Este curso, o alumnado de 3º e 4º de ESO, adicou parte do seu tempo a acondicionar unha zona exterior onde imos situar o noso "recuncho de acougo e canto" de xeito que teremos un lugar para o repouso e para facer actividades no exterior e lembraremos ao mesmo tempo ao poeta que dá nome ao noso centro.
Ata o de agora fixemos os carteis que marcarán o lugar onde teremos o recuncho e, unha vez rematados e colocados estes carteis, procederemos a acondicionar a zona de acougo cuns bancos feitos con troncos de árbores que a Comunidade de Montes Cruz de Avelán aportou xenerosamente e a quen lle agradecemos a súa colaboración.
Tamén foron colocados, coa colaboración de persoal do concello, unha mesa e un banco, este último cedido ao centro polo propio concello, a quen agradecemos a súa colaboración. Este espazo será utilizado para múltiples actividades dende merendas ata actividades académicas desenvolvidas á sombra das árbores.