Unha Porta Cara a Igualdade (Curso 19-20)

COMANDO IGUALDADE


 

Coma en cursos pasados e coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o presente curso , un grupo de profes propuxémonos tratar dun xeito interdisciplinar o tema da igualdade, e así, xurdiu esta modesta aportación a un grande proxecto vital que trata sobre a presenza da muller en diferentes áreas: COMANDO IGUALDADE

Concretamente co alumnado de 2º e 4º ESO, o Departamento de Matemáticas e o responsable da TIC, fixeron unha interesante investigación sobre o peso que ten a  muller na educación, na política, na construción, na universidade e tamén sobre a muller refuxiada en España. O obxectivo é que os nosos nenos e nenas sexan unha parte activa á hora de darlle a volta ás cousas negativas!

A MULLER NA EDUCACIÓN

A MULLER NA POLÍTICA ESPAÑOLA

A PRESENZA DA MULLER NA CONSTRUCIÓN

A MULLER NA UNIVERSIDADE ESPAÑOLA

PERFIL DA MULLER REFUXIADA EN ESPAÑA

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA DÍA DA MULLER

ATENCIÓN RAPACES E RAPAZAS!!!. Na biblio tedes durante este mes de marzo unha pequena exposición de libros e cine co motivo da celebración do 8 de marzo  Día da Muller.


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe luns día 9 celebramos o Día Internacional da Muller no noso centro. Apoiados por unha colaboradora moi especial, Antía Vicente, que foi alumna deste centro e a día de hoxe adica parte da súa vida profesional á fotografía. Con fotos de Antía fixemos unha pequena exposición con imaxes de mulleres do seu entorno que reflicten a vida e os labores desempeñados polas mulleres de xeracións pasadas no fogar.

Como un xeito de lembrar este traballo infinito viñemos vestidos con mandís e mandilóns e enseres típicos do traballo feminino da época. Lembramos e valoramos o esforzo feito por todas estas valentes mulleres que sacaban adiante á súa prole e coidaban dos maiores e enfermos ao tempo que facían labores do fogar e do campo, á espera dun cambio non lonxano no que as tarefas sexan compartidas e no que as mulleres non sintan a obriga de asumir todos estes traballos como propios da condición feminina.

GALERÍA DE FOTOS

GALERÍA FOTOS DE GRUPO TOMADAS POR ANTÍA VICENTE

 

DINAMIZANDO OS PATIOS

Comezamos a dinamizar os nosos momentos de lecer en primaria coa axuda de persoal de AMICOS. Os xoves celebránse xogos para dinamizar os patios nos que cada vez participa máis alumnado.

Hoxe moitos dos rapaces e rapazas de todos os cursos da etapa de primaria xogaron co profesorado e as traballadoras de AMICOS. Estivo xenial!!!

A idea é que se continúe con esta actividade ata final de curso co que....xa sabedes, os xoves a xogar!!!

 

GALERÍA DE FOTOS

6º SEGUE A TRABALLAR NA IGUALDADE

Dende principios de curso, este alumnado tan traballador elaborou un xogo sobre mulleres importantes ao longo da historia e da actualidade... desta maneira traballaron a igualdade e aprenderon moitas historias.

O xogo foi ofrecido ao resto dos grupos do centro e será utilizdo en outras aulas.

GRAZAS 6º!!!!

ALGUNHAS FOTOS MÁIS

6º DE PRIMARIA EN IGUALDADE

 

O alumnado de 6º de primaria realizou un estupendo traballo para conmemorar o 25 N e lembrar a necesidade de loitar contra a violencia de xénero. Aquí queda unha mostra...

25 DE NOVEMBRO

CANDO UNHA MULLER MORRE VÍTIMA DA VIOLENCIA MACHISTA, COMO SOCIEDADE MORREMOS TO@S.
 
Esta foi a mensaxe e a reflexión que o alumnado e o profesorado de Secundaria quixo trasladar para conmemorar o Día Mundial contra a Violencia de Xénero. Unha reflexión que tentamos plasmar nun proceso creativo: a construción dunha silueta de muller conformada coas nosas imaxes. Porque no momento en que unha muller é asasinada fracasamos como sociedade e un pouco de nós morre canda ela.
 
 
No Eusebio Lorenzo Baleirón condenamos a violencia e volvemos abrir a porta violeta da Igualdade, que atravesaron tanto o alumnado como o profesorado novos, xunto con algúns /has representantes do Concello; e lemos poemas escritos polo alumnado de 2° ESO sobre o que é vivir "Nunha casa en Igualdade"; e escoitamos as reflexións dos pequechos e pequechas de Primaria sobre a Igualdade que nos deixaron, para que as teñamos ben presentes, colgadiñas no tendal violeta de Rosalía. Tamén escoitamos a Declaración institucional do Concello e todo isto na compaña dos anciáns e anciás do Centro de Día e mais da veciñanza que por aquí se achegou.


 
O 25 de novembro estivemos todos e todas. Agora toca seguirmos TRABALLANDO cada xornada, clase a clase, proxecto a proxecto, TODOS OS DÍAS.

MULLER E CIENCIA

 O venres día 25 de outubro celebramos a 2º sesión con 3º e 4º sobre  MULLER E CIENCIA que promove o Concello de Dodro dentro do seu plan De Igualdade e elaborado por ARENARIA Coordinadora S.L.

Esta vez foi tratado o tema da muller no eido científico a través do exemplo de Maruxa Álvarez; bióloga de titulación e adicada a investigación, é docente na Universidade de Vigo ademais doutros cargos como responsable da área de emprego nesa mes universidade.

Falou da súa experiencia persoal como muller estudante e traballadora, explicou a súa relación no traballo cos seus equipos, de homes e mulleres e rematou con varias reflexións centradas en: conciliación, vocación profesional, compertir, desfrutar do que se fai e facer o que faga a un feliz, animando así a homes e mulleres a procurar o que lles guste e non deixarse llevar polas estatísticas que deixan as nenas fora do eido científico e aos nenos do das letras ou do máis artístico.

MOITAS GRAZAS MARUXA!!

 


 Tamén, ese mesmo día, con 2º de ESO, fixemos unha sesión de experimentos científicos coa que pretendíamos achegar o eido científico ao alumnado dun xeito ameno e divertido tratando de amosar que aquelo que parece difícil ou que a veces nos custa máis, se pode aprender tamén a través de xogos e outras propostas, que aprendizaxe e diversión son compatibles e sobre todo que  o pode facer un home (David) e unha muller (María). O programa que promove o concello trata de falar da igualdade pero a través do campo da ciencia, ensinando que máis alá dos datos, as nenas son totalmente válidas para afacer ciencia, e así o vemos cos exemplos de mulleres que visitan e visitarán o noso centro: Maruxa Álvarez e o vindeiro día 8 de novembro, Luisa Martínez da área de cultura científica, do CSIC.


ACTUACIÓN DE FANY TRIANA

No día de hoxe, o alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria, tiveron unha actividade, grazas á colaboración da concellería de igualdade do concello de Dodro, na que trataron a importancia da igualdade dun xeito divertido e  moi pedagóxico xa que foi a través dun magnífico espectáculo de maxia. 

Grazas pola colaboración.

Tomamos nota!


CIENCIA E IGUALDADE

Presentación da primeira xornada “Muller e Ciencia” levada a cabo pola concelleira de Igualdade Ana Muñiz, coa asistencia da técnica de Servicios Sociales Araceli Vázquez e impartidas por Maria e David da empresa ARENARIA COORDINACIÓN S.L. para o alumnado de ESO. Foi un obradoiro moi interesate, ameno e dinámico.



Powered by Drupal - Design by artinet