MULLER E CIENCIA

 O venres día 25 de outubro celebramos a 2º sesión con 3º e 4º sobre  MULLER E CIENCIA que promove o Concello de Dodro dentro do seu plan De Igualdade e elaborado por ARENARIA Coordinadora S.L.

Esta vez foi tratado o tema da muller no eido científico a través do exemplo de Maruxa Álvarez; bióloga de titulación e adicada a investigación, é docente na Universidade de Vigo ademais doutros cargos como responsable da área de emprego nesa mes universidade.

Falou da súa experiencia persoal como muller estudante e traballadora, explicou a súa relación no traballo cos seus equipos, de homes e mulleres e rematou con varias reflexións centradas en: conciliación, vocación profesional, compertir, desfrutar do que se fai e facer o que faga a un feliz, animando así a homes e mulleres a procurar o que lles guste e non deixarse llevar polas estatísticas que deixan as nenas fora do eido científico e aos nenos do das letras ou do máis artístico.

MOITAS GRAZAS MARUXA!!

 


 Tamén, ese mesmo día, con 2º de ESO, fixemos unha sesión de experimentos científicos coa que pretendíamos achegar o eido científico ao alumnado dun xeito ameno e divertido tratando de amosar que aquelo que parece difícil ou que a veces nos custa máis, se pode aprender tamén a través de xogos e outras propostas, que aprendizaxe e diversión son compatibles e sobre todo que  o pode facer un home (David) e unha muller (María). O programa que promove o concello trata de falar da igualdade pero a través do campo da ciencia, ensinando que máis alá dos datos, as nenas son totalmente válidas para afacer ciencia, e así o vemos cos exemplos de mulleres que visitan e visitarán o noso centro: Maruxa Álvarez e o vindeiro día 8 de novembro, Luisa Martínez da área de cultura científica, do CSIC.


Powered by Drupal - Design by artinet