DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe luns día 9 celebramos o Día Internacional da Muller no noso centro. Apoiados por unha colaboradora moi especial, Antía Vicente, que foi alumna deste centro e a día de hoxe adica parte da súa vida profesional á fotografía. Con fotos de Antía fixemos unha pequena exposición con imaxes de mulleres do seu entorno que reflicten a vida e os labores desempeñados polas mulleres de xeracións pasadas no fogar.

Como un xeito de lembrar este traballo infinito viñemos vestidos con mandís e mandilóns e enseres típicos do traballo feminino da época. Lembramos e valoramos o esforzo feito por todas estas valentes mulleres que sacaban adiante á súa prole e coidaban dos maiores e enfermos ao tempo que facían labores do fogar e do campo, á espera dun cambio non lonxano no que as tarefas sexan compartidas e no que as mulleres non sintan a obriga de asumir todos estes traballos como propios da condición feminina.

GALERÍA DE FOTOS

GALERÍA FOTOS DE GRUPO TOMADAS POR ANTÍA VICENTE

 

Powered by Drupal - Design by artinet