Deporte en Tui

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui xogou a final da liga Galega de Baloncesto

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui xogou

a final da liga Galega de Baloncesto.

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado venres día 6 de Febreiro o encontro de ida C.B. Tui- Novobasket Vigo, onde o partido se complicou, perdendo os tudenses 48-99.

O Domingo día 8, levouse a cabo o partido de volta Novobasket Vigo-CBTui onde os tudenses voltaron a perder 76-51.

Despois dunha explendida tempada, este gran equipo conseguiu un segundo lugar que lle da acceso para xogar a final autonómica.

Noraboa Campións.

 

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias, as da última xornada que tivo lugar o pasado sábado  31 de Xaneiro nos deixa os seguintes resultados:

Carballiño-Tui: 0-9;0-11;1-6;2-9

Noraboa Campións

Noticia facilitada polas familias de Xabi e Iago de 6ºB

Campeonato de España de Remoergómetro

Campeonato de España de Remoergometro.

Sábado 31 de Xaneiro de 2015

Amposta Cataluña.

O antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Jesús González ven de proclamarse medalla de bronce, no Campionato de Remoergometro, que o pasado sábado, 31 de Xaneiro tivo lugar en Amposta. Nese mesmo campeonato Jesús acadaba o record do mundo na idade 40-49 de peso lixeiro.

Así mesmo a tudense Nuría Domínguez, acadaba a medalla de prata, neste mesmo campionato.

A nosa noraboa a estes dous grandes remeiros.

Premios Gala Nacional de Piragüismo para Iván Alonso e o Kayak Tudense.

Premios Gala Nacional de Piragüismo para Iván Alonso e o Kayak Tudense.

O venres pasado venres día 31 de Xaneiro tivo lugar en Avilés ( Asturias) a gala Nacional de Piragüismo.

O  Kayak Tudense, foi galardoado como mellor club, no ano 2015 e Iván Alonso, como mellor palista de 2015. 

Dende aquí transmitirlle a nosa Noraboa!! polo seu gran traballo e polos resultados acadados.

http://www.fegapi.org/index.php/noticias

Uxía Pérez Bugarín Campiona de España Junior de Atletismo, en Pista Cuberta 1500 m Antequera ( Málaga) 24 Xaneiro 2015

Uxía Pérez Bugarín Campiona de España Junior de Atletismo,

en Pista Cuberta 1500 m

Antequera ( Málaga) 24 Xaneiro 2015

A antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui, Uxía Pérez Bugarín, ven de proclamarse, o pasado Sábado 24 de Xaneiro, Campiona de España de Atletismo en pista cuberta, na proba de 1500m. Dita proba tivo lugar en Antequera ( Málaga).

Uxía que agora forma parte do “Club Praias de Castellón”, foi campeona de España, cun tempo de 4:43.76 seg. Proba na que o seu equipo se proclamaría Campión de España por equipos tanto, na categoría masculina coma na feminina.

Aquí tedes o enlace aos Resultados de todo o Campionato de esta fin de Semana.

Campionato Galego de Campo a Través Friol Lugo 25 de Xaneiro de 25-Xaneiro-2015

Campionato Galego de Campo a Través

Friol- Lugo 25 de Xaneiro de 25.

O pasado domingo día 25 de Xaneiro de 2015, tivo lugar en Friol, Lugo o Campionato Galego de Campo a Través. Nesta competición participaron varios atletas do Club tudense, Atletismo Tui. Varios de eses atletas son antigos alumnos do Ceip Nº2 de Tui.

Destacamos a participación de Iván Carnero Alonso e David Cruces Fernández na categoría Xuveníl Masculina e Mariña Alvarez Castaño e Elena Mansinho Bernardez na categoría Xuveníl Feminina.

Valorar o dura que é esta proba nestas categoría, e o importante que é que estes grandes atletas se animen a participar na mesma.

Felicitamolos a eles e aos seus compañeiros de equipo. Noraboa.

Clasificación Friol

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui xogará a final da liga Galega de Baloncesto.

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui xogará

a final da liga Galega de Baloncesto.

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, ven de gañar o pasado sábado 24 de Xaneiro o seu último partido de cruces, acadando a victoria no mesmo.

Despois dunha explendida tempada, este gran equipo xogará a final galega de Baloncesto co equipo Maristas de Vigo.

Noraboa Campións.

Información facilitada pola familia de Artur de 5ºB. Moitas grazas.

O equipo Alevín do C.B. Tui xogaron esta fin de semana a fase clasificatoria da liga

O pasado sábado día 17 de Xaneiro de 2015, tivo lugar a fase final clasificatoria para a liga.  Nesta xornada o equipo tudense xogou o partido de ida. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo gañou  ante o equipo do Seis do Nadal 39-60

Información facilitada por Jorge Carballo de 6ºB. 

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu undécimo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 17 de Xaneiro de 2015, tivo lugar o undécimo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron na casa con outro equipo do noso Concello, o Caldelas. Un partido de gran rivalidade no que os xogadores tudenses conseguiron gañar 5-1. Isto fai que agora sexan terceiros na taboa de clasificacións.

Noraboa Campeóns.

A tudense Begoña Otero, Bronce no Campionato de España Cadete Femenino de Balonmán

A tudense Begoña Otero,  xogadora do Clube Balonmán Tui, participou coa Selección Galega Cadete Femenina de Balonmán no Campionato de España, que tivo lugar en Castellón, dende o 1 ao 7 de Xaneiro de 2015.

Begoña que é porteira tanto no Club Balonmán Tui, como na Selección Galega, xa ten experiencia en este tipo de campeonatos. 

No Campeonato de España a Selección Galega Cadete fixo un gran torneo. Xogando o terceiro e cuarto posto contra a Selección de Castela a Mancha, a que se impuxo contundentemente e que lle permitiria colgarse a Medalla de Bronce.

A nosa Noraboa para esta gran xogadora e campiona, con un futuro prometedor!!. Así mesmo, os nosos parabéns para todo o equipo.

A tudense Silvia Leiras Campiona de España Infantil Femenina de Balonmán

A tudense Silvia Leiras, antiga xogadora do Clube Balonmán Tui e na actualidade xogadora do Club Seis do Nadal, participou coa Selección Galega de Balonmán no Campionato de España, que tivo lugar en Castellón, dende o 1 ao 7 de Xaneiro de 2015.

Para Silvia este ano é un ano de moitos cambios, a comezos de Setembro ficha polo Club Seis do Nadal, deixando o Club da nosa cidade onde se formou. Neste momento, se solicita a súa participación na Selección Galega de Balonmán.

No Campeonato de España a Selección Galega fixo un gran torneo. Gañan de 13 á Selección de Madrid na primeira xornada, tamén gañan a Navarra na segunda e na 3ª Xornada consiguen gañar a Valencia. Isto fai que pasen a cuartos de finais onde conseguen gañar a Canarias. 

A nosa Selección consegue pasar a Semifinais, onde xogan contra Calaluña, onde consiguen gañarlle  contundentemente. Isto deulles paso ás finais. 

As finais enfrontan novamente a Galicia- Valencia, na que Galicia se proclamou Campiona de España de Balonmán Infantil 2015.

A nosa Noraboa para esta gran xogadora e campiona, con un futuro prometedor!!. Así mesmo, os nosos parabéns para todo o equipo.

Aquí podedes escoitar a entrevista que Justi Peixoto lle fixo en Escoita Deporte:

 http://www.goear.com/listen/cf0e24b/programa-27-alejandro-ocampo-silvia-leiras-escoita-deporte-rmt

 

O equipo Alevín do C.B. Tui xogaron esta fin de semana o último encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 7 de Xaneiro de 2015, tivo lugar o penúltimo,  encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo gañou  ante o equipo do Seis do Nadal 52-48

Por outro lado, o domingo día 8 de Xaneiro de 2015, volvían xogar ante equipo Porriño B, gañando  por 24-82.

Isto fai que o equipo tudense remate a liga como Subcampeón da mesma, do seu grupo. A partires de agora darán comezo os cruces.

Noraboa campións!.

Información facilitada por Jorge Carballo de 6ºB. 

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu décimo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 9 de Xaneiro de 2015, tivo lugar o décimo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no campo do Atios. Un partido de gran rivalidade no que os xogadores tudenses conseguiron un empate meritorio 2-2. Isto fai que agora sexan terceiros na taboa de clasificacións.

Noraboa Campeóns.

Regata Miño Internacional

Regata Miño Internacional


18 Xaneiro 2015


Centro Interfederado Tui


O domingo 18 de Xaneiro tera lugar a Regata Internacional. Dita proba constara de 6km de distancia coa participacion de barcos de remo 8 con timonel.


A saida sera dende San Pedro da Torre en Portugal e a Chegada sera as 12 ao Centro Interfederado en Tui.


Esperase a participacion de embarcacions de España e Portugal, con unha participacion de 300 remeiros aproximadamente.


 


 


 

Iván Alonso no Rio Negro (Arxentina)

 Iván Alonso Participa no 50 Aniversario do Río Negro en Arxentina do 10-17 de Xaneiro.

 A proba de Kaiak do Río Negro, Arxentina, contará este ano coa presenza do antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Iván Alonso. Esta proba considerada o París-Dakar do piragüismo, consta de 6 etapas de 45-50km cada unha. Desenrólase  do seguinte xeito:

Compítese 2 días,

Descánsase un día,

Compítese 2 días,

Descánsase un día,

E faise a última proba a contrarreloxo.

Iván é a primeira vez que participa nunha proba de este tipo, e canda el viaxa tamén o veterán e Mestre da Guarda Alberto Díaz que se proclamou campión na súa categoría a edición pasada de esta proba.

Todo un reto para Iván. Dende o centro desexámosche moita Sorte Campeón.

Aquí vos deixamos o enlace a Escoita Deporte, onde podemos escoitar as súas verbas antes de marchar rumbo a Arxentina.

 Escoita Deporte.

http://www.goear.com/listen/df16d83/programa-27-ivan-alonso-escoita-deporte-rmt

Na primeira etapa Iván consigue entrar segundo na clasificación xeral. Aquí podedes seguir a proba cos resultados diarios e ver a súas fotos:

  E tamén fotos e Videos de toda a competición

http://www.rionegro.com.ar/diario/regata-del-rio-negro-la-defensa-del-titulo-esta-en-marcha-5652538-9522-nota.aspx

Na Segunda etapa Iván consegue entrar primeiro de etapa, pero continúa segundo na xeral. Desexámoslle sorte na seguinte xornada

https://www.youtube.com/watch?v=oZ8O32EQBqA#t=223

 Na terceira xornada Iván disputou a contrarreloxo de 50 kilómetros, que resultou dura e exixente para todos. Iván Alonso invirtiu casi tres horas en poder realizala. Pero logrou parte do seu obxetivo ao conseguir reducir a sua desventaxa con Pascual Orellana. Entre o palista do Kayak Tudense e o seu adversario sólo son 32 segundos de diferencia. Polo tanto, o duelo entre ambos será intenso nos dous días de competición que restan por disputarse.

Infominho - JORNADAS DECISIVAS PARA LOS PALISTAS GALLEGOS EN ARGENTINA - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Restan por disputarse duas probas. Despois de unha xornada de descanso, os palistas afrontarán o percorrido entre Sauce Blanco e Oyuela, de 64 kilómetros. É a máis larga das seis e polo tanto pódese considerar como a decisiva. Os palistas terán que remar aproximadamente cuatro horas.
Para o último día queda a etapa entre San Javier e Viedma. Son 24 kilómetros, unha distancia inferior a unha prueba de maratón, e polo tanto  espérase que sea moi rápida.

 

  Rematada a proba de competición, Iván non foi quen de acadar o seu soño, gañar esta regata. Ao final da mesma foi segundo a 9 segundo do Campión Pacual Horacio Orellana. Noraboa boa a todos os participantes de tan dura proba.

Aquí podedes escoitar a entrevista que Justi Peixoto lle fixo en Escoita Deporte:

Facebook Escoita Deporte - RMT

23 de enero a la(s) 21:40 · 

Programa 31.- Iván Alonso e Alberto Díaz, do Kayak Tudense que veñen de participar da Regata Internacional do Río Negro en Arxentina. 
Escoitar Entrevista: http://ow.ly/HQzwS

Distribuir contido