MUS-E

MUS-E. Sesión 5

*Rematamos as sesións MUS-E do 2023*

Na derradeira sesión deste ano cos máis pequenos estivemos facendo exercicios de calma e relaxación, seguidos doutros de creación colectiva e cooperativa de figuras. E, cos maiores comezamos facendo algunhas dinámicas de quecemento e continuamos a sesión mostrándonos as diversas creacións artísticas nas que estiveramos traballando. Nelas se representaban, a través da danza e do movemento, escenas ou situacións relacionadas co 25N.

  Aquí podedes ver todas as fotos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Formación MUS-E

O 27, 28 e 29 de novembro celebrouse o III ENCONTRO INTERNACIONAL ENRED-ARTE en Madrid. Artistas de diferentes modalidades, alumnxs e docentes de distintas Comunidades Autónomas compartimos experiencias e formámonos na metodoloxía MUS-E grazas á Fundación Yehudi Menuhin. Foi un programa intenso e moi interesante para poñer en valor a arte como medio de expresión e de transformación social. 

 

 

https://fundacionyehudimenuhin.org/programas/mus-e/


IMG_3553.jpg



c7e04d06-2167-4e9f-b46b-c23ca7af78cc.JPG

Cuarta sesión do MUS-E

 

E de novo, tivemos unha nova xornada MUS-E en Primaria:

Cos máis pequenos traballamos a atención e a calma mediante distintas posicións de ioga e estiramentos.

 

Con 3º e 4º de Primaria vimos a importancia de coidar e ser coidados e realizamos unha masaxe en parellas.

 

No último ciclo, escoitamos unha canción de Rosalía vinculada coa violencia e representamos diversas

situacións  a través do movemento.

 

Agradecemos a Xus estas diferentes dinámicas orientadas á conmemoración do 25N.

 

Na ligazón poderedes ver máis imaxes e vídeos.

 

Terceira sesión do MUS-E

Na terceira sesión MUS-E continuamos explorando o papel de xornal para crear unha composición

coreográfica en grupos pequenos que despois representamos diante dos nosxs compañeirxs.

Mais imaxes e vídeos na ligazón.

Segunda sesión de MUS-E

Todo o alumnado de Primaria asistiu e gozou dunha nova sesión, impartida dentro do programa MUS-E,

o derradeiro mércores 8 de novembro.

 

A profesora Xus Raíndo repartiunos follas de xornal, e na que tiñamos que atopar algo que nos chamase a atención.

Despois de facer isto, puxemos en común todo aquelas novas que nos chamaron a atención.

 

 

Logo, fumos facendo movementos coas follas de xornal, imaxinando que esta folla de xornal, era un obxecto en particular:

Unha bóla de baloncesto, un mandil, unha capa, etc. Con estos movementos e poñéndonos de acordo cun compañeiro ou compañeira,

en parella, imitamos o movemento do outro.

 

Logo distribuímonos en grupos, para facermos unha pequena coreografía para o vindeiro día.

Aquí vos deixamos un enlace ás fotos da sesión.

https://drive.google.com/drive/folders/16i1--pKPfW95mrLwkedMg_r8v5Gyoux8

 

1ª Sesión MUS-E 2023/24

1ª Sesión MUS-E 2023/24

Na 1ª sesión MUS-E con Xus. Conectamos co silencio e cos sons ambientais,

traballamos apropiocepción en canto xogamos co noso nome, o movemento

e o espazo; e achegámonos á calma coa cunca tibetana.

 

 

Aquí tendes a galería de fotos desta primeira sesión.

 

Moitas grazas Xus, por ofrecernos estas propostas tan lindas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet