Campo a Través Escolar Zonal 21-22.
Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño
Mércores 24 Novembro 2021
Campo a Través, en horario escolar de mañá, vai ter lugar o vindeiro mércores 24 de Novembro de 2021. A proba levarase a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.
Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.
Pinchade aquí se precisas descargar a autorización da proba para asinar e entregar na escola.