Rede de Centros Escolares Solidarios

CARTEL

O cartel da campaña deste curso foi, coma noutros anos, realizado por fotógrafos de La Diapo fotografía e particpou nel alumnado de 4º de ESO e unha alumna de 2º de primaria. Coma sempre as linguas utilizadas no lema foron o galego e o inglés e os departamentos implicados forn Tecnoloxía e Inglés. Grazas a todos polo magnífico resultado obtido!!!!

 

 

10 Commandments of the Pet Owner

 

Ter unha mascota é un compromiso no que hai unhas regras. Estas son os 10 Mandamentos que hai que cumprir cando temos unha mascota.

 

 

 

 

ABANDONO!!!!!

Atopados esta mañán no patio do colexio, dous machos e unha femia. Alguén pouco responsable deixounos nunha caixa. As campañas que levamos a cabo durante varios anos sobre maltrato e abandono animal intentan concienciar á poboación para evitar cousas como estas. En concreto a do presente curso fai fincapé na necesidade de adoptar no canto de comprar e, moi especialmente, na obriga de esterilizar ás femias para evitar casos de abandono coma o de hoxe.

RECORDADE: ESTERILIZAR ANTES DE ABANDONAR.

Se alguén responsable está disposto adoptar e coidar dalgún deles, por favor chamen ao 981802205. Grazas.

GRABACIÓN MICROMOVIE

Igual que en cursos pasados realizaremos a grabación dunha micromovie coa colaboración do colectivo de voluntariado ARELAR. Aquí tedes unha mostra dos obradoiros previos á grabación:

   

A micromovie foi grabada o venres día 12 de xuño nas instalacións do colexio coa colaboración de José Calvo, Rosa Isabel Dios ( pai e nai de dous alumnos que participaron no proxecto), Coco, Loli e Queen.

Aquí podedes ver unhas fotos dos nosos actores e actrices:

   COCO

    LOLI

    LOLI e QUEEN

Na primeira foto José Calvo, Raúl Calvo, Iago Suárez e o noso fantástico director Ramón Molina, nas seguintes, alumnos e alumnas de 4º de ESO en diferentes momentos da grabación.

   

    Rosa Isabel Dios con Lucas Calco e Coco

   

 Nerea Rial, Alba Oliveira e Loli....                                       Nerea Rial, Ramón Molina e Loli coa profe de tecnoloxía e coordinadora do proxecto.....

 

TRABALLO DE PLÁSTICA

Na materia de Educación Plástica e Visual, os alumnos de 1º de ESO realizaron esculturas deseñadas por eles relacionadas co tema desta e doutras campañas do Plan Proxecta. Podemos ver algunhas delas que tratan o tema do maltrato animal e o abandono.

O touro "embolado", animal atado a unha cadea, matanza do porco...

       

        

 

ESCRIBE POLO COIDADO DOS ANIMAIS.

ESCRIBE POLO COIDADO DOS ANIMAIS.

Este curso 2014/15 os alumnos e alumnas de terceiro curso da E.S.O. veñen de realizar un libro solidario co título de "Máis que amigos" dentro das actividades do Plan Proxecta, no programa "Rede de centros escolares solidarios". Este libro recolle as diferentes historias que o alumnado escribiu a partir de novas aparecidas nos xornais e que teñen como protagonistas diferentes animais. Podedes ver o libro no arquivo adxunto. Ademais, se queredes participar contándonos as vosas historias ou experiencias sobre os animais e o seu coidado, podedes enviar as vosas achegas ao correo cpi.lorenzo.baleiron@edu.xunta.es poñendo no asunto "Plan Proxecta", e as incluiremos na versión dixital do libro.

                                                                                                                         

Momento no que o alumnado de 3º de ESO traballa na redacción das historias

VÍDEOS

Compartimos dous enlaces a dous vídeos realizados por alumnos de 3º e 4º de ESO cos departamentos de Música e Plástica e que tratan sobre o maltrato animal (4º ESO) e o coidado do medio ambiente (3º ESO). Esperamos que vos gusten.

ENLACE 3º ESO

ENLACE 4º ESO

EXPOSICIÓN: ABANDONO NON, ADOPCIÓN SI, ESTERILIZACIÓN SI

 

 

             Momento en que dúas alumnas de 4º de ESO preparan a exposición

Aquí podedes ver unha mostra da exposición realizada por alumnos de 4º de ESO na que se trata de fomentar a adopción e a esterilización dos animais de compañía, así como de concienciar ao alumnado contra o abandono animal. A exposición foi (e está a ser) visitada por alumnos tanto de primaria como de secundaria.

Alumnado de 3º de ESO visitando a exposición

PROTECIÓN PARA OS PAXAROS

Os alumnos de primaria realizaron unha actividade nas clases de Educación Plástica que consistiu na decoración de CD´s vellos que posteriormente foron colocados polo alumnado de secundaria na cristaleira que dá ao patio inferior, co propósito de evitar que os paxaros morran ao golpear contra ditos cristais.

LEMA CONTRA O ABANDONO

Como complemento da campaña do presente curso sobre abandono animal, os alumnos de primaria propuxeron lemas que poideran ser utilizados na mesma. Aquí tedes algúns exemplos:

         

         

Powered by Drupal - Design by artinet