CURSO 23-24: Que Animalada!

NUNCA MASCOTAS

 

O alumnado de 2º de ESO leu o libro  "Nunca mascotas", de Paula Carballeira utilizado para reflexionar sobre o maltrato animal, o enfoque inapropiado de seren só "mascotas".

No enlace deixamos un modelo do traballo a elaborado polo propio alumnado que servirá de ficha de lectura obrigatoria para vindeiros cursos.

ENLACE

Vídeo 3º da ESO

Os alumnos de terceiro da ESO, dentro do proxecto de Centro "Que animalada", crearon o videoclip Que castróns son coa axuda dos profesores de Plástica e Música. 

 

 

Aquí tedes o vídeo

 

Xornada de portas abertas

O pasado día 20 de xuño celebramos a xornada de portas abertas para a presentación dos traballos feitos no proxecto de centro que este ano levou por título: Que animalada!

 

 Aquí e aquí tedes todas as fotos. 

E aquí as do proxecto que o alumnado de 1º e 3º de ESO elaborou para a Xornada de Portas Abertas con imaxes e frases de personaxes célebres sobre cans e gatos. Os alumnos e alumnas de 1º fixeron a escolla dos textos e os montaron e o alumnado de 3º colocounas no corredor de secundaria para que os visitantes puideran desfrutar da exposición.

Agardamos que a xornada fose interesante para todos. 

 

Podcast "Bubelas clinásticas" - Falamos da Emerxencia Climática

Podcast "Bubelas clinásticas" - Falamos da Emerxencia Climática
 
Quen non ten escoitado falar da emerxencia climática? No entanto, a información que recibimos non sempre é certeira e baseada na evidencia científica. Por esta razón, as bubelas clinásticas de 4º de EP puxémonos a investigar e nestes podcast intentamos desmontar algúns dos bulos máis comúns sobre este tema pero sempre coa alegría e o humor que nos axudan a enfrentar tan grandes desafíos. Queda ata o final xa que daremos algúns consellos para coidar o medio e á protagonista do noso proxecto de centro: a nosa fauna.
 
I Podcast Bubelas clinásticas- Thiago e Noa https://on.soundcloud.com/1112JzZJq9LxQ2oR9
 
II Podcast Bubelas clinásticas-Karim Moraima e Daniela https://on.soundcloud.com/ZNGSiSWAgksJbJXJ9
 
III Podcast Bubelas clinásticas- Nieves e Nicolás https://on.soundcloud.com/tpYwpacnJiGrV5LZ9
 
IV Podcast Bubelas clinásticas-Mateo e Pablo V. https://on.soundcloud.com/ut67TtgRLfSGKMqh7
 
V Podcast Bubelas clinásticas - Nerea e Sara https://on.soundcloud.com/c4WjSxPz47kgWq2p6
 
VI Podcast Bubelas clinásticas- Pablo A.e Lía https://on.soundcloud.com/7a5bbAEpXJV2ycRk9
 

 

CARTEIS SOBRE O CUIDADO DOS ANIMAIS

O día 30 de maio co alumnado de 4º de ESO la Diapo Fotografía foi a encargada de facer as fotos que se utilizarán para a elaboración dos carteis da campaña de sensibilización sobre a tenencia responsable e o coidado dos animais de compañía. Este curso, o lema da campaña tenta fomentar a adopción de animais adultos para paliar o problema do aumento de abandonos de cans e gatos nesta franxa de idade. Grazas a Sandra, ás profes Susana e Charo, ao alumnado de 4º da ESO participante e, por suposto, ás nosas estrelas de catro patas Otto, Lola, Bengi, Mía e Quisqui. Tamén agradecementos a Manu, o noso gran fotógrafo de La Diapo.

 

No seguinte enlace podedes ver todas as fotos. https://drive.google.com/drive/folders/1B7WzkgO3EAq69S4mO-iI-iC7QSHkKVWm?usp=sharing

 

 

 

Plantación de frondosas

 

O Alumnado do CPIP Eusebio Lorenzo Baleirón axudou a reforestar unha zona de monte devastada polos incendios. 

Podes ver a noticia completa na reportaxe do xornal, e aquí unha ligazón ás fotos

Práctica de laboratorio

 

Nesta práctica realizada polos alumnos e alumnas de 3º ESO, determinamos 

a presenza de amidón nos alimentos,observando que moitas veces cremos que

mercamos carne e non o é.

 

 

 

 

 

 

 

 

Samagosto 2023/24

O 27 de Outubro celebramos o noso Samagosto. Mestura de Samaín e Magosto. 

Este curso o Proxecto Interdisciplinar de Centro son os animais: QUE ANIMALADA! Desta maneira, para o Samaín, estivemos traballando nas aulas o mito do "lobishome", o "lobo da xente" e en 1º e 2º de Primaria o "Lobo Feroz". Traballando o mito de Vákner,

Clica para ver o vídeo do mito de Vákner

Achegándonos ás marabillosas calidades positivas que ten os lobos para a natureza e para o ser humano.

Tamén traballamos en normalizar o uso do feminino "loba" para liberalo das connotacións sexuais que arrastra. Falando por exemplo da figura de Pepa a Loba.

E así chegamos à sexta feita (venres) na que as aulas tiñan que intercambiar ouveos por castañas, creando cada aula unha pequena estrofa rematada nun ouveo e así poder conseguir castañas asadas.

O alumnado de Primaria tocou e cantou unha canción tradicional galega mais bailamos unha muiñeira tocada con gaita polo profesor Martín.

Galería de imaxes e vídeos da xornada.

Galería de imaxes e frases escollidas polo alumnado para ouvear.

 

Ao final do día, o alumnado da ESO tivemos unha sesión de contacontos relacionados co lobo a carga de Celso Fernández para practicar para o certame Tíralle da lingua.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet