Moitas grazas, Mercedes, por todo o que nos aportas!
Aquí puedes ver todas las fotos. https://drive.google.com/drive/folders/12QSrJxDK3cJIc-IAAVv0ubFKtqddG7lU
Moitas grazas, Mercedes, por todo o que nos aportas!
Aquí puedes ver todas las fotos. https://drive.google.com/drive/folders/12QSrJxDK3cJIc-IAAVv0ubFKtqddG7lU
Marta Ríos e MUS-E
O martes 28 de maio contamos con Marta Ríos grazas ao programa MUS-E.
Marta é mestra de infantil aínda que agora xa non exerce. Traballa dende hai moitos anos de actriz en Talía teatro e como monitora na Escola Municipa lde Teatro de Ames. Tamén organiza obradoiros de emocións e de teatro noutros Centros de ensino. Ela asesorounos moi ben na montaxe da obra teatral que prevemos estrear co alumnado de sexto de cara a finais de curso, unha obra que mestura diferentes linguaxes cunha temática centrada no coidado da natureza.
No seguinte enlace podedes ver todas as fotos
https://drive.google.com/drive/folders/18yAg8DzELSZdBTFIUzaGIJtpbPETUwJx
Colaboramos no NotiFYME marzo-abril.
https://fundacionyehudimenuhin.org/inicio-del-programa-mus-e-del-curso-2023-2024-en-el-cpi-eusebio-lorenzo-baileron/
Poñemos punto final ao noso recanto MUS-E
pegando as fotos e debuxos da última sesión con Mercedes. Lugar de parada obrigatoria para lembrar as sensacións vividas e os momentos compartidos.
Aquí podedes ver todas as fotos
No día de hoxe convidamos ás familias a compartir connosco as vivencias MUS-E. Na súa compaña continuamos explorando o fondo submariño, remamos e despregamos velas co Amaren xango, fixemos un exercicio de co-creación utilizando diferentes áreas artísticas. Establecemos confianza e comunicación coa outra persoa sen xulgar as accións.
A partir dun exercicio de relaxación escoitamos de forma activa unha música de Bach que despois representamos con cores nun papel. Este debuxo serviunos para guiar a traxectoria dos movementos que fixemos con varias partes do corpo.
O proceso traballa a solidariedade colectiva.
Máis fotos no seguinte enlace:
Hoxe con sexto traballamos o relaxamento e a visualización de floresta.
Exploramos os movementos de árbores e de diferentes animais.
Coa axuda de Hector no piano, montamos unha primeira proposta para o baile da peza de teatro.
Con terceiro e primeiro tamén empezamos con relaxamento pero a visualización foi do fondo do mar. Tamén se experimentamos os movementos dos animais e plantas mariñas.
O seguinte exercicio foi explorar a selva con personaxes de leóns, serpes e exploradores curiosos.
Enlace a todas as fotos da actividade:
Aquí podes ver todas as fotos da actividade.
Na segunda sesión MUS-E con Mercedes o alumnado de primeiro de ESO e terceiro e quinto de Primaria continuamos desenvolvendo actividade de música e movemento en torno ao tema deste curso centrado nos animais. Así, fixemos un quecemento de mobilidade articular con A pinga de auga. Continuamos coas danzas A rosa e o cravo, O caranguexo e para rematar A danza do oso.
Aquí tedes todas as fotos da actividade.
Unha vez rematadas as sesións, adicámonos a recoller, debuxos, frases, opinións e fotos. Quedounos ben lindiño o recanto MUS-E!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |