Equipo DLG

Circular Samaín e Magosto

Estimadas familias

Un ano máis dende o centro invitamos ao alumnado a participar na celebración do Samaín. Poden facelo decorando coas súas familias e do xeito máis orixinal que se lles ocorra, unha cabaza, espiga de millo, vasoira ou xesta coa que se varría antigamente. (Os nenos/as de Infantil traerán preferentemente vasoiras). O tema que estamos a traballar dende a nosa biblioteca é “A mitoloxía”, sobre o que pode versar a decoración. Deberedes traer as vosas creacións o luns 30 (lembrade poñerlle o voso nome para saber quen é o artista).

  

O martes, coincidindo coa festa do Samaín, celebraremos o magosto, para o que pedimos a vosa colaboración. Cada neno/a, traerá o luns unha ducia de castañas picadas. Serán os membros da ANPA os que veñan a asalas. Organizaremos unha sesión de xogos para todos os alumnos/as e para facilitar a participación nos mesmos, pedímosvos que non veñan disfrazados/as.

Estará con nós a Televisión de Galicia, programa “A Revista”, que fará un directo ás doce e media e outro entre a unha e a unha e media.

Grazas pola vosa colaboración.

Premendo na foto, veredes a exposición de cabazas, espigas de millo e vasoiras, así como as portas das aulas decoradas.

 

UN SAMAÍN QUE DA MOITO MEDO!!!

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP de Sigüeiro, propoñémosvos un concurso para este Samaín. Hai 3 modalidades de participación:

- Debuxos (Infantil, 1º e 2º de E. Primaria)

- Lendas ou contos de medo (3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria)

- Decoración da porta da vosa aula

Consultade as bases e animádevos a participar!

GUÍAS DAS NOSAS VIAXES

Para todos e todas os que vos embarcáchedes nesta viaxe literaria con nós, deixámosvos as guías que o alumnado de 6º de Educación Primaria preparou coa información recollida por cada aula sobre o país que traballaron.

Para a súa maquetación contamos coa colaboración do alumnado do ciclo FPB de Artes Gráficas do IES Leixa de Ferrol.

Graciñas a todos e todas pola vosa colaboración. Sodes uns astistas!

Podedes descargalas nos seguintes enlaces

Guía de Brasil

Guía de China

Guía de EEUU

Guía de Egipto

Guía de Francia

Guía de Gran Bretaña

Guía de Grecia

Guía de Groenlandia

Guía de La India

Guía de Italia

Guía de Portugal

Guía de Rusia

Guía de Senegal

Guía de Tailandia

UN COVO IMPRESIONANTE!!!

Non hai moito que nos visitaron no cole algúns enxames. Concretamente viñeron dous que foron sacados por un experto no tema. Que mundo tan interesante o das abellas. E aproveitando o acontecemento... os nenos e nenas de 1º tivemos unha gran sorpresa. Nada máis e nada menos que unha colmea ou covo de cristal! Sabedes o que eso supón? Pois que puidemos ver as abellas dentro da súa casiña, traballando. Foi fantástico! Ensináronnos e explicáronnos como fan o mel e a cera. Emocionante! 

 

REVIVINDO OS TRABALLOS DOS AVÓS E AVOAS

Hoxe, como peche á celebración das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar no colexio con avoas, mamás e papás, que nos viñeron lembrar ou máis ben ensinar, algúns dos traballos que eles fixeron e que reviven con cariño. E para iso nada mellor que poñerse á tarefa. Todo o alumnado de Infantil puido descubrir que non sempre houbo lavadora ou camións para o transporte de mercadorías. 

 

ESTUDANDO A CARLOS CASARES

No mes das nosas letras lembramos este ano a un gran defensor do noso idioma. Estes días estudamos e aprendemos moitas cousas de CARLOS CASARES.

 

 

XA ESTÁ AQUÍ A NOSA PARTICULAR GALIÑA AZUL!!!

O noso alumnado de Infantil estaba impaciente e desexoso de que rematara a conta atrás para o nacemento dos pitiños entre os que se atopaba, como non! A Galiña Azul. Eran 21 días que foron tachando un a un. E por fin puideron presenciar o nacemento da que será unha galiña algo diferente ás outras, coma a de Casares. Que emoción!!!

 

PRESENTACIÓN DA HORTA E LEMBRANZA A CASARES

E chegou o día grande. Por unha banda recoñecemento á nosa horta con todo o traballo que hai detrás, e pola outra, homenaxe a ese home que dedicou gran parte da súa vida a loitar polo galego e pola súa normalización, Carlos Casares.

Para a presentación da nosa horta non podía faltar unha representación do concello, que no seu momento nos traballou a terra, nin da ANPA "A Nosa Escola" que sempre nos brindaron a súa axuda con este proxecto; por suposto tiñan que estar presentes os nenos e nenas que tanto traballaron nela e todo o profesorado. "Hortocol" é unha das miniempresas nacida no noso colexio a raíz do programa da Consellería de Educación "Eduemprende" patrocinado pola Fundación Alcoa. Despois de moito traballo, esforzo, empeño, ilusión... podemos decir que o soño deste proxecto e desta miniempresa do alumnado de sexto está cumprido. Xa se están vendendo os seus productos e empezando a obter beneficios. NORABOA CHICOS E CHICAS DE SEXTO ASÍ COMO ÁS VOSAS PROFES!!!

 

E para homenaxear as Letras Galegas e a Carlos Casares algúns dos nosos alumnos interpretaron con violíns e teclados o himno galego e deuse lectura ao poema "Amemos". Para rematar, o alumnado de sexto representou no salón de actos dúas obras do autor, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e "A Galiña azul". Que ben o fixeron!!!

 

 

SEMANA GRANDE DAS NOSAS LETRAS

E se na semana pasada dabamos comezo á celebración das LETRAS GALEGAS cos CONTOS DE TORIBIO a cargo de PEDRO BRANDARIZ, nesta semana grande estamos cargadiños de actividades, todas elas moi divertidas... 

Hoxe, día 16, tivemos por unha banda, xogos que nos organizou a ANPA "A Nosa Escola", e pola outra estiveron con nós durante toda a xornada, dous OLEIROS DE BUÑO co seu torno, explicándonos todo o proceso do barro e transmitíndonos toda a súa sabiduría.

 A xincana dos XOGOS DAS OBRAS DE CASARES foi superdivertida, eran un total de 14 xogos. Todos eles tiñan relación coas obras do escritor que se homenaxea este ano, Carlos Casares, así habia unha laranxeira, unha galiña azul... e moitos máis.