Durante a saída o mercado a Padrón, fixemos uso do comunicador para elaborar a nosa cesta da compra saudábel.
Inclúe-T 22-23
Día do libro. Inclusión
Con motivo da celebración do Día do Libro as aulas de AL e PT decoramos as nosas portas con vocabulario novo sobre esta temática en Pictogramas de ARASAAC e en Lengua de signos LSE.
Día do Autismo
Con motivo do Dia Mundial de Concienciación sobre o Autismo coa campaña 2023 Llamémoslo por su nombre o Departamento de Orientación traballamos este día coa visualización dun corto “ El viaje de María “ en 5 e 6, a realización dun Escape Room que trata diversos aspectos do Autismo. Tamén se realizaron a nivel de aula uns murais sobre o signo de infinito que traballa a Campaña deste ano.
Aquí podes ver todas as imaxes da actividade.
Actividade de inclusión
Actividade de inclusión. Uso do comunicador nas saídas
Durante a saída a Santiago fixemos uso do comunicador en distintos momentos: teatro, merenda e paseo pola zona vella.
Celebración do Día da Muller: 8 de marzo.
No CPI Eusebio Lorenzo Baleirón celebramos o Día da Muller.
En Primaria falamos e reflexionamos nas titorías, e debuxamos e escribimos, sobre algunha das nosas mulleres favoritas, ás que homenaxeamos este día, pero tamén o resto do curso coa exposición que podedes ver no cole.
O alumnado de Secundaria e o resto da comunidade educativa faremos esta homenaxe cunha exposición fotográfica, que por suposto, está aberta a novas achegas.
Gracias a todxs pola participación!
Aquí tedes o enlace ás fotos e o vídeo da actividade do Concello na que participou o alumnado da ESO e o CRA.
Climas de España
Dende o Departamento de Orientación queremos compartir o traballo realizado na aula de 4º de primaria na materia de Ciencias Socias sobre os diferentes climas de España. Neste vídeo pódese observar a exposición dunha alumna do clima océanico, facendo uso do seu comunicador dinámico.
Journée crêpes
Journée crêpes.
O alumnado de 1º e 2º de ESO aprendeu a facer crêpes cunha receta francesa. Grazas á colaboración do profesorado nunha aula ou no laboratorio do noso CPI desenvolvemos esta actividade dentro dos Contrato Programa Convivencia.
Aquí podedes ver todas as fotos da actividade.