Deporte en familia. Rutas con encanto. Subida ao Monte Tetón en Tebra.

Deporte en familia.Rutas con encanto.

Subida ao Monte Tetón en Tebra.

O mércores 25 de setembro, Abel de 4ºA fixo coa súa familia a subida ao Monte Tetón que se atopa no límite oeste do Concello de Tui co Concello de Tomiño, entre as parroquias de Malvas e Tebra.

Na súa subida estiveron vendo os petroglifos, que alí se atopan e incluso subiron ata o banco, que se atopa no máis alto do monte, para ter unhas fantasticas vistas do Val de Tebra.

 

Aquí vos deixamos un enlace para que vos animedes a visitalo coas vosas familias, como fixo Abel: Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón.