IGUALDADE 20-21

SOMOS COLECTIVO

O alumnado de 3º de ESO quixo rendir unha homenaxe ao colectivo LGTBI e para facelo, pintou unha bandeira coas cores máis fermosas do mundo que despois colocou no corredor das aulas de secundaria.

TRABALLAMOS POLA IGUALDADE. SOMOS COLECTIVO!!

 

O proceso de colocación podedes velo na GALERÍA DE FOTOS

OBRADOIRO PARA 3º e 4º DE ESO

O mércores 21 de abril, o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu unhas charlas sobre empoderamento masculino e feminino e sobre o papel do home e da muller na actualidade. Coidamos que será útil para o futuro dos nosos adolescentes.

 

Moitas grazas aos poñentes, compañeiro e compañeira docentes, xente implicada na educación en igualdade.

8M

Conmemoramos o 8M coa realización dun pequeno mural no corredor das aulas de secundaria.

Foi obra do alumnado de 3º de ESO voluntario de biblioteca.O resto do alumnado colaborará escribindo consignas nas pancartas en branco.

Con este traballo tentamos reivindicar o rol da muller na sociedade, á espera de que esta sexa , cada vez , máis igualitaria.

 

 

 

GALERÍA FOTOS

GALERÍA FOTOS II

O alumnado de 6º fixo ademais un traballo sobre a muller na historia que mostra unha liña de tempo con diferentes figuras femininas de renome:

GALERÍA DE FOTOS

 

 O alumnado de 5º elaborou unha exposición  na que se recolle a historia das profesións das mulleres do seu entorno familiar e veciñal:

GALERÍA FOTOS

 

Tamén se organizou un concurso de microrrelatos co alumnado de ESO relacionado con esta conmemoración. A información sobre o concurso son as seguintes e poden ser tamén consultadas no Faceboook de " O Noso Eusebio" ( https://www.facebook.com/100016566017465/posts/868128847082641/ )

BO NADAL CON LINGUA DE SIGNOS

 

O alumnado de 2º de Primaria desexounos un Bo Nadal interpretando unha canción con lingua de signos. Marabilloso traballo, moi emotivo.

GRAZAS PEQUEN@S!!!!!

ENLACE AO VÍDEO

25 DE NOVEMBRO

 

Conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia Cara as Mulleres creando unha fermosa exposición cos nosos corazóns violetas. O alumnado de todo o centro recortou  corazóns de cor violeta nos que escribiron poemas  relacionados co tema que se conmemora este día.

 

GALERÍA DE FOTOS

Os corazóns de tod@s foron colgados no espazo do patio de primaria onde xa, noutros cursos, realizáramos outras exposicións ao respecto da igualdade.

GALERÍA DE FOTOS

Ademais disto, o alumnado e profesorado novo atravesou a porta violeta colocando unha foto de cada un deles.

GALERÍA DE FOTOS

Tamén puxemos as máscaras e camisetas co lema DODRO EN NEGRO que nos enviou o Concello para compartir con eles esta conmemoración.


 

GALERÍA DE FOTOS

Finalmente, cada grupo, visitou a exposición facendo unha reflexión sobre o tema tratado na mesma.

GALERÍA DE FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet