Deporte en Tui

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias, as das últimas xornadas, deixan boa mostra delas.

Ante a Sar de Redondela o equipo tudense gañou contundentemente.

Sar-Tui 3-3*/0-5*/3-11*/0-5*

E na derradeira xornada levada a cabo a pasada fin de semana en Porriño o noso equipo, voltaba a gañar co seguinte resultado:

Porriño-Tui 9- 25

 Como podemos ver a continuación este sería o resultado xornada a xornada dos nosos xogadores, o que fai posible que se atopen nos primeiros postos da táboa clasificatoria:

Resultados Balonman Tui Alevín 2014/2015
Tui /Porriño *5-1/*5-1/*3-2/*3-4
Meaño/Tui *0-11/*0-7/*0-10/*0-6
Tui/ Carballino 7-1/*4-1/4-3/*6-0
Lalin/Tui 4-5*/2-6*/2-4*/3-7*
Tui/Lavadores 2*-1/4*-4/3*-2/1*-4
Ribadavia/Tui 1-8/1*-7/4-2/1*-7
Tui-Teucro 3-0/7*-5/6*-0/4*-2
Novas-Tui 4*-6/3*-8/4*-5/3*-6
Tui-Luceros 4*-3/3*-6/1*-8/3*-5/

Sar-Tui 3-3*/0-5*/3-11*/0-5*

Porriño-Tui 9- 25 

Ademáis, en algunhas xornadas estes grandes xogadores tamén xogan no equipo Infantil Masculino, no que tamén xogan os antigos alumnos do colexio Saúl e Adrían.

 

 

Noraboa a Xabi, Diego, Iago e a todo o equipo alevín do Clube Balonmán Tui

Concerto de Nadal Coro Mistura Vocal

Concerto de Nadal coro Mistura Vocal

O vindeiro domingo 21 de Decembro, na Igrexa de Santo Domingo, en Tui, terá lugar o Concerto de Nadal, do coro Mistura Vocal, será ás 19:00h.

Neste coro toca o mestre Ramiro, así que non podedes perdelo.

Festival de Nadal de Patinaxe Artístico

Festival de Nadal de Patinaxe Artístico

O vindeiro domingo día 21 de Decembro terá lugar, no pavillón novo de Tui o festival de Nadal de Patinaxe Artístico, animadevos a disfrutar de él.

Aquí vos deixamos máis información.

 Neste festival, participou a alumna Patri de 4ºC, que é unha gran patinadora. Aquí vos deixamos un video da súa participación, para que disfrutedes de este gran deporte.

Alba Parente entrevista ao Piragüista Diego Piña

Alba Parente entrevita ao Piragüista Diego Piña do Club Kayak Tudense

A alumna de 6ºB, Alba Parente deixanos a súa entrevista ao piragüista Diego Piña, para que sepamos máis sobre él:

Sorry, flash is not available.

 Tamén vos deixamos o enlace a súa pax web, para que poidades saber máis cousas sobre él:http://www.diegopina.com/

Gracias Alba por compartir con nós esta noticia.

A atleta tudense Uxía Pérez Bugarín participará no XXI Campeonato de Europa de Campo a Través coa Selección Española

A Atleta Tudense Uxía Pérez Bugarín participará no XXI Campeonato de Europa de Campo a Través

14 de Decembro de 2014 en Samokov (Bulgaria)

A antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui, Uxía Pérez Bugarín, vai formar parte da Selección española de Campo a Través que o vindeiro 14 de Decembro de 2014, participará no XXI Campeonato de Europa de Campo a Través, que terá lugar en Samokov ( Bulgaria).

Formará parte do equipo Júnior -Mulleres, xunto a outras compañeiras que serán:Celia Antón, Carmela Cardama, Paula González, Dunia Mahassin y Uxía Pérez. Elas loitarán por un lugar no podium e o mellor resultado para o equipo español.

Podedes atopar máis información na web:  Federación Española de Atletismo

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu noveno encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 6 de Decembro de 2014, tivo lugar o noveno encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no campo do Sporting Guardés. Un partido de gran rivalidade no que os xogadores tudenses conseguiron gañar o encontro 1-2. Isto fai que agora sexan terceiros na taboa de clasificacións.

Noraboa Campeóns.

III Gala do Deporte en Tui

III Gala do Deporte en Tui

O pasado venres 28 de Novembro de 2014, tivo lugar no Área Panorámica a III Gala do Deporte de Tui, onde quedou reflexado a gran labor deportiva que están levando a cabo: deportistas, adestradores, directivos, familias, etc...

Dende o Ceip Purilingüe e Abalar Nº2 de Tui, queremos felicitar a todos os galardoados, especialmente a aqueles que formaron parte do noso cole ou que ainda forman.

Felicitar á :

  • Radio Municipal de Tui polo seu premio, en especial a José Font papá de Mar de 5ºB e Justi Peixoto papá de Carla de 4ºC.
  • Tyde Futbol Club, polo seu premio, de Mellor Entidade de propomoción do deporte base, neste club xogan moitos nenos do noso colexio. Felicidades para todos eles.
  • Kayak Tudense, polo seu premio, de Mellor Club do ano 2014, club que sempre está a colaborar co noso centro e no que adestran nenos do noso cole. Felicidades polo voso gran traballo.
  • Uxía Pérez Bugarín. Premio a  Deportista Tudense Feminina 2014.  Antiga alumna do noso cole e unha gran deportista, no mundo do atletismo. Este ano foi campiona de España e participou nos xogos da xuventude en Bakú. Noraboa Campiona.
  • Gustavo Rodríguez. Premio a  Deportista Tudense Masculino 2014.  Antigo alumno e mestre do noso cole e un gran deportista, no mundo do triatlón. Este ano foi campión de España de Triatlón etc... considerado o mellor atleta do ano pola Federación Española de Triatlón. Noraboa Campión.

A eles e a todos os demáis felicidades e grazas por darnos tantos momentos de ledicia ao longo do ano. Grazas!!

Iván Alonso e Manuel Garrido recibiron a medalla de bronce ao mérito deportivo o pasado xoves día 24 de Novembro de 2014

Iván Alonso e Manuel Garrido, ambos os do Kaiak Tudense, recibiron o pasado xoves día 24 de Novembro de 2014, en Madrid a medalla de bronce ao mérito deportivo concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Desa forma recoñécense os méritos deportivos de ambos na modalidade de piragüismo. Ambos toman parte nas competicións de maratón e tamén de pista.

Iván Alonso posúe no seu palmarés seis medallas en campionatos do Mundo e catro nos de Europa. As últimas foron logradas na actual tempada. Pola súa banda, Manuel Garrido posúe cinco medallas no seu palmarés.

Os dous xa se atopan adestrando para poder afrontar a próxima tempada. Mentres Iván Alonso ten o obxectivo de estar no podio tanto en K-1 como K-2 no Mundial e no Europeo, Manuel Garrido buscará novos desafíos no C-1.

Os dous padexeiros do Kaiak Tudense tamén traballan para que o seu club poida conseguir os triunfos a nivel nacional. Os tudenses foron campións de España de inverno, subcampións de verán e gañadores da liga Nacional de Pista e da Copa do Rei.

Noraboa Campións!!!.

O equipo Alevín do Club A Quinta Futsal Tui xogau esta fin de semana o Cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 29 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club A Quinta FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a casa do seu contrincante. O nos equipo volvía ceder os 3 puntos ao equipo local 7-1

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.

Os equipos Alevín do C.B. Tui xogaron esta fin de semana o cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 27 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto  encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo gañou  ante o equipo de Porriño 48-68.

Por outro lado o equipo Alevín mixto no que xogan: Paula Rusell, Laura Castiñeira e Diego Carballo gañaban tamén ao equipo Porriñés por 60-09

Noraboa campións!.

 

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

O pasado sábado 29 de Novembro, o equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), recibían ao equipo do Novás. Esta vez os nosos xogadores volveron gañar. Isto fai que na xornada de hoxe, se situen segundos na táboa clasificatoria.

  Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu octavo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 29 de Novembro de 2014, tivo lugar o sexto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores recibiron ó Louro. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando 6-1.

Noraboa Campeóns.

O equipo Alevín do Club A Quinta Futsal Tui xogau esta fin de semana o Terceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 22 de Novembro de 2014, tivo lugar o terceiro encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club A Quinta FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a vigo, atopándose novamente con outra derrota.

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

O pasado sábado 22 de Novembro, o equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), recibían ao equipo do Teucro en Tui. Esta vez os nosos xogadores volveron gañar

  Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

Campeonato de Patinaxe Club Ribex Tui

O pasado sábado 22 de Novembro de 2014 a alumna Patricia Muñiz de 4º C, participou co seu Club, o Club Ribex Tui, no Campeonato de Patinaxe que lle permitiu acadar o Nivel 5 dentro de este deporte. Os nosos parabéns para Patri e o seu equipo.

Distribuir contido