Proxectos

Proxectos da Biblioteca

CORRE CORRE Á HORTA.

Esta semana os nenos e nenas de 5 anos estiveron traballando na aula o conto Corre Corre Cabaciña. Cando

remataron de lelo correron á horta como a protagonista do conto, a plantar as cabazas e cabaciñas das que

fala o libro. Para completar a súa parcela tamén plantaron berenxenas e leitugas.

 

 

 

Día Internacional da Muller

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro traballamos a figura da enfermeira galega Isabel Zendal.

Realizamos este vídeo como agasallo ás nosas pediatras Sacramento e María Xosé, polo seu labor de escoita, atención e sobre todo de coidado.

Nel contamos o que é para nós unha pediatra.

 

É SAUDABLE!

Os nenos/as de Educación Infantil móstrannos a importancia dunha alimentación saudable a través dos seguintes contos: 

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL

                                         

5ºA EDUCACIÓN INFANTIL                            5ºB EDUCACIÓN INFANTIL

                                                  

6ºA EDUCACIÓN INFANTIL                               6ºB EDUCACIÓN INFANTIL

 

O MAR É SAUDABLE

Os nenos/as de primeiro coñecen o traballo dos mariñeiros a través do poema “ O meu barco” de Manuel María.

      

1º Educación Primaria

 

Os nenos/as de 2º Educación Primaria explícannos que os peixes son un recurso moi saudable do mar co poema “ O mar” de Manuel María.

 

2º Educación Primaria

A HORTA É SAUDABLE

En 3º de Educación Primaria móstrannos a importancia do toxo que antigamente se empregaba para abonar as terras, a través do poema “ As froliñas dos toxos “ de Noriega Varela.

3º Educación Primaria 

 

En 4º de Educación Primaria explícannos que os recursos da horta son moi saudables co poema “ Labrego” de Manuel María.

 

4º Educación Primaria

A AUGA É SAUDABLE

Os nenos/as de 5º de Educación Primaria  fan referencia a importancia da auga na nosa saúde, a través do libro Parece unha rosa, de Rosalía de Castro.

5ºA Educación Primaria 

 

Os nenos/as de 6º Educación Primaria explícannos a importancia da auga como un recurso saudable co poema “Como chove miudiño” de Rosalía de Castro.

 

6º Educación Primaria

SOMOS SAUDABLES!

Rematou a semana dos mandados, na que fixemos todo o q nos ordenou Mecosán.

          

Hoxe cumprimos o último mandado. Os nenos e nenas do CEIP de Sigüeiro somos os alimentos que configuran unha piramide alimenticia moi saudable: cereais, pan, froitas, verduras, peixes, doces... Que fartura!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Entroido 2021

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Con motivo da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, dende o centro creamos o noso propio barco con alimentos saudables para reflectir a importancia do traballo en equipo e de "remar xuntos" durante este curso no que non podemos estar tan xuntos como nos gustaría.

Esperamos que vos guste!

QUE BEN O PASAMOS CON MAMÁ CABRA!

Chegou o día! Pola nosa biblioteca pasou Gloria e Tomi "Mamá Cabra". Interpretaron temas do seu libro CD "A fraga do meu avó", ademais dalgún outro, como o tan coñecido "Glu glu glu plas plas plas navegando polo mar", do que nos contou que naceu nunha aula de Infantil do noso cole. Divertímonos un montón e soubemos que as fragas están cheas de vida e de moitas curiosidades. Falounos do peto, da pega marza, da píntega, das augas dos ríos ou das fontes, das prantas que curan... E para rematar agasallámolas cunha árbore autóctona para que levasen á súa fraga, unha faia. Queremos que medre moito e que cando a miren lembren ao CEIP de Sigüeiro. GRAZAS por visitarnos!

 

 

 

Mamá Cabra na nosa biblio

28/01/2020 15:07

Xa temos nova data para a visita de MAMÁ CABRA ao noso cole. Será o vindeiro martes 28 de xaneiro a partir das 17.00 h na biblioteca. Presentarán "A fraga do meu avó", un libro CD con contos, lendas e cancións relacionadas cos bosques e co noso proxecto documental integrado.