INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO

O martes 6 e o mércores 7 de xuño o alumnado de 5º e 6º disfrutamos dunha sesión de iniciación ao piragüismo en colaboración co clube As Torres Romería Vikinga de Catoira. Tivemos un tempo excelente e, ademáis de facer deporte, pasámolo xenial en contacto coa natureza.

 

 

 

 

Agradecemos aos monitores: Iago, Álex e Imanol; e a á directiva do clube o esforzo e a atención recibidos. Foi unha xornada  de aprendizaxe lúdica, quedamos con gañas de volver.

Non esquezades que o 1 de xullo comeza o curso de verán para todos aqueles que queiran continuar disfrutando do río, a natureza e o deporte.

CARTEIS CAMPAÑA 2016-17

Xa temos o noso cartel deste curso para a campaña contra o maltrato animal. A idea e o lema foi do alumnado de 4º  e 2º de ESO e o deseño e realización foi a cargo do deseñador gráfico José Luis Estévez, que xa participou con nós na campaña do curso pasado.

Esta vez veunos dar unha clase práctica sobre o programa Illustrator despois de que realizáramos unha sesión de fotos co fotógrafo de La Diapo. Á sesión  asistiron, cos seus animais de compañía, alumnos de 2º e 1º de ESO, algunha profe e unha voluntaria que participou coa súa cadela.

Aquí deixo unha proba gráfica do momento da actividade, máis abaixo publico o cartaz da campaña, coma sempre en galego e en inglés, e un enlace á galería onde podedes ver as fotos realizadas polo fotógrafo. Merece a pena, non o perdades!!.

El pequeño Totó esperando para entrar al estudio

 

  

 

Agadecementos a todos os participantes,aos pais e nais que esperaron pacientemente a que rematara a actividade e, en especial a Priscila, Chula, Chata, Púa, Totó, Nola, Yako, Toby, Gordi, Aslhan, Winky, Blue e Woody ... 

ENLACE GALERÍA FOTOS

NOVAS DE XORNAIS SOBRE A CAMPAÑA

NOVAS XORNAIS II

MÁIS NOVAS 

 

 

CAMPAÑA EUSEBIO LORENZO BALEIRON

Sumámonos á campaña iniciada polo Concello de Dodro para solicitar á Real Academia Galega a que o noso ilustre poeta Eusebio Lorenzo Baleirón sexa candidato ao premio Letras Galegas.

Apoiamos esta proposta tamén cun escrito que se dirixe tamén a outros centros da contorna e aos principais xornais da zona.

 

NO ENLACE PODEDES VER ALGUNHAS FOTOS DA PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO E DO ALUMNADO DO CENTRO.

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA FIN DE CURSO PRIMARIA

Onte, día 1 de xuño, o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria realizaron unha saída didáctica para visitar FERVENZAVENTURA, unha granxa escola na que participaron en diferentes obradoiros.

Os monitores /as estupendos e a atención maravillosa. Moi recomendable.

ENLACE ÁS FOTOS

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

COMUNICAMOS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE ESO QUE A PARTIRES DO 1 DE XUÑO NON HABERÁ CLASES O MÉRCORES POLA TARDE.

GRAZAS

V CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

 

 

 

Este curso celebrouse o V Concurso de fotografía matemática tendo como tema central o misterio

Os gañadores foron:

 

 

NORABOA !!!!

1º PREMIO: Esfera luminosa nun universo escuro. María Catoira 4º ESO

 

 

 

 

 2º PREMIO : Lesma desafiando a Newton. Xiana Collazo    


 

            3º PREMIO : O labirinto das esferas. Tatiana Rial 1º ES

AS GAÑADORAS:

 

 

 

 

VISITA Á CIDADE DA CULTURA

O alumnado de 2º,3º e 4º de ESO realizou unha saída didáctica para participar nas xornadas sobre ciclos formativos impartidas pola Consellería e unha visita guiada pola Cidade da Cultura.

Moi interesante e instrutivo!!!

DÍA DA POESÍA

 

O alumnado de primaria escribiu poemas de Gloria Fuertes para conmemorar o Día do Libro utilizando diversos soportes e materiais. Como resultado unas fermosas composicións plásticas con poemas desta grande muller.

Máis fotos no ENLACE

UN ANO MÁIS O NOSO VÍDEO

Coma en anos anteriores o alumnado de 4º de ESO elaborou un vídeo musical sobre a temática escollida para o Proxecto de Centro e relacionado cun tema solidario. Participaron diferentes departamentos: Música, Plástica e Lingua Castelá e tratouse o tema dos refuxiados. Esta actividdae foi coordinada de xeito que complementou a outras levadas a cabo durente o curso como o traballo realizado no club de debate, lecturas relacionadas no club de lectura e charlas de Ahmad Matar e da grupación Saín sobre a grave situación das persoas desprazadas e os campos de refuxiados. Tamén está relacionada co traballo do alumnado de 5º de primaria A Expresión do Medo.

Aquí vos deixo enlaces a algunha destas publicacións:

 Visita de Ahmad e Leticia

 Solidariedade cos refuxiados

A expresión do medo

Noraboa a todos por este gran traballo!!!

Esperamos que vos guste!!!

ENLACE AO VÍDEO

SAÍDA AO MERCADO

 

O martes día 23 o alumnado de 4º realizamos unha saída a  diferentes supermercados e a praza de  abastos de Padrón acompañados por tres pais, a mestra Jose e a titora, Marga.

Fixemos o traxecto  de ida no transporte público ARRIVA. Unha vez  en Padrón cada grupo acompañado por un adulto dirixiuse ó establecemento asignado onde tiñamos que mercar os ingredientes necesarios para elaborar o seguinte menú para 25 comensais ( as cantidades xa as calcularamos anteriormente ):

1º prato............ ensalada de pasta

2º prato............. peitugas con ensalada mixta

Sobremesa........ amorodos con nata

Rematada a compra xuntámonos todos no Xardín Botánico para merendar. A continuación dirixímonos á praza de abastos para observar e conversar sobre os produtos que alí se venden coas/cos vendedoras/vendedores.

Xa cansas e cansos, pero moi contentas e contentos coa experiencia vivida , coa atención e trato prestado nos diferentes establecementos, regresamos para o centro no transporte escolar.

 

Ó día seguinte outro grupo de pais acudiron o centro para axudarnos  a elaborar os menús. Por fin chegou a hora de degustalos, estaban boíiiiiiiiiiiisimos.

Moitas grazas a todos por facer posible esta experiencia didáctica.

Máis fotos no ENLACE

Powered by Drupal - Design by artinet