Educación Física

BÉISBOL NO COLE

Durante esta semana, membros do equipo de béisbol Los Leones, axudáronnos a descubrir e practicar un deporte que para moitos non era moi coñecido. Para outros si, pois no noso cole temos varios alumnos que o practican habitualmente. Puidemos desfrutar dunha bonita experiencia, practicar deporte e moitos coñecer unha modalidade deportiva, que quen se sabe se no futuro a escollemos como práctica habitual para desfrutar do noso tempo de ocio.

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Béisbol

FÚTBOL SALA E RECICLAXE

O pasado venres tivemos a visita dos xogadores do Santiago Futsal, e non foi unha visita calquera. Explicáronnos como era o día a día do seu deporte, do que máis e do que menos lles gusta, asinaron autógrafos, agasalláronnos con entradas para ir velos xogar e..falaron da importancia da reciclaxe, dándonos trucos para aforrar auga ou luz, concienciandonos da importancia do mesmo.

 

.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Santiago FutSal

Patinaxe e hóckey.

O venres 5 de outubro durante o recreo, os nenos e nenas do noso cole que practican patinaxe e hóckey no Club Patín Oroso mostráronnos as súas dotes sobre os patíns, facéndonos desfrutar e coñecer un pouquiño máis estes deportes.

 

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Patinaxe

Tenis de mesa

Nos primeiros días de cole, durante as clases de Educación Física, cada grupo tivo unha sesión de tenis de mesa dirixida polos compeñiros e compañeiras do Club Oroso TM. Foron unhas xornadas distintas, dinámicas e divertidas que nos achegaron á práctica dun deporte que para algúns xa era coñecido pero que para outros era novidoso.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Tenis de mesa.

Na cultura e no deporte, as nosas rapazas

E se hai poucos días unha alumna de 6º curso do noso centro, Carla Veiga, se facía merecedora do Recoñecemento Especial á Promesa no eido cultural pola súa habilidade tocando o violín, hoxe tócalle a outra alumna do noso colexio por destacar en varias disciplinas deportivas. Estamos a falar da alumna de 5º curso Laura Ruíz, finalista na fase provincial das carreiras de campo a través do programa Xogade e que practica futbol e hóckey entre outros deportes. Non podemos estar máis orgullosos de que dúas alumnas do noso centro destaquen en ámbalas dúas disciplinas. Parabéns!

 

 

Andamos un tramo do Camiño Inglés

O pasado venres, alumnado e profesorado de 5º e 6º de Primaria do noso centro e tamén do CEIP do Camiño Inglés, propuxémonos percorrer o trazado do Camiño Real ou Inglés polo noso concello. Contamos coa presenza de Manuel Pazos, historiador e responsable da biblioteca pública municipal. Desprazámonos en bus ata Carrás, na localidade de Montaos nos límites do veciño concello de Ordes. Dende alí, comezamos a camiñata pola Baxoia cara Deixebre. Tras achegarnos á antiga reitoral para observar o reloxo de sol, paramos a descansar e merendar na milagreira Fonte da Santiña, sempre atentos/as ás explicacións de Manolo. Despois continuamos por Oroso, onde paramos a visitar o Castro de Vilalbarro, un dos mellor conservados do concello coa súa croa e o seu foso. Continuariamos por Oroso Pequeno, e atravesando o Parque do Carboeiro entrariamos en Sigüeiro. A última parada sería a Ponte Medieval de Sigüeiro, que delimita Oroso e Santiago. Baixamos a observar os seus arcos e voltamos ao colexio.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Tramo do Camiño Inglés

Exhibición de patinaxe e hockey

Este xoves, o alumnado das escolas deportivas de Oroso realizou unha exhibición no pavillón das disciplinas de patinaxe artística e hóckey. Parabéns polo voso traballo rapaces!!!

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Exhibición de patinaxe e hockey

Campionato Provincial de Campo a Través

O pasado 3 de febreiro a alumna Laura García Ruíz de 5º de primaria participou no Campionato Provincial de Campo a Través celebrado en Culleredo (A Coruña).

A proba tiña unha distancia duns 1200m. aproximadamente e Laura executouna de maneira moi intelixente dosificando as súas forzas a pesar da dureza do terreo e das inclemencias do tempo, rematando cun final magnífico onde recuperou moitos postos finalizando nun meritorio 11º posto.

Noraboa Laura!! E noraboa tamén a todos os/as paticipantes das fases anteriores.

Verémonos en próximos encontros.

 

Fase zonal das carreiras de campo a través

O pasado sábado participamos na fase zonal das carreiras de campo a através celebradas no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela.

A pesar de ser unha xornada algo fría e húmida pasámolo moi ben correndo nas diferentes probas e animando ás compañeiras e compañeiros. Esforzámonos moito, cansámonos un pouco pero pagou a pena vivir esta experiencia e agardamos con ilusión unha nova ocasión para compartir outro día coma este.

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Xogade: Campo a Través