Onte recibimos a vista de CA.SA.GA, a Unidade Canina de Rescate Cans de Salvamento de Galicia, que nos ofreceron un obradoirio moi interesante e moi instrutivo. Coa colaboración de Anca, Thor e Arnold, poidemos aprender cousas relacionadas co traballo de rescate e procura de persoas que realiza esta unidade e tamén recomendacións sobre a tenencia responsable de animais de compañía...incluso nos explicaron como recoller os excrementos dos nosos cans e cadelas, unha acción simple pero moi cívica que tod@s debemos realizar.
Despois realizaron unha demostración do traballo cos cans na que "rescataron" a varios alumnos e alumnas ...incluso a Manuel Alonso de 4º de ESO que estaba moi ben camuflado nunha árbore.....
MOITAS GRAZAS AO PERSOAL DE CA.SA.GA E A THOR, ARNOLD E ANCA!!