2ª Xornada Bádminton Escolar
Pav CEIP Randufe
20-02-24
O pasado martes día 20 de febreiro de 2024 tivo lugar no pavillón do CEIP Randufe tivo lugar a 2° Xornada de Bádminton Benxamín organizada por Agrudebam,!Alí estuveron os alumnos e alumnas de 3° e 4° do noso centro, xunto ao alumnado do CEIP Randufe e do Club Bádminton Tui. Unha tarde onde o noso alumnado aprendeu, xogou, compartiu e pasouno en grande, sabendo que os ODS 3 Saúde e Benestar, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 5 Igualdade de Xénero, son pilares fundamentales para a vida. Grazas a Agrudebam, ao CEIP Randufe e ao Club Bádminton Tui por oportunidades tan estupendas coma esta.