O alumnado de 4º de ESO escribiu cartas que serán enviadas a diferentes clínicas veterinarias da contorna para solicitar que se promova campaña deste novo curso que está centrada na necesidade de esterilizar para evitar abandonos e maltrato en cans e gatos.
Aquí podedes ver a mostra da carta escrita e unha foto do momento no que se realizou esta actividade:
Estimado/a señor/a:
Con motivo da campaña sobre a que estamos traballando no CPI Eusebio Lorenzo Baleiron de Dodro acerca da esterilación animal, propoñemos que colabore con nós neste proxecto.
Para iso suxerimos posibles actuacións dende os centros veterinarios:
- Promover campañas sobre a esterilización.
- Ofrecer prezos axeitados que permitan a todo tipo de público acceder a este servizo.
- Participar ofrecendo charlas nos centros educativos.
- Espallar a mensaxe entre os seus colegas profesionais dentro e fóra da nosa comunidade.
- Concenciar á cidadanía e evitar o sufrimento ocasionado ás poboacións de cans e gatos non controladas.
Agradecendo de antemán a súa colaboración reciba un cordial saúdo.
O alumnado de 4º da ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.