Rede de Centros Escolares Solidarios

SEGUIMOS A COIDAR O MEDIO AMBIENTE

Neste curso, igual que os pasados, construimos unha árbore de Nadal con material de refugallo. Foi feita con rodas de bicicleta en desuso facéndolle un chisco ao proxecto de centro que este ano vai sobre as viaxes....

Unha vez colocado no patio interior os alumnos de primaria o decoraron con adornos feitos sobre esta mesma temática e luciu enriba do escenario durante o festival de Nadal.

CONSECUENCIAS DO MALTRATO ANIMAL

O enlace nos leva a unha páxina de internet que mostra  a reacción dun can cando é acariciado por ser humano tras un logo periodo de maltrato.......http://www.abc.es/sociedad/abci-youtube-201512302002_noticia.html...............

Afortunadamente o animal foi adoptado e o seu estado de ánimo e comportamento mudou de xeito radical.............http://www.abc.es/recreo/abci-youtube-vive-ahora-perro-aterrorizado-caricias-humanas-201601122152_noticia.html

Este animaliño tivo sorte pero moitos outros non son tan afortunados. Sexamos respectuosos con eles. NON AO MALTRATO ANIMAL!!!!!

DESEXO PARA ELES

Entrando no enlace  podedes escribir un desexo para todos os animais do planeta para este ano que comeza. Esperamos que se cumplan!!!

LEMBRA!!!

Se tes pensado regalar un can lembra:

Non é un xoguete

Fai pis e caca, ladra e medra

Tes que ensinarlle, educalo

Morde e rompe cousas

Ocasiona gastos: comida, veterinario...

Necesita que lle presten atención e coidados

Pode vivir máis de 15 anos

Non ten botón de apagado

Se tes pensado regalar un can pensa nas súas necesidades, e lembra que non é un xoguete

 

RECOLLIDA DE OBXECTOS PARA MERCADIÑO SOLIDARIO

Coma outros anos os voluntarios da canceira realizan un mercadiño solidario. Colaboramos con eles facendo entrega de obxectos donados polas familias e o profesorado....Grazas a todos por colaborar!!!

OUTRA ADOPCIÓN SOLIDARIA

Hai uns poucos días apareceu un canciño abandonado. Por sorte o noso alumno Cristián atopouno e puido evitarlle unha morte segura....Agora xa ten familia!!!. Grazas a toda esa xente amante dos animais, de corazón, grazas Cristián e grazas familia de Lalín!!!!.

Esperaremos novas da súa evolución...

 

NOVAS

Novas publicadas para o alumnado de ESO....

 

Seguiremos publicando e concienciando

PLAN PROXECTA (RCES)


Estimadas familias coma en anos anteriores o noso centro participa no Programa de Rede de Centros Escolares Solidarios (no Plan proxecta) realizando labores solidarias cos animais. Para colaborar co refuxio de animais “ Refuxio de Bando” recolleremos útiles diversos  que estean en bo estado e que poidan ser vendidos no mercadiño que farán os voluntarios do refuxio en decembro. Os obxectos que se poden donar son libros, adornos, roupa, útiles domésticos…..Os cartos obtidos con esta venda serán íntegramente destinados ó mantemento dos animais do refuxio.

Tamén serán ben acollidos medicamentos de humanos  e enseres para os propios animaliños tales como mantas ou recipientes para auga e comida, xa que poden ser de grande utilidade.

 

 

 

Grazas a todos pola súa colaboración.

VACA

Se picas no ENLACE poderás  ler unha fermosa historia de amor canino e perdón escrita polo trotamundos e escritor Fabián Barrio, veciño de Padrón....

Powered by Drupal - Design by artinet