Matemáticas

VII CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA, QUE ANIMALADA! CURSO 2023-2024

O luns 13 de maio entregáronse os premmios do VI Concurso de Poesía Matemática, coa temática ” Que animalada!".   O alumnado gañadoré o seguinte:

1º PREMIO “A miña Lúa” de Carmen Laíño 1º ESO B

2º PREMIO “A parábola do caracol ” de Saleta Rivo 3º ESO

3º PREMIO son dous:

“ Nesta operación sempre mellor sumar “ de Ana Romero 3º ESO

“ Animales Matemáticos” de Claudia Lorenzo 1º ESO B

Parabéns chicas polo voso traballo e grazas a todo o alumnado por participar!!!

 

Aquí podedes ver todas as fotos 

Visita a FP Innova o 24 de abril

Hoxe visitamos o congreso de FP Innova 2024 (Congreso de Innovación na Formación Profesional) co alumnado de 3º e 4º ESO  que se celebra na Cidade da Cultura de Santiago de do 24 ao 26 de abril.
Puidemos ver de cerca como se desenvolven na FP ,en colaboración con empresas e institucións,  diferentes proxectos de innovación ligados a ideas de emprendemento empresarial. Con obradoiros de  creación de contidos mediante IA, creación de videoxogos, impresión 3D, biotecnoloxía, estética e perruquería,...nos que parte do noso alumnado participou. 
Voltamos gratamente sorprendidos co aprendido e logo comemos no patio á sombra das árbores! 
Aquí podedes ver todas as fotos.

Xogos na clase de matemáticas

Estas foron unhas clases diferentes nas que abordamos a xeometría a través do xogo do tangram facendo diversas figuras de animais.
Tamén empregamos dous xogos de BrainBox para o estudo dos animais e dos seus hábitats en diferentes continentes. 

 

 

 

Aquí tedes a ligazón ás fotos. 

XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA DO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN. CURSO 2023-2024

Un ano máis celebramos no noso centro o concurso de fotografía matemática, nesta ocasión coa temática dos animais.

 As persoas ganadoras do XI Concurso de Fotografía Matemática son:

 

Þ   1º PREMIO: “Ga-liña quebrada” Leo Brea Mene 1º ESO B

Þ   2º PREMIO: “Cambio de magnitudes” Xoana Rodríguez Lestido 2º ESO

Þ   3º PREMIO: “Confluencia de semicírculos” Manuel Boullón Pérez 4º ESO 

Aquí tedes o word cos gañadores

E aquí todas as fotos do concurso

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa participación e ata o próximo curso!

 

PORTAS ABERTAS MATEMÁTICAS

Como proba da solidez das cúpulas de Leonardo, o alumnado da ESO levantou a cúpula que tiñan construído para o Día de Portas Abertas.

Aquí tedes os vídeos.

Cúpulas de Leonardo

Dentro do proxecto de centro deste curso "Interxerando" o alumnado de 3º ESO actuou como titor do de 1º ESO para axudarlles a facer as cúpulas de Leonardo da Vinci. O certo é que os máis pequenos da ESO colleron enseguida a rutina das cúpulas e o fixeron moi, moi ben!

 

Aquí podedes ver todas as fotos. 

 

V CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA. INTERXERANDO

Un ano máis celebramos o noso concurso de poesía matemática, este ano coa temática ”Interxerando”.

 Queremos agradecer ao noso alumnado a capacidade que tivo para emocionarnos cos seus fermosos versos e de mostrarnos a todas e todos que os retos si son posibles sempre que se pon empeño.

 Parabéns ás persoas gañadoras e grazas pola vosa participación!

 1º PREMIO   “Sentimentos”  de  Sheila Ageitos  4º ESO

2º PREMIO  “A arte das matemáticas= herdanza de familia” de Anxo Tarrío  3º ESO

3º PREMIO   “Multiplicarse e dividirse”  de  Saleta Rivo  2º ESO

Aqui tedes todas as fotos, vídeos e poesías gañadoras. 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA INTERXERANDO 2023

Os gañadores do X Concurso de Fotografía Matemática do curso 2022-2023 (Interxerando) son:

  • 1º PREMIO: “Vórtice xeracional”.Xián Rial Figueira, 4º  
  • 2º PREMIO:“Simetría ancestral” . Manuel Boullón Pérez 3º         
  • 3º PREMIO: “Escala familiar” Mateo Tourís Abuín 2º 

 

Parabéns aos premiados.

Aquí tedes todas as fotos presentadas.

PROXECTO LEONARDO 21-22

Este curso o departamento de Matemáticas levou a cabo o Proxecto Leonardo que podedes consultar no enlace:

PROXECTO LEONARDO 21-22

IV CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA

IV CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA

Un ano máis celebramos o día 12 de maio, día escolar das matemáticas, o noso concurso de poesía.  Queremos felicitarvos pola calidade das obras presentadas, cada ano facédelo mellor, é un auténtico pracer lelas!                            

As persoas gañadoras do IV Concurso de Poesía Matemática do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón son:

 

1º PREMIO- “AUSENCIA”   Samuel Baleirón Torres 4º ESO

AUSENCIA



Dende a suave forma dos teus beizos

 

ata o volume da tua face.

 

Todo iso desapareceu

 

sen fórmula posible que o explique.

 

E sen calculalo nin cotexalo , descubríchenos,

 

descubríchenos ese espazo que ocupabas

 

ese espazo, que agora chamo vacío

 

que por moito que tente, parece que é infinito.




Samuel Baleirón Torres. 4º ESO

 

2º PREMIO- “90, 60, 90”    Naira Ferreirós Bustelo 3º ESO A

90, 60, 90



90, “se tes máis de 90 centímetros pareces un home”; ela  puxo roupa frouxa

60, “se tes máis de 60 centímetros estás gorda”; ela deixou de almorzar

90, “se tes menos de 90 centímetros, estás moi delgada”, ela púxose a chorar

Agora tenta esquivar os espellos para que non a devoren.



Naira Ferreirós Bustelo. 3º ESO A

 

3º PREMIO-  Temos un empate entre:

 

                   “DOUS”    Laura Mariño Bello 3º ESO A

DOUS

Dous ollos, dúas orellas

e ata dous buratos no nariz!

Dous perfectos beizos que serven para sorrir.

 

Dúas pernas e dous brazos,

catro extremidades para nos mover,

convosco podo dar abrazos,

e ata cansarme de correr!

 

Dous, que número tan máxico,

tan bonito para min,

sen ti nada sería posible,

non podería vivir.



Laura Mariño Bello 3º ESO A

 

 

“O CORPO”     María Rodríguez Romero 4º ESO

O CORPO

 

O corpo non é matemática redonda.

Parecería máis un número irracional

ou unha fórmula sen demostración descuberta. 

 

O corpo non é matemática

porque inventou un sistema que permite medir

as bágoas, os berros e os sorrisos.

 

O corpo non é matemática 

porque por moito que aprenda dos gráficos

segue xogando co valor do improbable.

 

O corpo non é matemática

porque aínda que mido 1 metro 65, 

son capaz de tocar as estrelas.

 

O corpo non é matemática.

Porque é o único capaz de operar 

e ver a beleza 

do Syntax Error.



María Rodríguez Romero. 4º ESO

 

        

ENLACE ÁS POESÍAS PARTICIPANTES

GALERÍA DE FOTOS

O alumnado tamén recitou e gravou o recitado das poesías nuns audios que podedes escoitar accedendo ao enlace:

AUDIOS

 

Powered by Drupal - Design by artinet