Nos enlaces teñen acceso á listaxe de libros de texto do centro para o vindeiro curso:
GRADUACIÓN DE 4º DA ESO E ÚLTIMO DÍA DE CURSO.
ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA
O venres 21 de xullo celebramos a graduación do grupo de 4º da ESO coa súa titora Susana Presas. Neste grupo a porcentaxe de titulación foi do 100%, polo que queremos parabenizar a todas e todos os graduados. Nese último día todos os grupos fixeron unha pequena celebración de despedida do curso. Agardámosvos o curso que vén. Boas vacacións!
Aquí tedes todas as fotos.
Xornada de portas abertas
O pasado día 20 de xuño celebramos a xornada de portas abertas para a presentación dos traballos feitos no proxecto de centro que este ano levou por título: Que animalada!
![]() |
![]() |
![]() |
Aquí e aquí tedes todas as fotos.
E aquí as do proxecto que o alumnado de 1º e 3º de ESO elaborou para a Xornada de Portas Abertas con imaxes e frases de personaxes célebres sobre cans e gatos. Os alumnos e alumnas de 1º fixeron a escolla dos textos e os montaron e o alumnado de 3º colocounas no corredor de secundaria para que os visitantes puideran desfrutar da exposición.
Agardamos que a xornada fose interesante para todos.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025.
Publicada a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html
Con respecto ao fondo solidario, en todos os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO manteranse os libros de texto do curso 2023/2024.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois dese día será excluída.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:00 a 14:00
Dia de Rosalía
O dia de Rosalía foi toda unha festa. Traballamos os animais nos poemas de Rosalia. Aqui tendes un vídeo que resume os recitados do alumnado:
Nesta Ligazón podedes ver mais vídeos e fotos
Entroido 2024
O pasado venres 16 de febreiro celebramos o Entroido deste ano coa colaboración das familias na preparación de productos típicos (filloas, orellas...) e no acompañamento durante a celebración. Este ano o motivo dos traxes estivo en consonancia co tema do proxecto de centro: Que animalada''!
![]() |
![]() |
Nestas ligazóns podedes ver as fotos e vídeos da celebración.
Festival de Nadal 2023
E así foi o festival de Nadal deste curso 2023/24, que compartillamos co CRA.
NESTA LIGAZÓN podedes ver todos os vídeos e fotos das actuacións.
Que teñades unhas boas festas e un feliz 2024.
CLUB DA VECIÑANZA SEGUNDO TRIMESTRE
Agradecemos a Óscar Reboiras a visita ao club de lectura da veciñanza e tamén a súa achega, que recollemos encantadas, a lectura da obra de Fabio Rivas, un feixe de relatos curtos publicados co título "A pintura debida". Animádevos a ler con nós!
Xuntanza Club de Lectura Veciñanza
![](/centros/cpilorenzobaleiron/system/files/u2/lectura%20e%20familias_azul.png)
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O venres pasado celebramos o día da eliminación da violencia contra a muller cun acto conxunto de Primaria e Secundaria no que se sensibilizou ao alumnado na utilización de adxectivos utilizados cos animais que soen ter conotacións negativas. O mural de "Somos Manda" recolleo atributos positivos dos animais. O alumnado colocou na porta da casa de Rosalía unha orla coas súas fotos e unha mensaxe contra a violencia, xuntándose a esta iniciativa para erradicar todas as violencias a través da súa rúbrica detrás da orla.
![]() |
![]() |
![]() |
Aquí podedes ver todas as fotos da actividade e aquí podedes ver a materia no facebook.