No enlace podedes acceder á nosa revista en formato dixital!!.
Este curso, o alumnado de 3º e 4º de ESO, adicou parte do seu tempo a acondicionar unha zona exterior onde imos situar o noso "recuncho de acougo e canto" de xeito que teremos un lugar para o repouso e para facer actividades no exterior e lembraremos ao mesmo tempo ao poeta que dá nome ao noso centro.
Ata o de agora fixemos os carteis que marcarán o lugar onde teremos o recuncho e, unha vez rematados e colocados estes carteis, procederemos a acondicionar a zona de acougo cuns bancos feitos con troncos de árbores que a Comunidade de Montes Cruz de Avelán aportou xenerosamente e a quen lle agradecemos a súa colaboración.
Tamén foron colocados, coa colaboración de persoal do concello, unha mesa e un banco, este último cedido ao centro polo propio concello, a quen agradecemos a súa colaboración. Este espazo será utilizado para múltiples actividades dende merendas ata actividades académicas desenvolvidas á sombra das árbores.
Este é o vídeoclip " NON TES PREZO" deste curso 21-22 realizado polos departamentos de Música, Debuxo e Lingua Galega...e, por suposto, polo noso marabilloso alumnado de 4º de ESO!!!!!
XENIAL!!!!. ESPECTACULAR!!!!
PARABÉNS A TOD@S!!!!
"NON TES PREZO"
Este é o equipo de alumnado de sexto e profes voluntarios para poñer a horta a punto.
Mañá sairemos por grupos para plantar!
Grazas, chic@s!
Outros grupos iniciaron as labores primaverais no horto..
O alumnado de 4º de ESO desprazouse a Boiro para gravar a primeira parte do vídeoclip deste curso....non desvelamos información para manter a intriga pero sí adiantamos unhas fotos destes momentos da gravación:
Un grupo de alumn@s de sexto e varios profes preparamos o terreo para plantar.
A nosa compañeira Xulia planta ourego.
Moitas grazas, chic@s!
IV CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA
Un ano máis celebramos o día 12 de maio, día escolar das matemáticas, o noso concurso de poesía. Queremos felicitarvos pola calidade das obras presentadas, cada ano facédelo mellor, é un auténtico pracer lelas!
As persoas gañadoras do IV Concurso de Poesía Matemática do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón son:
1º PREMIO- “AUSENCIA” Samuel Baleirón Torres 4º ESO
AUSENCIA
Dende a suave forma dos teus beizos
ata o volume da tua face.
Todo iso desapareceu
sen fórmula posible que o explique.
E sen calculalo nin cotexalo , descubríchenos,
descubríchenos ese espazo que ocupabas
ese espazo, que agora chamo vacío
que por moito que tente, parece que é infinito.
Samuel Baleirón Torres. 4º ESO
2º PREMIO- “90, 60, 90” Naira Ferreirós Bustelo 3º ESO A
90, 60, 90
90, “se tes máis de 90 centímetros pareces un home”; ela puxo roupa frouxa
60, “se tes máis de 60 centímetros estás gorda”; ela deixou de almorzar
90, “se tes menos de 90 centímetros, estás moi delgada”, ela púxose a chorar
Agora tenta esquivar os espellos para que non a devoren.
Naira Ferreirós Bustelo. 3º ESO A
3º PREMIO- Temos un empate entre:
“DOUS” Laura Mariño Bello 3º ESO A
DOUS
Dous ollos, dúas orellas
e ata dous buratos no nariz!
Dous perfectos beizos que serven para sorrir.
Dúas pernas e dous brazos,
catro extremidades para nos mover,
convosco podo dar abrazos,
e ata cansarme de correr!
Dous, que número tan máxico,
tan bonito para min,
sen ti nada sería posible,
non podería vivir.
Laura Mariño Bello 3º ESO A
“O CORPO” María Rodríguez Romero 4º ESO
O CORPO
O corpo non é matemática redonda.
Parecería máis un número irracional
ou unha fórmula sen demostración descuberta.
O corpo non é matemática
porque inventou un sistema que permite medir
as bágoas, os berros e os sorrisos.
O corpo non é matemática
porque por moito que aprenda dos gráficos
segue xogando co valor do improbable.
O corpo non é matemática
porque aínda que mido 1 metro 65,
son capaz de tocar as estrelas.
O corpo non é matemática.
Porque é o único capaz de operar
e ver a beleza
do Syntax Error.
María Rodríguez Romero. 4º ESO
ENLACE ÁS POESÍAS PARTICIPANTES
O alumnado tamén recitou e gravou o recitado das poesías nuns audios que podedes escoitar accedendo ao enlace:
O alumnado de tecnoloxía de 4º de ESO realizou unha actividade para construir fosis para o alumnado de primaria. Esta actividade interdisciplinar supuxo un pequeno contacto entre as diferentes etapas ....contacto que xa botabamos en falta despois de case dous cursos de distanciamento debido á pandemia.
Hoxe. o alumnado de 4º de ESO recibiu unha interesantísima formación sobre como realizar enxertos nas árbores. Foi unha actividade moi interesante e moi útil na que alumnos e alumnas participaron activamente.
Con esta formación xa completamos o ciclo do obradoiro sobre a plantación de árbores no centro no que plantamos, podamos e enxertamos....xa estamos preparados para levar con éxito as nosas froiteiras!!!.
Damos as grazas a Afonso que nos explicou todo marabillosamente!!.
IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA. CURSO 2021-2022
“DA CABEZA AOS PÉS CO CORPO AO REVÉS”
As fotografías gañadoras do IX Concurso de Fotografía Matemática do curso 2021-2022 son:
1º PREMIO RESILIENCIA. HUGO RONCERO 1º ESO
2º PREMIO ESTRELA DA IDADE. NAIRA FERREIRÓS 3º ESO A
3º PREMIO PITÁGORAS. NAIARA VIDAL 3º ESO B
Parabéns a todo o alumnado participante, vémonos o próximo curso!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |