Rede de Centros Escolares Solidarios

CHARLA SOBRE COMPORTAMENTO ANIMAL

O día 20 de xuño, fóra do horario escolar, recibimos unha charla sobre comportamento de gatos e cans orientada a informar para poder solucionar, na medida do posible, os problemas que soen xurdir cando levamos a casa un animal de compañía sen ter experiencia na convivencia con el. A charla correu a cargo de Ángeles, voluntaria e coordinadora do Refuxio de animais de Vilagarcía de Arousa, e de Nati, adestradora canina.

Houbo preguntas e consultas varias e foi unha xornada moi agradable na que contamos coa cmpañía de Quenya, Odi, Gorda e Pelusa.

Quenya e Pelusa


Odi e Gorda

Ao remate da mesma fixemos entrega das doazóns feitas por profesorado e alumnado ao refuxio.

 

Grazas a todos polo interese e colaboración!

GALERÍA DE FOTOS

CENTRO SOLIDARIO

Continuamos a recibir doazóns para o refuxio. Nas imaxes podedes ver algúns dos momentos da entrega dos artículos doados polas familias.

 

GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

PRECISAN DE NÓS

Este curso, como en anos anteriores, faremos unha recollida de alimentos, enseres, produtos de limpeza e medicamentos de humanos para colaborar co Refuxio de Animais de Vilagarcía de Arousa. O próximo día 20 de xuño achegaranse voluntarios do refuxio para impartir unha charla sobre comportamento animal, á que poderán asisitir todos aqueles alumnos/as de ESO cos seus animais de compañía. Aproveitando a visita, proporcionaremos ás familias e alumnado a posibilidade de facer unha doazón para estes animaliños sen fogar.

As necesidades máis imperiosas agora mesmo no refuxio son: pienso de cahorros (tanto cans como gatos), produtos de limpeza ( para o chan, lavadora, desinfectantes de mans...), enseres varios (mantas, tallas, comedeiros..), útiles que poidan ser vendidos en mercadiños de segunda man (os beneficios das vendas revertirán íntegramente nos animais do refuxio) e medicamentos de humanos que poidan ser utilizados en animais (tamén produtos estériles como vendas, suero, antisépticos e esparadrapo).

No enlace podedes consultar o listado de medicamentos que poden ser utilizados en cans e gatos: https://drive.google.com/open?id=1tWHVmjXLewsGt2p4WJWKb62F7G5xLI0d

 

Se sensibilizamos no trato cos animais conseguiremos personiñas sensibles cos seres humanos.

Grazas a todos pola vosa colaboración!!!!

 

SENSIBILIZANDO AOS MÁIS PEQUENOS

 

En 1º de primaria traballamos as emocións a partir da curtametraxe " The Present"  e de como os cans, as súas mascotas lles fan mudar o seu estado de ánimo. Cando están tristes por algún problema xogan con el e póñense moi contentos e xa esquecen todo...

ENLACE Á CURTAMETRAXE

TÍTERES

Os alumnos e alumnas de 3º de primaria representaron unha obra con títeres titulada "So coma un can", obra adaptada dun conto en castelán ( "Solo como un perro" de Yanitzia Canetti) que fala sobre o maltrato animal e trata de sensibilizar ao respecto do tema da adopción, para a que realizaron os diálogos e recibiron a axuda dos seus compañeiros e compañeiras de 5º de primaria que elaboraron as marionetas e repararon o teatrillo. Quedou xenial!!!

GALERÍA DE FOTOS

NOVA EXPOSICIÓN

Unha nova exposición luce no corredor das aulas de secundaria. Relacionada co tema da discriminación das razas de cans consideradas perigosas e tratando de desmontar mitos. Tras a exposición houbo sesión de debate co alumnado dos cursos superiores ao respecto do tema.

Preocúpanos a alarma que se crea arredor destas razas cando, a través das nosas campañas, o que tratamos de fomentar é a educación canina para tratar a falta de socialización que pode levar a causar problemas de agresividade e de convivencia con outros cans e incluso cos seres humanos e, como consecuencia final, o abandono ou sacrificio destes animais por descoñecemento dos donos.

A nosa campaña deste curso, " APRENDE A COÑECELO PARA NON ABANDONALO" trata de concienciar sobre a necesidade de coñecer o comportamento, conduta e  resposta dos nosos animais de compañía ante diferentes situacións para evitar os problemas que a miúdo xurden e que leva, en moitos casos, ao abandono.


CORRECÁN SOLIDARIO

INFORMACIÓN PARA OS INTERESADOS: Está convocada a terceira edición do CORRECÁN SOLIDARIO organizado pola Asociación Canina Cancoruña. asociación sen ánimo de lucro que loita pola integración cíivica dos cans na cidade, a tenencia responsable e a protección e fomento de adopción de animais de compañía.

O CORRECÁN SOLIDARIO celebrarase domingo 20 de mayo e o percorrido será o mesmo da edición anterior:  Paseo Marítimo de Riazor e Orzán con saída e meta no Pazo Municipal dos Deportes de A Coruña coa seguinte planificación:

 

·         Circuito no  que o participante poida correr ou camiñar co seu can.

·         Venda de dorsais a un prezo simbólico que se utilizará ao 100% como donativo ás protectoras que formen parte do evento.

·         Contar cun pequeno avituallamento por participante (bebida, froita ou barriña enerxética).

·         Ter stands montados polas protectoras para a difusión da súa actividade. Incluso poderían levar algún can do seu refuxio ao que lle estean procurando un fogar.

·         Outorgar algún tipo de premio que non favoreza a competitividade.

·         Dar bastante peso aos sorteos de agasallos entre as persoas participantes.

·         Intentar acadar afluencia de público interesado en colaborar  nesta labor de difusión da adopción animal: a través da publicidade, a participación de empresas colaboradoras, a presenza dalgún personaxe coñecido...

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

Máis información nos arquivos adxuntos.


LEMAS

O alumnado de 2º de ESO realizou unha actividade relacionada coa sensibilización e concienciación ao respecto do maltrato animal e a adopción. Dende o departamento de Galego elaboraron textos persuasivo-argumentativos nos que a temática que se traballa no centro nas campañas contra o maltrato animal foi o punto a desenvolver. Tamén concluíron a actividade cun lema.

Aquí tedes unhas mostras destes escritos:

 

 

THE PRESENT

No enlace tedes acceso a un vídeo que vos fará pensar...esperamos que vos guste.

ENLACE VÍDEO

EXPOSICIÓN TEMPORAL CURIOSIDADES

O alumnado de 3º de ESO realizou unha exposicón temporal que mostra curiosidades sobre cans e gatos e colocouna no corredor do edificio de aulas de secundaria. O resto do alumnado pode desfrutar dela xa que estará dispoñible ata o próximo trimestre.

Con este traballo preténdese sensibilizar no trato e amor polos aminais de compañía e aprender ao mesmo tempo cousas que non sabiamos.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet