Curso 22-23

ACTIVIDADE: ANIMAIS E PERSOAS MAIORES

O alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° colaborou na elaboración deste conto en versión bilingüe que pretende dar visibilidade a tres cuestións súper importantes: o maltrato animal; a gran motivación, axuda e, sobre todo,  compañía que pode aportar un can a unha persoa maior e por último, a gran alegría que supón para os nosos maiores recibir a visita dos seus netos, sobriños, etc..., e sentirse queridos e escoitados.
 
 

Aquí podedes ver todas as fotos. 

CAMPAÑA ANIMAIS E MEDIO AMBIENTE 22-23

A campaña  retomouse este curso e foi elaborada polo alumnado de 4º de ESO ao fío do proxecto de centro que tivo como temática  a conexión entre xeracións e levou por título " Interxeramos".

A idea do alumnado foi  facerla cos usuarios do centro de Día de Dodro  tentando sesibilizar na necesidade de que os maiores poidan ter animais de compañía neste e noutros centros e residencias. 

A presenza e  contacto co rapaces e rapazas serve como terapia pero tamén os animais poden ser altamente terapéuticos.

Mil grazas ao persoal do Centro de Día, aos usuarios participantes e aos que non participaron nos carteis pero tiveron a paciencia e a ambilidade de atendernos, ao alumnado de 4º de ESO e, como non!, a Sopa, Gilda Balú, Odi, Luna e Pepe, canciños e cadeliñas que se prestaron como modelos.

 

  

 

Lapbook dos animais

E con esta actividade de Ciencias da Natureza damos por rematado o trimestre. Os nenos e nenas divertíronse moito creando o seu lapbook, deseñando a portada do seu traballo e, ao mesmo tempo, repasando todo o que demos no tema dos animais. Son uns artistas!!!

 

CANCIÑO PERDIDO

Comezamos este curso cunha non moi boa nova. Peto perdeuse o venres día 28 de outubro por mor da tronada e os donos seguen na súa procura.

Por favor, se o viches nalgures, o ves pola contorna ou sabes onde pode estar, chama ao teléfono que aparece na  foto do cartaz.

GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet