Rede de Centros Escolares Solidarios

CAMPAÑA 2015-16

Aquí tedes os carteis da campaña deste ano contra maltrato e abandono animal. A idea e o lema foi cousa do alumnado de 4º de ESO. As fotos foron tomadas por fotógrafos de La Diapo e a ilustración do cartel por J. L. Estévez, o gran "Huracán Estévez".

 

CAMPAÑA 2015-2016: MAKING OF

Aquí tedes unhas fotos do momento en que os fotógrafos de La Diapo tomaban as imaxes para o cartel da campaña contra o maltrato e abandono animal deste curso. O lema versará sobre a necesidade de concienciar sobre o abandono, a adopción e os programas de apadriñamento e acollida que existen.

Participaron os alumnos/as de 4º de ESO e, como novidade este ano, contamos coa colaboración do ilustrador Jose Luis Estévez, "Huracán Estévez", para darlle un toque diferente ao noso cartel.

A modelo estrela foi Cuca, unha preciosa cadeliña propiedade de Cristina Torres que moi amablemente a trouxo para participar na elaboración da campaña.

 

 

EXPOSICIÓN CONTRA O MALTRATO E ABANDONO ANIMAL

Este ano, coma dende hai tres cursos, continuamos a facer campañas contra o maltrato e abandono animal o que inclúe a exposición que se mostra nas imaxes e un cartel que está en elaboración e será exposto a vindeira semana...

 

 

 

LIBRO

Aquí tedes unha mostra do traballo feito por alumnos de 1º e de 3º de primaria sobre as necesidades dos animais de compañía...esperamos que vos gusten e as poñades en práctica....

Fotos do momento da elaboración

 

E unha mostra do produto rematado....

 

 O traballo consistiu na creación dun libro no que se representan diferentes momentos da vida dun can (aínda que podería ser calquera animal de compañía) e as necesidades que require así como a responsabilidade que conleva ter un animal ao noso cargo.

 

  

CHARLA DAS VOLUNTARIAS E VISITA AO REFUXIO DE BANDO

O pasado venres día 13 de maio recibimos a visita de tres voluntarias do Refuxio de Bando acompañadas por Puchi, un dos cans adoptados procedente deste refuxio. 

As voluntarias impartiron unha interesante charla sobre o coidado animal e a necesidade de adopción e esterilización para paliar os casos de abandono animal.

     

Ao día seguinte, o sábado pola mañán, os alumnos de 4º de ESO, algúns familiares dos mesmos e dúas profesoras do centro, visitaron o refuxio puidendo comprobar a cantidade de animais que alí se atopan vítimas das malas prácticas humanas e a necesidade urxente de promover as adopcións, o apadriñamento e acollida destes animaliños.

Aínda que foi unha experiencia un tanto triste, tamén tivo a súa parte leda xa que tiveron a oportunidade de sacar a pasear a un total de 11 cans!!!. Ese día foron felices correndo polo monte.

Ramona e Uxía apadriñaron a unha preciosa cadela chamada Vidana. Noraboa ás dúas por seren solidarias!!!!!

   

 

 

 

PLAN PROXECTA (RCES). ACTIVIDADES CO REFUXIO DE BANDO

O vindeiro venres día 13 de maio recibiremos a visita de persoal do Refuxio de Bando, xunto con algún dos animais que teñen ao seu coidado.

A charla será de 11:15 a 12:40 e tratará sobre os coidados médicos, de hixiene e trato aos animais e sobre o traballo que se realiza nestes centros e como adoptar/apadriñar, ser socio o acoller animais nas nosas vivendas.

Invitamos a toda a comunidade educativa a participar !!!!

SOLIDARIOS CO POBO SAHARAUI

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) , la petición expresa do governo da República Árabe Saharaui Democrática (RASD).

Galicia ven participando  nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que os seus fillos e fillas, desfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias galegas acolledoras. 
Este Programa lévase a cabo grazas á colaboración económica de familias e de organismos municipais que se acollen ao Programa e asinan coa asociación un Convenio de Colaboración que fai posible que estes nenos poidan desfrutar un verán sen pasar as altas temperaturas do deserto e recibindo unha boa atención sanitaria, así como a posibilidade de coñecer outra cultura. 

Como centro solidario colaboramos para concienciar aos nosos alumnos e facer chegar ás familias a información sobre a situación que se está a vivir nos campamentos Saharauis  e sobre os programas que se están a desenvolver.

Animamos ás familiasa acolaborar e infromarse sobre os programas de acollida esperando que algnha se anime.

Grazas familias!!!!

INCULCANDO O AMOR POLOS ANIMAIS

As saídas extraescolares tamén axudan a inculcar valores. Na visita á mina de Sebarral atopamos a unha encantadora cadela que fixo boas migas cos alumnos visitantes....A foto non nos saeu moi ben pero decidimos incluila para mostrar a afinidade do noso alumnado polos nosos compañeiros de catro patas...

GONZO

Recordades o canciño atopado por un alumno de 3º de ESO?....Chamárono Gonzo. Mirade como medrou e o guapote que se puxo!!!!...Na imaxe posa xunto ao seu pequeno compañeiro de xogos....

OUR NEW YEAR´S WISHES FOR ANIMALS

O alumnado de 2º e 3º de ESO enviaron os seus desexos do novo ano 2016 para todos os animais do planeta..... Aquí podemos ver unha mostra gráfica do momento en que os alumnos de 2º escribían as súas mensaxes:

             

         

Powered by Drupal - Design by artinet