O mural, feito polo alumnado de Educación Plástica Visual e Audiovisual de 4º de ESO, é unha interpretación da última escena da película ´´Tiempos Modernos´´ de Chaplin .
O alumnado realizou os bocetos nun programa informático a escala e elaborou o mural nunha das paredes da propia aula de Plástica.
De entre todos os bocetos foi escollido o máis axeitado e, unha vez lixada a parede e logo dunha capa de pintura cor branco calcaron, con axuda dun proxector, todas as siluetas e pintaron usando a variación das seis tonalidades de azuis que se poden atopar.
MAGNÍFICO TRABALLO!!!!