Convive-T 23-24

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Hoxe, día 3 de xuño, realizamos un simulacro de evacuación no centro. Ao remate e unha vez no punto de encontro, os profes Ana Ledo e Xiao fixeron unha demostración de primeros auxilios a unha persoa que perde a consciencia

8 de marzo. Día da muller traballadora

Este 8 de marzo foi ben chulo no Eusebio. Tivemos a sorte de contar coa visita de dúas mulleres traballadoras, profesionais vinculadas ao mundo animal do noso Proxecto Interdisciplinar, aínda que en facetas moi diferentes, á vez que complementarias e necesarias. Mar, gandeira, e Ana, inspectora veterinaria, amosáronnos, de maneira ben didáctica e ilustrativa, xenerosa, o seu día a día nos seus respectivos oficios.

 

Aquí tedes a ligazón ao Facebook con todas as fotos

Conversa interxeracional

                                                                                                                                                                       

O mércores 6 de marzo o alumnado de 3º de ESO recibiu a un grupo de usuarias do Centro de Día de Dodro que, despois de presentarse, faláronnos dos seus oficios de solteiras e dos obrigados oficios de casadas, reflexionamos sobre as liberdades de antes e as actuais. Logo, a rapazada de 1º de Primaria contounos que queremos ser de maiores explicamos en que consisten algúns oficios modernos como youtubers ou influencers. Ademáis agasallámolas con debuxos sobre as profesións elexidas por cada un. Co alumnado de 4º de Primaria o nobelo pasou de man en man acompañando as historias de cada crianza e muller. Falamos sobre soños de futuro, tamén de vocacións que atoparon o camiño certo alén de desvelarnos aqueloutras que foron silenciadas. Dalgún xeito, tecemos a conexión existente entre as loitas que encetaron as avoas e un contexto de maiores oportunidades. Demos as grazas e recollemos o legado para seguirmos tecendo un futuro con máis igualdade.

Aquí tedes un enlace ás fotos e ao vídeo 

 

 

Samagosto 2023/24

O 27 de Outubro celebramos o noso Samagosto. Mestura de Samaín e Magosto. 

Este curso o Proxecto Interdisciplinar de Centro son os animais: QUE ANIMALADA! Desta maneira, para o Samaín, estivemos traballando nas aulas o mito do "lobishome", o "lobo da xente" e en 1º e 2º de Primaria o "Lobo Feroz". Traballando o mito de Vákner,

Clica para ver o vídeo do mito de Vákner

Achegándonos ás marabillosas calidades positivas que ten os lobos para a natureza e para o ser humano.

Tamén traballamos en normalizar o uso do feminino "loba" para liberalo das connotacións sexuais que arrastra. Falando por exemplo da figura de Pepa a Loba.

E así chegamos à sexta feita (venres) na que as aulas tiñan que intercambiar ouveos por castañas, creando cada aula unha pequena estrofa rematada nun ouveo e así poder conseguir castañas asadas.

O alumnado de Primaria tocou e cantou unha canción tradicional galega mais bailamos unha muiñeira tocada con gaita polo profesor Martín.

Galería de imaxes e vídeos da xornada.

Galería de imaxes e frases escollidas polo alumnado para ouvear.

 

Ao final do día, o alumnado da ESO tivemos unha sesión de contacontos relacionados co lobo a carga de Celso Fernández para practicar para o certame Tíralle da lingua.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet