O pasado 3 de febreiro a alumna Laura García Ruíz de 5º de primaria participou no Campionato Provincial de Campo a Través celebrado en Culleredo (A Coruña).
A proba tiña unha distancia duns 1200m. aproximadamente e Laura executouna de maneira moi intelixente dosificando as súas forzas a pesar da dureza do terreo e das inclemencias do tempo, rematando cun final magnífico onde recuperou moitos postos finalizando nun meritorio 11º posto.
Noraboa Laura!! E noraboa tamén a todos os/as paticipantes das fases anteriores.
Verémonos en próximos encontros.