Educación Plástica e Visual

OLLOBOI 2020

O noso alumnado participa na convocatoria dos premios Olloboi 2020. Tres dos vídeos elaborados durante o confinamento foron seleccionados e agora toca votar!!

Os vídeos seleccionados foron:

"Viruspacito", de Xián Rial (1º ESO) e Adela Rial (2º Primaria).
"Confinamento nunha casa vs nun piso", de Adela Recarey (1º ESO).
 "Desescalando poemas", dos grupos 2º ESO A e 2º ESO B.

Para votar teredes que entrar no enlace, baixar na páxina ata "Olloboi COVíD-eo doméstico", picar no/s vídeo/s seleccionados e votar.

Lembrade que hai dúas categorías: o Premio do Público e o Premio do Equipo Olloboi. Para o Premio do Público precisamos da vosa colaboración, pois recibirao o VÍDEO MÁIS VOTADO. Podedes votar por máis dun vídeo, mais un único voto por cada un.

Grazas a todos pola vosa colaboración!!

ENLACE AOS VÍDEOS E VOTACIÓN

 

TRABALLO DE PLÁSTICA


O mural, feito polo alumnado de Educación Plástica Visual e Audiovisual de 4º de ESO, é unha interpretación da última escena da película ´´Tiempos Modernos´´  de Chaplin .

O alumnado realizou os bocetos nun programa informático a escala e elaborou o mural nunha das paredes da propia aula de Plástica.

De entre todos os bocetos foi escollido o máis axeitado e, unha vez lixada a parede e logo dunha capa de pintura cor branco calcaron, con axuda dun proxector, todas as siluetas e pintaron usando a variación das seis tonalidades de  azuis que se poden atopar.

MAGNÍFICO TRABALLO!!!!

 

VÍDEO DIDÁCTICO

Dende o departamento de Plástica e Visual e dentro do Proxecto do Centro que este ano ten como tema o cine, realizouse a grabación dun vídeo didáctico que pretende sensibilizar ao respecto do trato aos animais. Foi realizado polo alumnado de 3º de ESO e contou coa colaboración do profesor de Lingua Francesa e unha actriz moi especial. Sopa, ese é o seu nome, dá vida a Troski no vídeo ao que podedes acceder dende o enlace ao final da páxina.

Mentres tanto unhas de fotos do momento da grabación.....

De volta ao centro, o alumnado de 4º de ESO recibiu a Sopa e deulle mimos todos cantos quixo...ela encantada.

 

ENLACE AO VÍDEO

CLASES CON ALFONSO ZARAUZA

Recibimos como en anos anteriores a visita do director de cine Alfonso Zarauza que nos asesora á hora da grabación e realización do  vídeo que curso tras curso elaboran os departamentos de Música e Debuxo.

O alumnado que recibe o obradoiro é o de 4º de ESO. Aquí tedes unha mostra.

  

Retratos.

Para ver as fotos do taller de fotografía preme no enlace.

Retratos. Viaxe no tempo

PROGRAMACIÓN DE AULA 2014-2015

                     

 

1. EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

1º  E.S.O.

 

OBXECTIVOS

- Comprensión dos elementos fundamentais que constitúen a Arte.

- Coñecemento das técnicas e recursos expresivos necesarios para transmitir un concepto.

- Desenvolver a capacidade de análise crítica das imaxes.

- Aprezar a Arte coma un patrimonio colectivo; a conservación do legado cultural.

- Respectar as diferentes manifestacións artísticas sen perder o espírito crítico.

- Emprego axeitado da terminoloxía artística.

- Favorecer a colaboraión e a interacción entre os alumnos.

CONTIDOS MÍNIMOS

- Aprezar as formas básicas na Arte bidimensional.

- Diferenciar entre cores e tons. Coñecer os seus significados.

- Coñecer os recursos técnicos básicos.

- Aprezar as variacións formais táctiles e visuais e a súa utilidade.

- Entender o uso fundamental do vulto na Arte.

- Aprender a compoñer obras.

- Introducirse nos sistemas de representación e nos seus elementos básicos, comprendendo o seu sentido e utilidade.

- Entender a influencia da Arte na vida cotiá.                                                                                                          

TEMPORALIZACIÓN E SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS

1ª AVALIACIÓN

-A LIÑA (6 sesións)

-A FORMA (6 sesións)

-Uso escuadra e cartabón.

-A COR (8 sesións)

2ª AVALIACIÓN

-A PERCEPCIÓN VISUAL e as TIC(8 sesións)

-Construcción de polígonos(8 sesións)

-A FIGURA HUMANA (6 sesións)

3ª AVALIACIÓN

-O VOLUME (8 sesións)

-A TEXTURA (8 sesións)

METODOLOXÍA

O desenvolvemento da asignatura terá un carácter fundamentalmente práctico, integrando os diferentes eidos visuais e teóricos nas actividades a

desenrolar na aula. Para iso empregaranse todos os medios audiovisuais posibles (diapositivas, vídeo, textos...). Tamén prantexarase a posibilidade de

realizar actividades fóra do espacio lectivo.

O coñecemento visual básico dos elementos fundamentais da Arte, a utilización correcta da linguaxe e a creación de obra plástica.

O uso axeitado dos materiais de traballo, tanto individuais coma colectivos, é un dos elementos fundamentais desta asignatura.

Ao final do curso realizarase unha exposición colectiva dos traballos máis significativos.

AVALIACIÓN

 Ó inicio de cada unidade didáctica realizarase unha avaliación inicial para coñecer os coñecementos previos do alumnado. Realizarase unha avaliación

continua que constate a evolución de cada un dos alumnos, desenrolando o concepto de “caderno de campo”, no que se recollan os contidos teóricos

desenvolvidos na aula e fóra dela e o proceso creativo en tódalas súas etapas (concepción, bosquexo, obra final), sempre que sexa posible.

Haberá un seguimento da asimilación dos conceptos teóricos a traveso de pequenas probas escritas.

Cada unha das unidades didácticas conterá actividades que dean lugar a obras susceptibles de seren avaliadas de acordo cos seguintes aspectos:

- Capacidade expresiva.

- Creatividade.

- Uso de materiais (cada alumno debe facerse responsable dos elementos que necesite ou lle sexan requiridos para os traballos e exercicios, así como de traelos sempre que sexa preciso).   

- Aplicación dos conceptos teóricos.

- Senso estético.

- Uso do vocabulario específico.

- Capacidade de observación.

-En xeral, a recuperación desta asignatura realizarase entregando todos os traballos non realizados no seu momento, refacendo aqueles que o profesor

determine como necesarios, ou a través de exercicios novos de reforzo dos conceptos que o docente considere necesario reforzar

A actitude do alumno perante a asignatura, a súa regularidade e hábitos no traballo así como no caderno serán valoradas especialmente.

-En xeral e para estabrecermos porcentaxes, necesarias a nivel estadístico, os coñecementos teóricos valerán un 30% da nota, os procedementos

un 50% e a actitude un 20%. Non acadar o aprobado en calquera destes apartados suporá o suspenso na asignatura.  

-1ª AVALIACIÓN: contémplase unha proba escrita na segunda semana de decembro.

-2ª AVALIACIÓN: realizarase unha proba escrita a segunda semana de marzo.

-3ª AVALIACIÓN: o exame final terá lugar a segunda semana de xuño

COMPETENCIAS BÁSICAS

-Comunicación lingüística: a asignatura potenciará o uso do vocabulario específico, tanto no que atingue á terminoloxía artística como no referente á xeometría.

-Competencia matemática: xa dende a escola pitagórica estabrécense lazos entre a aritmética e a xeometría, unha das polas máis importantes desta asignatura.

Neste curso recollerase ese espírito.

-Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: a creación de obra de seu é outro dos piares desta asignatura, sendo unha labor que require

capacidade de observación e de análise do que nos arrodea, dende un prisma de respecto ao entorno que parte da súa valoración inicial.

-Tratamento da información e a competencia dixital: o uso dos medios de comunicación de masas, a súa utilización como ferramentas e non como un xeito de encher

o tempo de lecer.

-Competencia social e cidadá: o respecto ás obras dos compañeiros, a súa crítica e análise poderado, conleva a creación de recursos de relación co seu entorno social

inmediato, extrapolable á súa vida social allea ao centro educativo.

-Competencia para aprender a aprender: o proceso de creación no eido plástico conleva a asimilación de conceptos teóricos que desembocan nunha obra física; isto fai

que se reforce a aprendizaxe, xa que na arte non ten senso a mera asimilación de teoría, o debuxo técnico non se concibe se non ten unha materialización.

-Competencia e iniciativa persoal: o traballo creativo conleva unha necesaria reflexión e deriva dunha secuencia na que é indispensable tomar decisións que teñen unha

plasmación tanxible, na que a aportación persoal, o concepto a transmitir, fica ao dispor do posible observador. Con isto se afianza a asunción da mensaxe, do concepto

que se desexa trasladar e a súa reponsabilidade como artistas.

 

                                               2.   EDUCACIÓN PLÁSTICA  E VISUAL 3º E.S.O.

 

OBXECTIVOS

- Valorar a linguaxe visual e plástica como medio de expresión.

- Recoñecer e diferenciar os elementos básicos do código visual

- Adquirir autonomía expresiva.

- Analizar a cor dun xeito sistemático.

- técnicas de debuxo ao natural, encaixe e claroscuro.

- Coñecer os medios tecnolóxicos aplicables ao debuxo e o deseño.

- Comprender a idea de espacio representando as tres dimensións, por contraste, analoxía de formas, diferencias de tamaño, superposicións.

- Iniciación do coñecemento de linguaxes visuais específicas (fotografía, cinema, televisión, tebeos...).

- Introducción ao debuxo técnico (segmentos, circunferencias, formas poligonais, fundamentos dos sistemas de representación).

- Utilización axeitada dos materiais para a realización dun debuxo de precisión.

- Experiencias individuais e de grupo, mostrando actitude de cooperación, constancia e coidado do material.

- Respectar as obras dos compañeiros.

- Coñecemento xeral da Historia da Arte: figuración, realismo, impresionismo, expresionismo, abstracción. Facer énfase no noso entorno.

CONTIDOS MÍNIMOS

- Aprezar as características plásticas e visuais nas formas naturais ou artificiais do noso entorno.

- Diferenciar entre cores primarias, secundarias e gamas de cor. Empregalas axeitadamente nos traballos.

- Describir os elementos das mensaxes visuais.

- Representacións plásticas atendendo á distribución de masa, proporción e empregando diferentes cores e texturas.

- A linguaxe audiovisual.

- Técnicas plásticas.

- Comprender a idea de relevo e de volume.

- Debuxo do natural, volume e sombras.

- Instrumentos de precisión para o trazado de debuxos técnicos.

- Trazado de elementos xeométricos planos básicos

- Fundamento dos sistemas de representación.

 

TEMPORALIZACIÓN E SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS

1ª AVALIACIÓN

- Elementos arquitectónicos .Concepto de Pranta, Alzado e Perfil diédricos.(8 sesións

- Guión literario, guión técnico e story board..(8 sesións)

- O deseño I.(8 sesións)

2ª AVALIACIÓN

- A Luz e a Cor: mesturas aditivas e sustractivas. Monet e a luz.O Bosquexo no proceso creativo. Práctica.(6 sesións)

- O Volume: realización dunha escultura con material reciclado.(8 sesións)

- Os Medios de Comunicación de Masas. Montaxe dunha curta.(8 sesións)

3ª AVALIACIÓN

- Técnicas de reprodución gráfica.(10 sesións)

- Introducción ao debuxo técnico . Sistemas axonométricos.(8 sesións)

METODOLOXÍA

O desenvolvemento da asignatura terá un carácter fundamentalmente práctico, integrando os diferentes eidos visuais e teóricos nas actividades a desenrolar na aula.

Para iso empregaranse todos os medios audiovisuais posibles (diapositivas, vídeo, textos...). Tamén prantexarase a posibilidade de realizar actividades fóra do espacio lectivo.

O coñecemento visual básico dos elementos fundamentais da Arte, a utilización correcta da linguaxe e a creación de obra plástica.

O uso axeitado dos materiais de traballo, tanto individuais coma colectivos, é un dos elementos fundamentais desta asignatura.

Ao final do curso realizarase unha exposición colectiva dos traballos máis significativos.

AVALIACIÓN

Ó inicio de cada unidade didáctica realizarase unha avaliación inicial para coñecer os coñecementos previos do alumnado. Realizarase unha avaliación

continua que constate

a evolución de cada un dos alumnos. Para iso desenrolarase o concepto de “caderno de campo”, no que se recollan todos os contidos teóricos desenvolvidos

na aula e fóra dela,

o proceso creativo en todas as súas etapas (concepción, bosquexo, obra final cando isto sexa posible pola cuestión do tamaño do soporte).  Sen entregar o

caderno á fin de cada

avaliación e ao remate do curso non será posible aprobar.

Procurarase personalizar a avaliación potenciando o coñecemento individual e das circunstancias que podan influír no labor do alumno atendendo ao seu rendemento, á súa actitude e ao seu interese.

Haberá probas teóricas nas que se recollan os conceptos tratados na clase.

Cada unha das unidades didácticas conterá actividades dabondo que dean lugar a obras susceptibles de seren avaliadas de acordo cos seguintes aspectos:

- Capacidade expresiva.

- Creatividade.

- Uso de materiais (cada alumno debe facerse responsable dos elementos que necesite ou lle sexan requiridos para os traballos e exercicios, así como de traelos sempre que sexa preciso) .

- Aplicación do coñecemento teórico adquirido.

- Senso estético.

- Uso do vocabulario específico.

- Capacidade de observación.

A actitude do alumno fronte a materia, no senso de hábito e regularidade, e a pulcritude na realización dos traballos e do caderno, serán valoradas especialmente. A actitude do alumno perante a asignatura, a súa regularidade e hábitos no traballo así como no caderno serán valoradas especialmente.

A recuperación desta asignatura realizarase entregando todos os traballos non realizados no seu momento, refacendo aqueles que o profesor determine como necesarios, ou a través de exercicios novos de reforzo dos conceptos que o docente considere necesario (exames ou exercicios prácticos).

En xeral e para estabrecermos porcentaxes, necesarias a nivel estatístico, os coñecementos teóricos valerán un 30% da nota, os procedementos un 50% e a actitude un 20%. Non acadar o aprobado en calquera destes apartados suporá o suspenso na asignatura.

1ª AVALIACIÓN: contémplase unha proba escrita na segunda semana de decembro.

2ª AVALIACIÓN: realizarase unha proba escrita a segunda semana de marzo.

3ª AVALIACIÓN: o exame final terá lugar a segunda semana de xuño.

COMPETENCIAS BÁSICAS

-Comunicación lingüística: a asignatura potenciará o uso do vocabulario específico, tanto no que atingue á terminoloxía artística como no referente á xeometría.

-Competencia matemática: xa dende a escola pitagórica estabrécense lazos entre a aritmética e a xeometría, unha das polas máis importantes desta asignatura. Neste curso recollerase ese espírito.

-Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: a creación de obra de seu é outro dos piares desta asignatura, sendo unha labor que require capacidade de observación e de análise do que nos arrodea, dende un prisma de respecto ao entorno que parte da súa valoración inicial.

-Tratamento da información e a competencia dixital: o uso dos medios de comunicación de masas, a súa utilización como ferramentas e non como un xeito de encher o tempo de lecer, é un concepto que se desenrola ao longo dos dous cursos do segundo ciclo do ESO.

-Competencia social e cidadá: o respecto ás obras dos compañeiros, a súa crítica e análise poderado, conleva a creación de recursos de relación co seu entorno social inmediato, extrapolable á súa vida social allea ao centro educativo.

-Competencia para aprender a aprender: o proceso de creación no eido plástico conleva a asimilación de conceptos teóricos que desembocan nunha obra física; isto fai que se reforce a aprendizaxe, xa que na arte non ten senso a mera asimilación de teoría, o debuxo técnico non se concibe se non ten unha materialización.

-Competencia e iniciativa persoal: o traballo creativo conleva unha necesaria reflexión e deriva dunha secuencia na que é indispensable tomar decisións que teñen unha plasmación tanxible, na que a aportación persoal, o concepto a transmitir, fica ao dispor do posible observador. Con isto se afianza a asunción da mensaxe, do concepto que se desexa trasladar e a súa reponsabilidade como artistas.

                

                                             3.   EDUCACIÓN PLÁSTICA  E VISUAL 4º E.S.O A

 

OBXECTIVOS

  • Potenciar a creatividade do alumno, as súas dotes de observación e investigación, e a aprendizaxe de técnicas de expresión e utilización de materiais diversos.

  • Aumentar as capacidades de análise crítica das mensaxes visuais.

  • Respectar outros xeitos de expresión distintos do propio e dos dominantes.

  • Desenvolver a sensibilidade e o gusto estético.

  • Manexar correctamente os instrumentos de debuxo, con precisión na medida e no trazado.

  • Coñecer os medios tecnolóxicos aplicables ao debuxo, o deseño e a fotografía.

  • Comprender os diversos sistemas de representación diferenciando claramente os seus elementos característicos.

  • Achegarse ao eido da fotografía dun xeito histórico, teórico e práctico.

  • Empregar axeitadamente a terminoloxía específica, oral e gráfica, da linguaxe plástica e visual.

CONTIDOS MÍNIMOS

  • Representación gráfico de obxectos do noso entorno, valorando os seus elementos básicos e describindo por medio de recursos plásticos as relacións de forma, cor, textura, ritmo, proporcións e situación espacial. Toma de apuntes.

  • Coñecer os soportes materiais e aparellos propios de cada técnica e utilizalos con corrección.

  • Percura de significados nunha mensaxe visual.

  • Coñecer os fundamentos dos sistemas de representación e as súas características diferenciais.

  • Representación de sólidos sinxelos nos diversos sistemas.

TEMPORALIZACIÓN E SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS

1º AVALIACIÓN

  • Debuxo artístico: o retrato (10 sesións).

  • O Deseño II.(12 sesións)

  • A fotografía.(14 sesións)

2ª AVALIACIÓN

  • A Imaxe e o Son. Introducción ao vídeo dixital.(10 sesións)

  • Realismo, figuración, impresionismo, expresionismo e abstracción.(8 sesións)

  • Sistemas de representación. (12 sesións)

3ª AVALIACIÓN

  • Os Medios de Comunicación de Masas. Montaxe dunha curta.(12 sesións)

  • Técnicas de reproducción artística. (12 sesións)

METODOLOXÍA

O desenvolvemento da asignatura terá un carácter fundamentalmente práctico, integrando os diferentes eidos visuais e teóricos nas actividades a desenrolar na aula. Para iso empregaranse todos os medios audiovisuais posibles. Tamén prantexarase a posibilidade de realizar actividades fóra do espacio lectivo.O carácter opcional da asignatura permite profundar nos elementos constituíntes da experiencia plástica, tanto no eido teórico coma no práctico.

Seguirase un proceso enmarcado na filosofía da tríade heideggeriana: homo ludens, homo faber, homo sapiens.

Prantexarase a posibilidade de facer visitas a monumentos e museos.

O uso axeitado dos materiais individuais e colectivos é un dos alicerces nos que se sustenta a asignatura

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

O alumno deberá  facerse responsable de traer o material mínimo, a saber: dous lapis de grafito, un duro e outro brando; pinturas plásticas ou témperas de cor maxenta, amarelo e cián e tonos branco e negro; dous pinceles, un groso e outro fino; un prato e un vaso, ámbolos dous de plástico, e un farrapo; cartolinas cando sexa necesario; un cortante e unhas tesoiras. Tamén  deberá dispor de regra, escadro, cartabón e compás e de folios.

O departamento proporcionará material específico para determinadas actividades (imprimacións, fotocopias, tintas de gravado…).

AVALIACIÓN

O inicio de cada unidade didáctica realizarase unha avaliación inicial para coñecer os coñecementos previos do alumnado. Realizarase unha avaliación continua que constate a evolución de cada un dos alumnos. Procurarase personalizar a avaliación potenciando o coñecemento individual e das circunstancias que poidan influír na laboura do alumno atendendo ao seu rendemento, á súa actitude e ao seu interese, facendo un seguimento do caderno de clase, convertido nun “caderno de campo” no que se recollan as bases teóricas dos traballos, o seu desenvolvemento (creación, bosquexo), e o resultado final, sempre que o soporte necesario non sexa outro, coma no caso da fotografía.

Valoraranse os apuntamentos recollidos ao longo das explicacións (tanto escritos coma debuxos).

Haberá probas escritas para asentar e avaliar os contidos teóricos desenvolvidos ao longo de todo o curso.

Cada unha das unidades didácticas conterá actividades dabondo que dean lugar a obras susceptibles de seren avaliadas de acordo cos seguintes aspectos:

  • Capacidade expresiva.

  • Creatividade.

  • Uso de materiais (cada alumno debe facerse responsable dos elementos que necesite ou lle sexan requiridos para os traballos e exercicios, especialmente de aqueles que proporcione o centro, así como de traelos sempre que sexa preciso).

  • Sentido estético.

  • Uso do vocabulario específico.

  • Capacidade de observación.

A actitude do alumno fronte á asignatura, os seus hábitos e regularidade e a pulcritude na realización dos traballos e do caderno, serán valoradas especialmente.

En xeral, a recuperación desta asignatura realizarase entregando todos os traballos non realizados no seu momento, refacendo aqueles que o profesor determine como necesarios, ou a través de exercicios novos de reforzo dos conceptos que o docente considere necesario reforzar (exames ou exercicios prácticos).

Para estabrecermos porcentaxes, necesarias a nivel estatístico, os coñecementos teóricos valerán un 30% da nota, os procedementos un 50% e a actitude un 20%. Non acadar o aprobado en calquera destes apartados suporá o suspenso na asignatura.

1ª AVALIACIÓN: contémplase unha proba escrita na segunda semana de decembro.

2ª AVALIACIÓN: realizarase un exame de debuxo técnico a terceira semana de febreiro,

e outra proba escrita a segunda semana de marzo.

3ª AVALIACIÓN: un exame de debuxo técnico a primeira semana de maio; o exame final

terá lugar a segunda semana de xuño.

-Procedementos para avaliar a propia programación.

teranse en conta os resultados obtidos no curso  de cara a potenciar os ámetos nos que se teñan detectado carencias e estimular aqueles nos que o alumno destaque particularmente. Analizarase a involucración dos alumnos nos distintos traballos asi como a eficacia dos mesmos cara o logro dos obxectivos marcados.

COMPETENCIAS BÁSICAS

-Comunicación lingüística: a asignatura potenciará o uso do vocabulario específico, tanto no que atingue á terminoloxía artística como no referente á xeometría.

-Competencia matemática: xa dende a escola pitagórica estabrécense lazos entre a aritmética e a xeometría, unha das polas máis importantes desta asignatura. Neste curso recollerase ese espírito.

-Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: a creación de obra de seu é outro dos piares desta asignatura, sendo un labor que require capacidade de observación e de análise do que nos arrodea, dende un prisma de respecto ao entorno que parte da súa valoración inicial.

-Tratamento da información e a competencia dixital: o uso dos medios de comunicación de masas, a súa utilización como ferramentas e non como un xeito de encher o tempo de lecer, é un concepto que se desenrola ao longo dos dous cursos do segundo ciclo do ESO.

-Competencia social e cidadá: o respecto ás obras dos compañeiros, a súa crítica e análise ponderado, conleva a creación de recursos de relación co seu entorno social inmediato, extrapolable á súa vida cotiá allea ao centro educativo.

-Competencia para aprender a aprender: o proceso de creación no eido plástico conleva a asimilación de conceptos teóricos que desembocan nunha obra física; isto fai que se reforce a aprendizaxe, xa que na arte non ten senso a mera asimilación de teoría, o debuxo técnico non se concibe se non ten unha materialización.

-Competencia e iniciativa persoal: o traballo creativo conleva unha necesaria reflexión e deriva dunha secuencia na que é indispensable tomar decisións que teñen unha plasmación tanxible, na que a aportación persoal, o concepto a transmitir, fica ao dispor do posible observador. Con isto se afianza a asunción da mensaxe, do concepto que se desexa trasladar e a súa reponsabilidade como artistas.






MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

O alumno deberá  facerse responsable de traer o material mínimo, a saber: dous lapis de grafito, un duro e outro brando; pinturas plásticas ou témperas

de cor maxenta, amarelo e cián e tonos branco e negro; dous pinceles, un groso e outro fino; un prato e un vaso, ámbolos dous de plástico, e un

farrapo; cartolinas cando sexa necesario; un cortante e unhas tesoiras. Tamén  deberá dispor de regra, escadro, cartabón e compás e de folios.

O departamento proporcionará material específico para determinadas actividades (imprimacións, fotocopias, tintas de gravado…).

benvidos

Benvidos ao departamento de plástica

Videoclip SOCAS APP

Powered by Drupal - Design by artinet