Ciencias Naturais

Práctica de laboratorio

 

Nesta práctica realizada polos alumnos e alumnas de 3º ESO, determinamos 

a presenza de amidón nos alimentos,observando que moitas veces cremos que

mercamos carne e non o é.

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita á depuradora de Santiago

O dez de maio, o alumnado de primeiro e segundo da ESO, fomos á depuradora de augas residuais de Santiago para estudar os procesos que se levan a cabo nela.

 

PRÁCTICAS DE LABORATORIO EN 3º DE ESO

O alumnado de 3º de ESO realizou unhas prácticas de laboratorio para a  identificación dos compoñentes dos alimentos. Resultou moi interesante!!!.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

1º DE ESO NO LABORATORIO

O alumnado de 1º de ESO realizou unha práctica de laboratorio na que puido determinar e estudar as propiedades dos minerais


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Nos enlaces podedes acceder ás diferentes fases do Concurso co que conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

TOD@S A PARTICIPAR!!!!

BASES E CONVOCATORIA

CONCURSO 11F

CONCURSO 23F

CONCURSO( 3ª xornada)

CONCURSO ( 4ª xornada)

E XA TEMOS GAÑADORES:

Bruno Opólski Fernández de 3º de primaria e Daniela Brea Mene de 6º.

NORABOA aos gañadores e tamén aos finalistas e participantes.

INVENTOS ONLINE

ACADEMIA DE INVENTORES ONLINE
Clases de robótica, programación, mecánica y ciencia.
Todos los días a las 17h online y gratuito.

Cada día un nivel diferente -edades aproximadas-

 Puedes verlo en directo en
https://www.youtube.com/channel/UCenVzT7NDOQQH62WcYWBS0w?app=desktop

Lunes: Baby inventores (3-5 años)
Martes: Mini inventores (6-8 años)
Miércoles: Inventores junior (9-11 años)
Jueves: Inventores Senior (12-14 años)
Viernes: Inventores Master (15-18 años)

VISITA AO MUSEO E AO CINE

O mércores día 10 de abril o alumnado de ESO e algúns profes nos desprazamos a Santiago de Compostela para realizar unha saída didáctica que consisitiu na visita ao Museo de Historia Natural e á Sala Numax.

A visita ao museo foi moi interesante e realizamos actividades relacionadas cos contidos da materia de Bioloxía nos diferentes cursos da etapa.

 

 

 

Na Sala Numax visonamos a película de nacionalidade Islandesa ,  "A Muller da Montaña", do director Benedikt Erlingsson que trata o tema do ecoloxismo e o femisnismo dun xeito pouco convencional, imaxinativo e divertido, e cunha exquisita fotografía. A película se proxecta en versión orixinal e con subtítulos en galego. Moi recomendable:

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

 

TRAMPAS PARA VESPA VELUTINA

O alumnado de 1º de ESO, dentro da materia de Bioloxía, construiu trampas para capturar vespas velutinas que, nesta época saen dos niños para colonizar novas zonas. Estas trampas foron realizadas con material de refugallo e foron colocadas no cole e tamén nas diferentes áreas onde residen estes alumnos e alumnas. Esperamos poder así axudar a erradicar esta especie que causa estragos nas colonias doutros insectos autóctonos, en especial nas das abellas.

Como novidade, comentar que a receita da substancia atraínte que se introduce nas trampas será elaborada polo propio alumnado de xeito experimental.....a ver que resultado dá.

VISITA A LOURIZÁN

O alumnado de ESO visitou as instalacións de Lourizán como actividade complementaria ao Proxecto de Centro deste curso sobre o monte. A actividade foi organizada e levada a cabo polo Departamento de Ciencias Naturais o xoves 22 de marzo. Consistiu nunha visita guiada ao Xardín Botánico de Lourizán ( Marín-Pontevedra), onde puideron observar especies de árbores exóticas e autóctonas. Unha das árbores máis curiosas foi un exemplar de "Metasequoia sp", do que só existen cinco exemplares en toda Europa.Posteriormente os monitores informaron dos ciclos formativos que se imparten no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. Os alumnos tiveron ocasión de manexar, con máis ou menos éxito, maquinaria utilizada nas clases prácticas: grúa, tractor, motoserra, cortalumes....

 

 

COGOMELOS

O alumnado de 1º de ESO realizou unha actividade, dentro do Proxecto de Centro "Estamos a Monte", consistente en recoller e clasificar diferentes especies de cogomelos. Fixo ademais unha exposición que foi visitada polo resto do alumnado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet