O pasado venres día 13 de maio recibimos a visita de tres voluntarias do Refuxio de Bando acompañadas por Puchi, un dos cans adoptados procedente deste refuxio.
As voluntarias impartiron unha interesante charla sobre o coidado animal e a necesidade de adopción e esterilización para paliar os casos de abandono animal.
Ao día seguinte, o sábado pola mañán, os alumnos de 4º de ESO, algúns familiares dos mesmos e dúas profesoras do centro, visitaron o refuxio puidendo comprobar a cantidade de animais que alí se atopan vítimas das malas prácticas humanas e a necesidade urxente de promover as adopcións, o apadriñamento e acollida destes animaliños.
Aínda que foi unha experiencia un tanto triste, tamén tivo a súa parte leda xa que tiveron a oportunidade de sacar a pasear a un total de 11 cans!!!. Ese día foron felices correndo polo monte.
Ramona e Uxía apadriñaron a unha preciosa cadela chamada Vidana. Noraboa ás dúas por seren solidarias!!!!!