A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2017/18.
As familias poderán presentar no centro as solicitudes ata o 23 de xuño. Non serán admitidas aquelas que sexan presentadas fóra de prazo e será condición imprescindible devolver todos os libros recibidos para o curso 2016-17 para poder beneficiarse das axudas para o vindeiro curso.
No ENLACE teñen máis información.
Grazas