Rede de Centros Escolares Solidarios

CARTEIS CAMPAÑA 2016-17

Xa temos o noso cartel deste curso para a campaña contra o maltrato animal. A idea e o lema foi do alumnado de 4º  e 2º de ESO e o deseño e realización foi a cargo do deseñador gráfico José Luis Estévez, que xa participou con nós na campaña do curso pasado.

Esta vez veunos dar unha clase práctica sobre o programa Illustrator despois de que realizáramos unha sesión de fotos co fotógrafo de La Diapo. Á sesión  asistiron, cos seus animais de compañía, alumnos de 2º e 1º de ESO, algunha profe e unha voluntaria que participou coa súa cadela.

Aquí deixo unha proba gráfica do momento da actividade, máis abaixo publico o cartaz da campaña, coma sempre en galego e en inglés, e un enlace á galería onde podedes ver as fotos realizadas polo fotógrafo. Merece a pena, non o perdades!!.

El pequeño Totó esperando para entrar al estudio

 

  

 

Agadecementos a todos os participantes,aos pais e nais que esperaron pacientemente a que rematara a actividade e, en especial a Priscila, Chula, Chata, Púa, Totó, Nola, Yako, Toby, Gordi, Aslhan, Winky, Blue e Woody ... 

ENLACE GALERÍA FOTOS

NOVAS DE XORNAIS SOBRE A CAMPAÑA

NOVAS XORNAIS II

MÁIS NOVAS 

 

 

TRABALLO SOLIDARIO

TRABALLO REALIZADO SOBRE  A OBRA  EL BESO DEL SÁHARA ,

DE GONZALO MOURE POLO ALUMNADO DE 3º DE ESO

 

Durante o primeiro trimestre o alumnado de 3º de ESO, na materia de Lingua Castelá e Literatura, estivo traballando coa obra El beso del Sáhara, de Gonzalo Moure.

A novela conta o encontro dunha rapaza española que viaxa ao Sáhara xunto cos seus país e alí coñece a unha nena saharaui da súa idade. Ao bicarse, por arte de maxia, prodúcese un intercambio entre elas e cada unha habitará a partir de aí no corpo da outra. Deste xeito, as dúas coñecerán unhas formas de vida moi diferentes ás súas, outros costumes, outra cultura…

Tras a lectura individual da obra, realizmos na clase unha charla-coloquio na que o alumnado expresou  as súas impresións sobre a novela e sobre o tema que se plantexa.

A partir de aquí, comezaron un labor de investigación sobre o Sáhara, o seu conflito principal, as causas que levaron a esta situación e a forma de vida nos campamentos, así coma das reivindicacións do pobo saharaui.

Coa información recabada e con fragmentos da obra significativos confeccionaron unha exposición na que puxeron de relevo:

-A localización xeográfica do Sáhara e os campamentos.

-Cal é o conflito?

-Como se desenvolveu  historicamente?

-A descrición dos campamentos.

-As diferenzas culturais entre españois e saharauis.

-A situación actual e as organizacións que  actúan de forma solidaria co Sáhara dende o noso país.

Con este proxecto as alumnas/os de 3º de ESO achegáronse a un problema humanitario de actualidade e moi cercano. Comprenderon a inxustiza que se está a cometer con todo un pobo e puxéronse na pel dos que o sufren cada día.

VANTAXES DE TER ANIMAIS DE COMPAÑÍA

 

Dende o Departamento de Inglés recibimos unha nova actividade realizada polo alumnado de 1º de ESO. Consiste nun power point que podedes ver no ENLACE e que nos pon ao día dos beneficios que os donos poden obter dos seus animais de compañía. Desfrutade del!!

UN ANO MÁIS O NOSO VÍDEO

Coma en anos anteriores o alumnado de 4º de ESO elaborou un vídeo musical sobre a temática escollida para o Proxecto de Centro e relacionado cun tema solidario. Participaron diferentes departamentos: Música, Plástica e Lingua Castelá e tratouse o tema dos refuxiados. Esta actividdae foi coordinada de xeito que complementou a outras levadas a cabo durente o curso como o traballo realizado no club de debate, lecturas relacionadas no club de lectura e charlas de Ahmad Matar e da grupación Saín sobre a grave situación das persoas desprazadas e os campos de refuxiados. Tamén está relacionada co traballo do alumnado de 5º de primaria A Expresión do Medo.

Aquí vos deixo enlaces a algunha destas publicacións:

 Visita de Ahmad e Leticia

 Solidariedade cos refuxiados

A expresión do medo

Noraboa a todos por este gran traballo!!!

Esperamos que vos guste!!!

ENLACE AO VÍDEO

UN NOVO RESCATE

 

 

 

 

Como xa aconteceu en anteriores ocasións con canciños da contorna, apareceu unha cadeliña pola rúa. Corría o risco de ser atropelada e a recollimos. Os alumnos de 2º de ESO encargáronse dela mentres investigábamos de onde podería ter vido. Finalmente localizamos ao dono. Escapáralle da casa por un burato que fixo ela...parece ser que é un pouco aventureira. O dono mostrouse moi agradecido e a cadela feliz de reunirse de novo con el.

 

Unha boa acción. Grazas alumnos e alumnas pola vosa implicación!!!

EXPOSICIÓN SOBRE ESTERILIZACIÓN

Un grupo de alumnos de 4º de ESO preparou unha expoosición para concienciar ao resto da comunidade educativa da necesidade de esterilizar os animais de compañía para evitar os probelams ocasionados polas superpoboacións de cans e gatos. Falaron das consecuencias deste problema, do proceso de esterilización e dos seus beneficios. Aquí tedes unhas fotos do momento da explicación.

 

 

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN CLÍNICAS VETERINARIAS

Momento no que o alumnado de 4º de ESO contacta con diferentes clínicas veterinaria para solicitar a súa colaboración no noso proxecto da campaña anual.

 

A redacción da misiva foi a seguinte:

 

Estimado/a señor/a:

 

  Con motivo da campaña sobre a que estamos a traballar no CPI Eusebio Lorenzo Baleiron de Dodro acerca da esterilización animal, propoñemos que colabore con nós neste proxecto.

 Para iso suxerimos posibles actuacións dende os centros veterinarios:

 - Promover campañas sobre a esterilización.

- Ofrecer prezos axeitados que permitan a todo tipo de público acceder a este servizo.

- Participar ofrecendo charlas nos centros educativos.

-  Espallar a mensaxe entre os seus colegas profesionais dentro e fóra da nosa comunidade.

- Concienciar á cidadanía e evitar e sufrimento ocasionado ás poboacións de cans e gatos non controladas.

 

   Agradecendo de antemán a súa colaboración reciba un cordial saúdo.

 

   O alumnado de 4º da ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

 

 

¿SUEÑAN LOS PERROS?

O alumnado de 4º de ESO realizou unha lectura sobre capítulos escollidos do libro que leva por título "¿Sueñan los perros?. Casi todo lo que tu perro querría contarte" deStanley Coren, da Editorial Dogalia. Ditas lecturas foron tamén comentadas e resultaron moi interesantes xa que o alumnado aprendeu cousas sorprendentes relacionadas co mundo canino.

DONACIÓNS

Este curso o alumnado e profesorado do centro foi moi solidario coas donacións para o refuxio de animais de Vilagarcía de Arousa. Aquí podedes ver o momento en que trasladamos, con axuda do alumnado de 3º de ESO, os enseres donados por familias e profes.

 

A CAMPAÑA CONTINÚA

O alumnado de 4º de ESO escribiu cartas que serán enviadas a diferentes clínicas veterinarias da contorna para solicitar que se promova campaña deste novo curso que está  centrada na necesidade de esterilizar para evitar abandonos e maltrato en cans e gatos.

Aquí podedes ver a mostra da carta escrita e unha foto do momento no que se realizou esta actividade:

 Estimado/a señor/a:

 Con motivo da campaña sobre a que estamos traballando no CPI Eusebio Lorenzo Baleiron de Dodro acerca da esterilación animal, propoñemos que colabore con nós neste proxecto.

 Para iso suxerimos posibles actuacións dende os centros veterinarios:
 
 - Promover campañas sobre a esterilización.
 - Ofrecer prezos axeitados que permitan a todo tipo de público acceder a este servizo.
 - Participar ofrecendo charlas nos centros educativos.
 - Espallar a mensaxe entre os seus colegas profesionais dentro e fóra da nosa comunidade.
 - Concenciar á cidadanía e evitar o sufrimento ocasionado ás poboacións de cans e gatos non controladas.
 
    Agradecendo de antemán a súa colaboración reciba un cordial saúdo.
 
    O alumnado de 4º da ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Powered by Drupal - Design by artinet