓS, NON HABÍA CARRETERAS NIN CAMIÑOS

 ASFALTADOS NIN TAMPOUCO HABÍA FAROLAS QUE ALUMEARAN ESES CAMIÑOS COMA AGORA.

CANDO SE FACÍA DE NOITE, TODO QUEDABA ÁS ESCURAS (como cando faltou a luz no último temporal)

A XENTE QUE VIVÍA DAQUELA TIÑA QUE IR DUN LADO PARA OUTRO DE NOITE

(a levar un recado, ó muiño a moer, de volta para a casa logo de traballar todo o día,....)

PARA VER POR ONDE ÍAN LEVABAN FACHOS (manoxos de palla que ían encendendo). 

 O IR ANDANDO O FACHO MOVÍASE CANDA A PERSOA QUE O LEVABA.

OS QUE ESTABAN NAS ALDEAS VÍAN MOVERSE LUCES SOAS E COLLÍAN MOITO, MOITO MEDO.

TANTO QUE DERON EN CHAMARLLE A SANTA COMPAÑA.

DIN QUE ONDE SE VÍA MOITO A SANTA COMPAÑA ERA ENTRE O MONTE DA LEOIRA E O DA PENA

(debían ser as persoas que ían de Asados a Leiro, ou de Leiro a Asados polo monte, pois chegaban antes)

QUE TEN DE CERTO OU INVENCIÓN?

CADA QUEN QUE A CREA OU NON

HAI OUTRAS LENDAS OU INTERPRETACIÓNS, PERO A NÓS GÚSTANOS ESTA

 

 

ESTA É A NOSA CANCIÓN (A ORIXINAL É DE MAMÁ CABRA)

 

AQUÍ ESTAMOS OS DE PAZO

CO FOUCIÑO E A GADAÑA

DISPOSTOS A METER MEDO,

SOMOS A SANTA COMPAÑA

 

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletes,

sapos, mostros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.

(MAMÁ CABRA)

     PARA DAR MOITO MEDO FIXEMOS UNHAS CARAUTAS TERRIBLES. E TAMÉN TEMOS UN FOUCIÑO E UNHA GADAÑA QUE LEVAREMOS A QUINTÁNS.

   

 

GuiñoLOGO SABEREDES COMO NOS QUEDARON Riendo

 

 

DENDE LOGO METEDES ARREPIO

DENDE LOGO METEDES ARREPIO EU NON QUIXERA CRUZARME CON VOS A MAMA DE ANDREA DA ESCOLA DE CRUCEIRO

QUE E A SANTA COMPAÑA?.

QUE E A SANTA COMPAÑA?. Andrea

COMO VOS DISFRAZADES DE SANTA COMPAÑA'? Irene.

Pasadeo moi ben na escola de Quintáns!!.Sol e todos nós