Club "Amigas e amigos de Daniel"

LER EN FAMILIA

A BIBLIOTECA "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" REALIZOU O XOVES 14 DE XUÑO NA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, A SESIÓN DE ANIMACIÓN E FORMACIÓN LECTORA
"LER EN FAMILIA"

NA SESIÓN, DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO, CONTOUSE COA ASISTENCIA DE NAIS DO CRA DE DODRO, PROMOTORAS DO CLUB DE LECTURA  "LeCRAS"


POLIDEPORTIVO

OS DÍAS 28, 29 E 30 DE MAIO REALIZARANSE AS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.
ESTA ACTIVIDADE COMPLEMENTARASE CUNHA VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E UN BREVE RECORRIDO GUIADO POR DISTINTOS ESPAZOS RIANXEIROS.

*

 ver a actividade en

DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE CAPELA

O AVERRÓ

O AVERRÓ

 

O AVERRÓ É UNHA AVE XIGANTE, CON ENORMES GARRAS, QUE VIVE NO ALTO DUNS PENEDOS MOI ESCARPADOS NO MEDIO DA NOSA RÍA, PERO SÓ OS MARIÑEIROS MÁIS EXPERTOS COÑECEN A UBICACIÓN EXACTA DESTAS ROCHAS.

 

DESPOIS DA GUERRA QUE HOUBO NO NOSO PAÍS HAI MOITOS ANOS, A COMIDA ESCASEABA E O PEIXE QUE PESCABAN OS MARIÑEIROS ERA PARA VENDER E PODER SOBREVIVIR. PARA NON PASAR FAME OS MARIÑEIROS ÍAN NAS SÚAS DORNAS ATA O MEDIO DA RÍA AO NIÑO DO AVERRÓ, PARA LLE ROUBAR OS OVOS. PORQUE ESES OVOS ERAN TAN GRANDES QUE BASTABA UN SÓ PARA FACER UNHA TORTILLA PARA TODA A FAMILIA

 
A TRAVESÍA ERA MOI PERIGOSA, E HABÍA QUE SAÍR MOI CEDO PARA CHEGAR ÁS ROCHAS ANTES DE ABRIR O DÍA. E AO CHEGAR AOS PENEDOS TIÑAN QUE TER MOITO COIDADO COAS ONDAS QUE ROMPÍAN NA BASE, E AO MESMO TEMPO TIÑAÑ QUE IR MOI A MODIÑO PARA SE ASEGURAR DE QUE O AVERRÓ NON ESTIVERA NO NIÑO
GABEABAN POLAS ROCHAS ATA CHEGAR AO NIÑO E COLLÍAN OS OVOS E FUXÍAN, PENDENTES DO CEO EN TODO MOMENTO, POR SE VÍAN APARECER AS GRANDES ÁS DO AVERRÓ , OU POR SE O SENTÍAN PIAR XA QUE OS SEUS AGUDOS CHÍOS ÓENSE DENDE MOI LONXE

 

PERO UNHA VEZ INICIABAN A VIAXE DE REGRESO, O PERIGO NON REMATABA PORQUE SI O AVERRÓ VOLTABA ANTES DE QUE ESTIVERAN LONXE DOS PENEDOS, EMPEZABA A PERSEGUILOS PARA RECUPERAR OS SEUS OVOS, ATACÁBAOS E AFUNDÍA AS EMBARCACIÓNS

FIN

ESTA NOVA ESTÁ ADICADA O AVÓ DA PROFE CELIA,
GRAN MARIÑEIRO E PESCADOR DE OVOS DE AVERRÓS E DE HISTORIAS PARA OS SEUS NETOS.
E ESTA HISTORIA ESTÁ ADICADA TAMÉN Á PROFE CELIA QUE QUIXO COMPARTIR CON NÓS
O CARIÑO QUE LLE TRANSMITIRON OS SEUS AVÓS CANDO ERA UNHA MENIÑA

AS LENDAS DO MAIO E A HISTORIA DO AVERRÓ CONTADAS POR CELIA

*

O XOGO DO AVERRÓ:

KAMISHIBAI

A NOSA COMPAÑEIRA PAULA CONVIDOUNOS O VENRES A SÚA AULA.

REPARTIUNOS UNHAS FERMOSAS CONVIDACIÓNS PARA ASISTIR Á NARRACIÓN DO CONTO "O LÁPIS MÁXICO" QUE ELA MESMA CREOU PARA O KAMISHIBAI NAS SESIÓNS DE ATENCIÓN EDUCATIVA QUE REALIZA TÓDOLOS MARTES COA PROFESORA MARÍA.

PAULA,  GRAZAS POR CONVIDARNOS E NORABOA POR SER A AUTORA DUNHA HISTORIA TAN BONITA!!


PRANTO MATRICIAL

VERSOS DE VALENTÍN PAZ ANDRADE, MÚSICA DE "2 NA FRONTEIRA"  E ILUSTRACIÓNS NOSAS,  DE URBANO LUGRÍS E DE DANIEL CASTELAO PARA UN PRANTO POR UN AMIGO

BIBLIOTECA E MÚSICA

UNHA MAÑÁ DE MÚSICA E CONTOS ENTRE TEMPESTADES MARIÑAS, BARCAROLAS, EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS E HISTORIAS DE PIRATAS...

PIRATAS !!!

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS...

ESTADES A VER A BANDEIRA QUE ONDEA NA MIÑA DORNA ?

PÓDOVOS ASEGURAR QUE NON FUN EU QUEN A IZOU. UN GRUPO DE AFOUTADOS PIRATAS FIXÉRONSE FORTES NA NOSA BIBLIOTECA !

NON PODEDES DEIXAR DE VIR NESTES DÍAS !!

SABERÁN ELES, COMO SABEMOS NÓS, DOS TESOUROS QUE GARDAMOS ALÍ DENTRO?
*
A sesión de biblioteca e música vista pola

ESCOLA DE ABUÍN

ESCOLA DE CRUCEIRO

ESCOLA DE PAZO : MÚSICA

ESCOLA DE PAZO: BIBLIOTECA

ESCOLA DE RAÑÓ

AS FRORES DO MEU AMIGO

" AS FRORES DO MEU AMIGO

BRIOSAS VAN NO NAVÍO..."

PAIO GÓMEZ CHARIÑO

(ADICADO A TÓDALAS MAMÁS)

DÍA DO LIBRO

UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O 23 DE ABRIL O
DÍA DO LIBRO.

AGASALLA Á TUA FAMILIA E ÓS TEUS AMIGOS COA LECTURA COMPARTIDA DO TEU LIBRO FAVORITO!!!

ver o Día do Libro na

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE PAZO. INFANTIL

ESCOLA DE PAZO. PRIMARIA

ESCOLA DE CAPELA

ESCOLA DE ABUÍN

ESCOLA DE CRUCEIRO

CONTACONTOS

O PASADO VENRES ANDREA E PATRICIA CONTÁRONNOS O CONTO
 "TENTO E MAILO MAR", DA EDITORIAL TAMBRE.

HOXE VIÑÉRONNOS RECITAR DOUS POEMAS DE "OS SOÑOS NA GAIOLA", DE MANUEL MARÍA.

É UNHA BOA FORMA DE CELEBRAR O DÍA DO LIBRO...!

GRAZAS AMIGAS!!

Distribuir contido