CURSO 22-23. Interxerando

VISITA DOS USUARIOS DO CENTRO DE DíA AO COLEXIO

O luns 19 de xuño recibimos a visita dos maiores do Centro de Día para ver a exposición da campaña realizada no Centro para promover a interrelaciòn entre os animais e as persoas maiores, así como algunhas das exposicións que se prepararon para a xornada de portas abertas.

Aquí tedes todas as fotos. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes 20 de xuño celebramos a Xornada de Portas Abertas para a presentación dos traballos do proxecto INTERXERANDO.

 

Aquí tedes todas as fotos do evento. 

PORTAS ABERTAS MATEMÁTICAS

Como proba da solidez das cúpulas de Leonardo, o alumnado da ESO levantou a cúpula que tiñan construído para o Día de Portas Abertas.

Aquí tedes os vídeos.

INTERXERANDO PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA

O alumnado de 1.º e 2.º de Primaria interxerou aprendendo sobre o carro galego. Neste vídeo fálanos dalgúns dos seus usos, partes, árbores coas que se facía, fraseoloxía e refráns que ainda perviven... ademais de como construiron os seus propios carros reutilizando materiais.

Aquí podes ver o vídeo da actividade.

ACTIVIDADE: ANIMAIS E PERSOAS MAIORES

O alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° colaborou na elaboración deste conto en versión bilingüe que pretende dar visibilidade a tres cuestións súper importantes: o maltrato animal; a gran motivación, axuda e, sobre todo,  compañía que pode aportar un can a unha persoa maior e por último, a gran alegría que supón para os nosos maiores recibir a visita dos seus netos, sobriños, etc..., e sentirse queridos e escoitados.
 
 

Aquí podedes ver todas as fotos. 

Interxerando. As festas onte e hoxe.

O alumnado de 3°ESO ao longo do curso Proxecto Competencial traballou o tema das festas antes e agora. Esta actividade inclúese no Proxecto de Centro, que este ano leva como tìtulo "Interxerando". Asì, arredor das festas de onte a hoxe, o alumnado investigou sobre como eran antes as festas, verbenas, tradicións, xantares,... As fotos só son unha pequena escolma dos traballos de clase.
 
 


 

Interxerando

1 °AeB de ESO traballou en PROXECTO COMPETENCIAL ao longo de todo o curso no proxecto de centro INTERXERAMOS.
Despois de estudar os distintos xogos de agora e de sempre realizaron  traballos individuais sobre xogos tradicionais.
A exposición de secundaria é só un resumo dos xogos cos que traballaron e reflicten momentos de onte e de hoxe de distintos lugares xeograficos. 
 
 
 

Aquí podedes ver todas as fotos.

Eusebio no Centro de Día

O venres 19, no marco da celebración da Semana das Letras, o alumnado de 1° ESO desprazouse até o Centro de Día para participar nun Club de Lectura moi especial: o compartido cos maiores do Centro de Día arredor da obra "Memorias dun neno labrego". Alá foron cheíños e cheíñas de preguntas, querendo saber se a infancia e mocidade dos maiores se parecera á do Balbino: traballo arreo, na terra e co gando; escola pouca, de vimbio, regra e cinto; misa, rosario, loito, a Compaña, a doutrina, o pecado e os catro infernos; broa, nin a proba do pantrigo, e papas de arroz como lambetada; canas de foguetes na festa, rebusque, peletre, estornela, bonecas de trapo con vestidos de retrincos das costureiras; zapatos só para os domingos, remendados e repintados; emigración; o medo na Guerra. Aprenderon que un pai marchaba á guerra con 25 anos para non vivir máis, e que unha nai botaba adiante soa cinco fillos con papas de fariña e un chisco de leite... Preguntaron se había libros nas casas e houbo a quen se lle atoldaron os ollos...

E recibíronnos cos brazos abertos e con grandes sorrisos. Disque lles levamos alegría. O que nós trouxemos é difícil de describir.
Volveremos.

 

Podedes ver todas as fotos neste enlace ao facebook

TRABALLOS DE 4º DE ESO PARA O CENTRO DE DÍA

 

 

O alumnado de 4º de ESO, en consonancia co proxecto de centro do presente curso 22-23, realizou unha serie de actividades para os ususarios do Centro de Día do concello.

Estes traballos foron elaborados, principalmente,  con material de regugallo e consistiron na creación dun calendario de orientación

 

 

un dado para realizar actividadees lúdicas

 

uns  soportes para os bastóns 

  

e varios atrís para favorecer e facer máis cómoda a lectura 

 

Tamén tentaron facilitarlles  unhas agarradeiras para cubertos de cociña pero resultaron ter  unha sección algo grande.....

 

 GALERÍA DE FOTOS

V CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA. INTERXERANDO

Un ano máis celebramos o noso concurso de poesía matemática, este ano coa temática ”Interxerando”.

 Queremos agradecer ao noso alumnado a capacidade que tivo para emocionarnos cos seus fermosos versos e de mostrarnos a todas e todos que os retos si son posibles sempre que se pon empeño.

 Parabéns ás persoas gañadoras e grazas pola vosa participación!

 1º PREMIO   “Sentimentos”  de  Sheila Ageitos  4º ESO

2º PREMIO  “A arte das matemáticas= herdanza de familia” de Anxo Tarrío  3º ESO

3º PREMIO   “Multiplicarse e dividirse”  de  Saleta Rivo  2º ESO

Aqui tedes todas as fotos, vídeos e poesías gañadoras. 

Powered by Drupal - Design by artinet