Proxectos

Proxectos da Biblioteca

Deportes Olímpicos: Natación

Despois de estudar cales foron os países e as sedes que acolleron os Xogos Olímpicos ao longo da historia, agora comezamos o 3º trimestre investigando sobre os deportes que se practican. 

Os alumnos e alumnas de 3 anos fálannos da natación, un deporte que estivo presente en todos os Xogos Olímpicos da era moderna. Sen embargo, nas primeiras edicións as competicións realizábanse en entornos naturais como baías e non sería ata Londres 1908 cando as probas se comezaron a disputar en piscinas. Prestade moita atención.

Curiosidades Olimpiadas VI

E con estas últimas cinco curiosidades, Punki da por finalizadas as súas pescudas sobre as Olimpiadas. Agardamos que descubrirades datos interesantes e aprenderades moito. 

E aquí algunhas instantáneas do proceso de investigación, creación e gravación con Íker de 4ºB. El foi non só o ilustrador, senón tamén a voz de Punki. Parabéns polo teu traballo e gracias polo teu esforzo e interese no proxecto! 

  

E como mostra de agradecemento, fíxoselle entrega do libro "Los Superpreguntones en los Juegos Olímpicos" de onde se sacaron moitas das curiosidades e tamén dunha medalla feita coa impresora 3D. 

   

Curiosidades sobre as Olimpiadas II

Seguimos descubrindo curiosidades sobre as Olimpiadas con Punki. Desta volta, a nosa mascota fálanos da pira olímpica e de cando e onde se celebran os Xogos Olímpicos? Fai clic nos videos ou escanea os QR dos paneis informativos que atoparás no corredor da planta baixa de Primaria.

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!

Despois dunha semana de bromas e moitas risas chegou o Día Grande do Entroido!

 

A choiva fixo que tiveramos que alterar a programación prevista e así non puidemos facer o desfile cos outros coles polas Rúas e Alameda de Sigüeiro. Trasladamos o desfile ao pavillón e acompañáronnos as familias. Como nos divertimos! Hai que dicir que tamén pasamos algo de nervios porque eso de desfilar diante das familias danos certa angustia. A temática deste curso AS OLIMPIADAS, deunos pé para versionar os disfraces de cada nivel, que estiveron relacionados cos deportes. Dende a natación ata o monopatinaxe, pasando por atletismo, ciclismo, tenis, artes marciais... 

       

   

Curiosidades sobre as Olimpiadas I

No 1º trimestre, o alumnado estivo investigando sobre os diferentes países que acolleron os Xogos Olímpicos dende a antigüidade. Coas súas pescudas elaboraron uns paneis informativos que colocamos no corredor da planta baixa do edificio de Primaria seguindo unha liña temporal. 

Agora Punki, a nosa mascota olímpica, está a engadir uns códigos QR nos que conta algunhas curiosidades sobre as Olimpiadas. Escanéaos e descubre cales son. Tamén podes visualizar os tres primeiros videos aquí.

MASCOTA OLÍMPICA

Punki é a mascota elixida no concurso de mascotas olímpicas da biblioteca.

O seu ilustrador é Iker, alumno de 4ºB de Educación Primaria, que recibiu o seu agasallo na biblioteca.