ENTROIDO 2018

 

Este ano celebramos o Entroido coa temática do Proxecto de Centro sobre o monte. Os días previos ao venres día 9 de febreiro o alumnado de 4º de ESO solicitou permiso para poder dar instruccións ao resto do alumnado e profesorado para que viñeran "semi disfrazados": o mércores viñemos con roupa de durmir e o xoves de deportistas..algunha foto hai por aí...

 

O venres achegáronse os pequeniños do CRA cos seus profes e fixemos un desfile con baile e cancións, a posterior degustación de postes típicos da época  que moi amablemente elaboraron as familias e a tradicional queima do Meco que esta vez representou a un incendiario do monte sen conciencia medioambiental...queimámolo con moito gusto.

 

 

Tamén queremos felicitar a aos pais e nais que tiveron o humor de disfrazarse e participar con nós desta celebración!!

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Desfrutade todos do Entroido!!

 

 

 

PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS 2018

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24195

PROXECTO DE CENTRO DE PRIMARIA: O HORTO ESCOLAR

Comezan os preparativos do horto de primaria. Xa se construiu o composteiro (foi realizado polo alumnado de 1º  de ESO) e xa se colocou no patio.

Tamén tivemos a sorte de recibir unha doazón da Empresa Narlitrans de  Naranjas La Picaraña de catro caixóns de madeira que, unha vez recortados, farán de bancais para o horto. Nas fotos podedes ver o traballo realizado polo alumnado de 3º de ESO que se encarga de cortar e preparar ditos caixóns.

 

Nesta tarefa tamén colaborou alumnado de 6º de primaria, reforzando as estruturas dos caixóns, lixándos e trasladando os mesmos ao lugar que ocupará o horto. Agora só falta enchelos de terra....Aquí podedes ver algunhas fotos.

 

O alumnado de 3º de ESO foi o encargado de colocar os palés para o horto vertical...

 

Tamén realizaron tarefas de reparación do composterio. Aquí tedes algunhas imaxes.

 

ENLACE Á GALERÍA DE FOTOS

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2018

Publicado o borrador da Orde de 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

ENLACE INFORMACIÓN

DÍA DA PAZ

Celebramos este curso  o Día da Paz con actuacións do alumnado de primaria que elaboraron unha árbore sobre cuias ponlas colocaron carteis coa palabra "PAZ" en diferentes idiomas de diferentes países e acompañaron o acto con peticións de paz e convivencia referidas a eses países. Expresaron sentimentos francamente bonitos que provocaron que todos nos sentíramos sensibilizados ao respecto dos problemas de convivencia a nivel internacional.

 

Xa noutra orde de cousas, o alumnado de 1º e 2º de ESO, realizou unhas pequenas e magníficas representación de situacións relacionadas coa convivencia no centro que nos fixeron reflexionar acerca de problemas cotiás que poden chegara enturbiar a paz nun centro educativo.

No ENLACE tedes galería de fotos.

 

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

 

 

O noso centro adheriuse á iniciativa de "Voluntariado na Biblioteca Escolar" dentro do programa de  BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2017/2018. Entre as diferentes iniciativas, os responsables da dinamización da biblioteca do centro, escolleron a  participación na denominada “Voluntariado na biblioteca escolar”, destinada a alumnado de ensino secundario que colabora de forma asidua na biblioteca escolar. Este alumnado, unha vez rematado o curso, e sempre que se teñan realizado un mínimo de 15 horas de traballo voluntario na biblioteca do centro, recibirá un diploma acreditativo emitido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

VISITA DE MALIBÚ

Hoxe, o alumnado de primaria, recibimos a visita de Malibú, unha cadeliña que viaxa por toda a provincia para promover actitudes solidarias e de sensibilización dos máis novos cara ao respecto polos animais. Esta nova amiga sufriu abandono e foi rescatada e, gracias a unha magnífica iniciativa de Casa Grande de Xanceda, axuda compartindo a  súa experiencia a sensibilizar para tratar de reducir os casos de abandono animais.

Entre os seus obxectivos está ensinar para seren solidarios e respectar aos animais que comparten a vida con nós, que facer se atopamos un animal abandonado, ou o por que de que teñan que estar identificados, entre outros.

 

No ENLACE tedes máis fotos...

Tamén deixamos o ENLACE Á PÁXINA para que vexades o traballo que realiza a nosa pequena profe peluda.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

No enlace a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

  • Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

ENLACE PROBAS SECUNDARIA

 

 

No enlace xúntase a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
  • A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

ENLACE PROBAS BACHARELATO

 

FESTIVAL DE NADAL

O festival deste ano estivo plagado, coma todos os anos, de maravillosas  actuacións musicais dos diferentes cursos entre as que poidemos ver e escoitar panxoliñas e outras cancións non tan navideñas. Tamén desfrutamos dunha magnífica obra de teatro representada polo alumnado de 2º de ESO tratou de sensibilizarnos sobre o problema dos incendios forestais e a plantación descontrolada de eucaliptos na nosa terra.

ENLACE FOTOS FESTIVAL  E  OBRA DE TEATRO

Unha vez rematado o festival o alumnado desfrutou dunha sesión de contacontos bilingüe, en inglés e galego, de man de Charo Pita e Sophie Heydel, unha verdadera sorte telas con nós!!!!

ENLACE FOTOS  CONTACONTOS

Powered by Drupal - Design by artinet