SEMANA DA FROITA

Na foto podemos observar con que deleite saborean a froita os nosos alumnos de ESO.......

HÁBITOS SAUDABLES

Coma en cursos anteriores o centro solicita a participación no reparto de froitas en centros escolares para fomentar o seu consumo e os hábitos alimenticios saudables.

 REPARTO DE FROITA

      CURSO 2016 - 17

1º PERIODO

SEMANA DO 16 -20 DE XANEIRO

2º  PERIODO

SEMANA DO 13 - 17 DE FEBREIRO

3º  PERIODO

SEMANA DO 13 – 17 DE MARZO

 

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN PROTECTORA

Estimadas familias,coma todos os anos o noso centro realiza unha campaña contra o maltrato e abandono animal,e colabora cunha asociación protectora,neste caso a de Vilagarcía de Arousa,polo que os alumnos /as de 4º de ESO solicitamos a súa colaboración aportando a través dos seus fillos/as tanto cousas de segunda man que serán vendidas nun mercadillo xestionado por voluntarios da protectora (os cartos obtidos destinaranse ao coidado dos animais que alí habitan), enseres e útiles (mantas,toallas,comedeiros,piensos...) e tamén medicamentos de humanos que poidan ser administrados aos animais (poderán consultalos no ENLACE).

Agradecendo de antemán as súas donacións reciban un cordial saúdo.

INFORMACIÓN XERAL

NO ENLACE PODERÁN TER ACCESO A INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS PARA O ANO 2017

FESTIVAL DE NADAL

O día 21 de decembro celebramos o festival de Nadal no colexio con fantásticas actuacións dos nosos alunos/as e coa sempre esperada chegada das  Súas Maxestades os Reis Magos. No ENLACE tedes algunhas fotos deste evento.

MONSTRUOS DE 4º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 4º de primaria crearon uns monstruos moi peludos con material de refugallo e herba.

Podedes ver máis fotos accedendo ao ENLACE

SAÍDA A VALGA

Os pasados días 7 e 14 de decembro o alumnado de primaria visitou o Concello de Valga para asistir a actividades moi interesantes: o Belén que montan todos os anos e as súas instalacións e os mecanismos, Radio Valga onde poideron grabar felicitacións de Nadal e escoitalas no momento e o Museo onde realizaron diversos obradoiros e visionado dunha proxección.

Coma sempre facemos galerías de fotos. Picade no ENLACE para acceder a elas.

OFTALMOLOXÍA

Hoxe tivemos connosco a Manuel Parafita Mato, profesor titular de oftalmoloxía, que visitou o noso CPI para falarnos sobre saúde visual na infancia.

Ademáis de falarnos sobre a estructura do ollo, tanto interna como externa, falounos sobre problemas de visión e deunos moitos consellos e trucos para manter unha boa saúde visual.

Velaquí o temos en distintos momentos da charla, na que tamén tivemos ocasión de formular preguntas para resolver as nosas dúbidas e  facer diferentes experiencias...

Probade a pechar os ollos e intentar xuntar dous dedos das mans...

 

 

 

 

Un dos consellos que nos deu é que practiquemos actividades ao aire libre, que implica a visión de lonxe e a visión periférica, intentando sempre estar pendente e ser consciente do que ocorre ao noso arredor. Non é isto o que vos digo eu sempre?

Correde e xogade moito por fóra!!

Por certo... hoxe, 13 de decembro, celébrase o día de Santa Lucía, patrona dos oftalmólogos. Moi oportuna esta visita.

Non esquezades visitar o oftalmólogo polo menos unha vez ao ano!!!

 Aquí temos o grupo de 4º, 5º e 6º co doutor Parafita.

 Moitas grazas pola información e polos consellos!!!

 

 

ZUMBAAAAAAA!!!!

Hoxe tivemos un recreo saudable por cortesía da Piscina Municipal de Rianxo: contamos con Paula,monitora desta instalación, que nos veu axudar a mover o esqueleto a ritmo de zumba.

Aquí vos deixamos unhas fotos testemuña do ben que o pasamos:

 

 

 

 

 

Agradecemos a Paula a súa presenza e entusiasmo e agardámola de novo noutro recreo saudable!!

HÁBITOS SAUDABLES

Na clase de 2° propuxemos un diálogo sobre o importante que é para a nosa saúde levar unha dieta equilibrada e facer exercicio físico diario.
Como actividade complementaria elaboramos entre todos o "prato do bo comedor". Nesta actividade ilústrase a agrupación dos alimentos, así como a súa porcentaxe diaria necesaria.

 

Powered by Drupal - Design by artinet