Agradecemos a Óscar Reboiras a visita ao club de lectura da veciñanza e tamén a súa achega, que recollemos encantadas, a lectura da obra de Fabio Rivas, un feixe de relatos curtos publicados co título "A pintura debida". Animádevos a ler con nós!
Agradecemos a Óscar Reboiras a visita ao club de lectura da veciñanza e tamén a súa achega, que recollemos encantadas, a lectura da obra de Fabio Rivas, un feixe de relatos curtos publicados co título "A pintura debida". Animádevos a ler con nós!
Este venres, o alumnado de 2º e 3º de secundaria gozou do obradoiro de teatro corporal dirixido por María Torres, da compañía Elefante Elegante. Grazas María! Agora toca o obradoiro coa rapazada de infantil e primaria acompañados das nais, país, avoas ....
Aquí tedes todas as fotos da actividade.
AVISO IMPORTANTE.
Foi aprazado o obradoiro de teatro corporal de hoxe.
Este venres 5 de maio veunos visitar o escritor Paco Nogueira, un espectáculo cultural moi entretido, unha forma diferente de transmitir o significado dos contos, un merecidísimo aplauso de toda primaria.
Aquí podedes ver as fotos e o vídeo da actividade.
O alumnado de 4º de primaria realizou unha actividade de apadriñamento lector cos seus compañeiros e compañeiras de 1º .
Leron aos máis pequechos o libro "Como axudo a Antón?" da Editorial Biosbardos. Trátase dun conto pedagóxico que fala do bulling e co que se tenta sensibilizar ao alumnado contra o acoso escolar.
ANÍMATE A PARTICIPAR COMO VOLUNTARIO NA NOSA BIBLIOTECA!!!!
A editorial Kalandraka ofrece novos títulos para o verán:
Tamén ofrece acceso á canle de televisión dixital KALANDRAKA.TV:
E LEMBRADE, SE VÓS LEDES, ELES LEN!
no seu despregar
O equipo de dinamización da biblioteca expoñerá durante a xornada de portas abertas do día 21 de xuño, unha serie de títulos recomendados para o verán. Podedes collelos emprestados ese mesmo día. Animádevos a ler estas vacacións!!!.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |