O dia de Rosalía foi toda unha festa. Traballamos os animais nos poemas de Rosalia. Aqui tendes un vídeo que resume os recitados do alumnado:
Nesta Ligazón podedes ver mais vídeos e fotos
O dia de Rosalía foi toda unha festa. Traballamos os animais nos poemas de Rosalia. Aqui tendes un vídeo que resume os recitados do alumnado:
Nesta Ligazón podedes ver mais vídeos e fotos
A xornada de onte en Compostela, co alumnado de 3° e 4° da ESO deu para moito: Historia, Arte, Literatura e Sociolingüística.
Aquí podedes ver a publicaciòn no Facebook con toda a información e as fotos.
Para conmemorar o Día de Rosalía, o Concello fixo unha actividade no centro ao pintar na entrada do patio de primaria uns fermosos versos da escritora que decoran o acceso deste xeito:
Nós, pola nosa banda, celebramos este día coa colocación de tellas de cores con versos de Rosalía. A estrutura e as tellas foi construida polo departamento de Tecnoloxía e coa axuda de alumnado de ESO mentres que a parte literaria foi elaborada polo departamento de Lingua Galega e traballada polos titores con cada grupo correspondente. Durante o acto, alumnas de 4º de ESO presentaron e deron información sobre a vida e obra da escritora mentres que representantes de profesorado ( neste caso foi Sabrina , a nosa auxiliar de conversa, a encargada de representar ao profesorado recitando versos de Cantares Galegos...fíxoo moi ben, por certo!) e de alumnado de cada grupo recitaban a escolla de versos elixido pola profe de galego de secundaria ao tempo que se ían colocando as coloridas tellas.
Tamén houbo versos cantados con acompañamento de pandeireta ( de 3º de ESO) e versos rapeados ( de 3º de primaria)
Este foi o resultado final:
O espazo será utilizado polo alumnado como espazo de lecer para lectura de libros ou banda deseñada.
Comezamos hoxe, sempre a carón da nosa porta violeta, a celebración do Día das Letras Galegas recibindo a visita dos nosos maiores que se trasladaron dende o Centro de Día do Concello de Dodro para compartir este día con nós. Comezou a xornada co grupo de 2º de Primaria contándonos cousas moi interesantes sobre a vida de obra de Antón Fraguas. A continuación, o alumnado de 1º de Primaria recitou citas do noso refraneiro.
A seguir, 3º de Primaria, leunos a Cantiga de Santo André e, seguidamente, pasaron a ilustrarnos os alumnos e alumnas de 6º de Primaria coa súa presentación sobre "Os hórreos" e de 4º de Primaria coa presentación "Os muíños", seguindo un pouco a vertente do traballo de Antón Fraguas sobre o patrimonio.
Tras interesante intervención do alumnado, demos paso ás anciás e anciáns para que nos contasen o que saben e o que viviron en relación cos hórreos e muíños. Houbo preguntas e respostas de grande interese..
Tamén houbo parte musical. Actuou un grupo de 3 alumnos de 4º que interpreton dúas pezas tradicionais e, a partir de aí os maiores coa axuda do alumnado de 5º e de todo o público cantaron cantigas de labor.
Rematado o acto, os maiores marcaharone nós continuamos, xa no patio de herba, coa representación por parte de 2º de primaria do "O casamento da pulga", unha obra preciosa que nos encantou a todos..
Por último, xa como remate, fixemos un obradoiro de baile tradicional no que participou todo o centro, profes e alumnos/as e que foi dirixido por un grupo de alumnado de ambas etapas que son bastante destros nesto da "Muiñeira"..foi unha chulada!
Os "profes de baile"
Momento do obradoiro
Un que quedou derreado
Pola tarde o alumnado de ESO realizou unha visita a un muíño que aínda se mantén en traballando en Teaio. Tivemos a colaboración de Isabel Sóñora e familia que nos explicaron marabillosamente todo o que hai que saber do funcionamento dos muíños hidráulicos.
Unha xornada para lembrar, na que tivemos en conta o noso patrimonio arquitectónico, as cantigas, o baile, os contos, ... entrañable a visita dos nosos maiores, e rematada con éxito coa fantástica explicación de Isabel e a posta en funcionamento do muiño de Teaio. Chapeau por tod@s.
Hoxe venres recibimos a visita do actor Luis Zahera que nos deleitou contándonos a súa experiencia profesional e respostando ás preguntas do alumnado de ESO. Ao remate e como colofón final sometémolo a unha proba do "Rosco Dodro" que nos prestou o alumnado de 2º de Primaria e co que lle fixemos preguntas sobre termos relacionados co cine. Pasou a proba e sacamos unhas fotos con el.
Tamén recibiron a visita de Luis os alumnos e alumnas de 4º de Primaria que están a facer un traballo xenial recabando información de actores e actrices galegos, entre eles, como non, Luis Zahera...
Na nosa revista anual publicaremos as opinións do alumnado ao respecto desta charla e contaremos algunha das anécdotas vividas hoxe nesta agradable sesión.
Foi unha experiencia marabillosa que imos recordar e que lle agradecemos de corazón ao noso actor gañador dese tan merecido Premio Goya.
Noraboa polo teu éxito Luis!!
O noso Galiñeiro participou este curso nunha nova edición do Teatro Intercentros de Compostela e comarca. Foi unha experiencia maravillosa que o alumnado de 3º de ESO puido compartir cos seus compañeiros de etapa ( a algunha que outra ex-profesora..). Fixérono xenial, ano a ano van millorando.
NORABOA GALIÑEIRO, SODES UNS ARTISTAS!!!!!
Un ano máis o alumnado de 3º e 4º de ESO participa no Club de Debate e un ano máis chegan á final !!
O noso alumnado acadou o segundo premio na fase de zona que se celebrou o venres 5 de abril en Negreira.
NORABOA RAPACES E RAPAZAS E NORABOA PROFES!!!! MOI BO TRABALLO!!!
Hoxe celebramos o Día Internacional da Lingua Materna e o Día de Rosalía co recitado de versos, colocación de camisetas de cor violeta e visionado de vídeo.
O panel sobre o que se colocaron as camisetas foi elaborado polo alumnado de 4º de ESO e pretende darlle continuidade á nosa porta violeta. Foron instaladas dúas ventás desta mesma cor tras as cales pódese ver a sombra de Rosalía e, no frontal, un tendal no que colgamos as nosas camisetas, tamén de cor violeta, con palabras fermosas na nosa lingua nai.
Alumnado de cada curso recitou versos diante do mural e colgáronse as camisetas, previamente elaboradas por cada titoría, no tendal que abre a lingua á ventá de Rosalía.
Despois o alumnado subiu á biblioteca para ver o marabilloso vídeo que elaboraron os cursos de 1º e 2º de primaria e que podedes ver no enlace, un chisco máis baixo.
O acto rematou cun "photocall" de todo o alumnado diante do tendal...
Os preparativos para a conmemoración do Día da Lingua Materna e do Día de Rosalía xa están en marcha. O alumnado de 4º de ESO, na materia de Tecnoloxía, decora a parede do patio de primaria dándolle continuidade ao panel coa porta violeta que se elaboruo para o Día contra a Violencia Contra as Mulleres..
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |